"Eneco" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • Antropónimo masculino de orixe probablemente ibérica. Nos documentos medievais podía aparecer como Enneco (forma máis latinizante), Ennego ou Enego (forma máis romance), que está emparentado co eúscaro Iñigo (e coas súas variantes Eneko ou Ienego). Íñigo e Inigo alternaron no castelán, inda que a documentación máis antiga proba que a forma lexítima era grave e non esdrúxula

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Primeiro rei de Pamplona (824? - 852), fillo de Íñigo Ximénez. Coñecido como Eneco Aritza, estaba emparentado cos Banū-Qasī de Tudela polo segundo matrimonio da súa nai. Loitou contra ‘Abd al Ra ḥ mān II e enfrontouse aos navarros, aliados dos francos, encabezados pola familia dos Velasco. Despois de derrotar nunha emboscada os condes francos enviados por Ludovico Pío, impúxose como soberano independente. Estableceu sólidos vínculos cos señores veciños, mediante os matrimonios das súas fillas, Assona, con Mūsà ibn Fortún e, Nunila, con García Galíndez o Malo, conde de Aragón. Cando enfermou (841), o seu fillo García Iñiguez dirixiu a rexencia e continuou a política de alianzas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Raposo que conta cunha altura na cruz duns 20 cm, entre 36 e 41 cm de lonxitude dende a cabeza ao corpo, entre 18 e 30 cm de cola, e un peso de 1,5 kg. A cabeza presenta un fociño relativamente curto e grandes orellas triangulares, de ata 15 cm de longo, que lle serven, ademais de para captar os máis lenes sons, como superficie de irradiación do exceso da calor corporal. A pelaxe é longa e lanosa, de cor amarelada, máis escura no lombo, e ás veces cunha mancha escura na base da cola. Os pés tamén aparecen cubertos de pelo, feito que lle permite un certo illamento do solo. Habita nas sabanas e nos desertos de África setentrional e occidental, Israel, Kuwait e Omán. Aliméntase principalmente de rilladores, aves, réptiles, insectos e ás veces ovos, froitos e outras materias vexetais; ten unha gran capacidade para pasar longos períodos sen beber. Forman pequenas greas familiares de ata 10 individuos e as femias paren de dúas a cinco crías en tobos, que tapizan interiormente de pelo e plumas.

    VER O DETALLE DO TERMO