"Eos" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 123.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Crecente baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento da rexión de Midi-Pyrénées, Francia (4.464 km2; 223.718 h [estim 1995]). A capital é Tarbes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta grego, fillo de Skitines de Teos. Coa súa poesía, da que quedan fragmentos moi breves, traslada a dominio xónico a lírica monódica eólica. Odiou a guerra e cantoulle ao viño e ao amor tanto homosexual como heterosexual. A súa obra lírica foi traducida ao galego por Florencio Vaamonde Lores (Odas, 1897). Un poema foi traducido por J. Pérez Ballesteros en 1911.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fillo de Minos, rei de Creta. Morto nos xogos de Atenas, Minos, para vingalo, impuxo aos atenienses o tributo anual de sete mozos e sete doncelas destinados a ser devorados polo Minotauro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Glorificación, exaltación dunha persoa, principio, ideal, etc.

    2. Tipo de representación artística de raíz clásica, frecuentemente representada na decoración pictórica barroca e de épocas posteriores, para glorificar un personaxe.

    3. Escena final, montada con profusión de medios, nunha representación dun grande espectáculo.

    4. Deificación dun mortal, acto de elevalo á categoría dos deuses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema no que as columnas dobres están separadas por un módulo, sendo sete os que separan a cada parella da contigua.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENSEADAS

    Enseada da beira setentrional da ría de Ares situada ao O da punta Avarenta, na parroquia de Cervás do concello de Ares.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Abundante en area.

    2. Que ten as características da area, semellante á area.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manuel García Areoso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tipoloxía de templo grego da Antigüidade, cun intercolumnio que tiña unha anchura de máis de seis módulos, requirindo por iso arquitrabes de madeira, xa que os de mármore, ou pétreos en xeral, non podían construírse con medidas de tales dimensións.

    2. Columnata espaciada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dignidade e xurisdición do xefe da Igrexa Siríaca Oriental unida a Roma, chamada caldea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dignidade e xurisdición do xefe da Igrexa Siríaca Oriental unida a Roma, chamada caldea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do departamento de Gironde, na Gascoña, Francia, á beira do río Garonne (213.274 h; 1.009.271 h na aglomeración urbana [1990]). Está baixo un dominio climático oceánico continental, cunha temperatura media anual de 13,6°C e unha grande amplitude térmica (a temperatura media do mes de xaneiro está nos -7°C, mentres que no mes de xullo acada os 34,8°C). En canto aos rexistros de precipitacións, chégase aos 944 mm de media anual, sendo 164 o número de xornadas de chuvia. Centro industrial e comercial, posúe refinerías de petróleo, aceite e azucre, industria metalúrxica e química. O porto, un dos máis importantes de Francia, situado no esteiro do Garonne importa carbón, fosfatos, madeiras tropicais e nórdicas, aceite e azucre, e exporta produtos manufacturados e viños. Co nome xenérico Bordeos coñécense os diversos viños producidos nesta área vitivinícola que é a máis influente e unha das máis prestixiosas do mundo e berce dos tipos de uva tintos máis exitosos e apreciados na actualidade:...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten moitas brácteas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cardiopatía que se presenta no curso do hipertiroidismo, caracterizada por un estado cardíaco hipercinético, pola aparición de arritmias (fundamentalmente fibrilación auricular) e, ás veces, por insuficiencia cardíaca.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Que ten as calidades do queixo.

      2. Que se asemella ao queixo.

    1. Relativo ou pertencente ao caseum.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución fundada en 1955 polo cardeal Quiroga Palacios co obxectivo de converter Santiago de Compostela nun foco de cultura relixiosa e ciencia eclesiástica. Con axuda do cóengo e profesor do seminario compostelán, Manuel Rey Martínez, o centro organizou varios congresos de ciencias eclesiásticas e estudios xacobeos, amais da publicación da revista Compostellanum, composta por catro fascículos anuais, dous dedicados aos estudios xacobeos e outros dous relacionados coa ciencia eclesiástica. Nun principio esta institución financiouse coas axudas do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), pero despois pasou a depender economicamente da diocese, polo que se reduciu o número de publicacións, congresos e demais actividades. A revista Compostellanum continuou a publicarse con certa regularidade, aínda que diminuíu o número de fascículos anuais e a súa temática centrouse máis nos estudios xacobeos. A este centro de estudios estiveron vinculados eclesiásticos, como Pérez Millán,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbáceas da familia das asteráceas ao que pertence o pampillo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade petroleira española constituída en 1927 cun capital de 195 millóns de pesetas, subscrito polo Estado (31%) e por un consorcio bancario. Foi a empresa gañadora dun concurso convocado polo goberno de Primo de Rivera para o monopolio sobre a importación e manipulación industrial dos combustibles minerais líquidos. Concibida polo ministro de Facenda José Calvo Sotelo, dedicouse exclusivamente á venda e distribución do combustible por motivacións económicas e fiscais. Empregou as instalacións petrolíferas xa existentes, que foron expropiadas. Permitiu a creación, en 1929, da Compañía Española de Petróleos (CEPSA), coa que contratou o fornecemento e refinado de petróleo, e participou en Asfaltos Españoles S A, Butano S A, Petronor, etc. En 1984, incorporou como asociadas as refinerías públicas e privadas, e adquiriu en propiedade os activos da rede de distribución que pertencían ao Estado. A través da Empresa Nacional de Petróleos Petroliber e do Instituto Nacional de Hidrocarburos,...

    VER O DETALLE DO TERMO