"Erie" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 48.
-
-
Relativo ou pertencente a Almería ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Almería.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Resección dun segmento arterial e do plexo simpático (rede de filamentos nerviosos) que o envolven.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Presencia de bacterias no sangue.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de raias do espectro atómico do hidróxeno, que corresponden ás transicións ao nivel do número cuántico principal n=2; sitúanse na rexión visible e na ultravioleta próxima ao espectro. Os valores das diferentes lonxitudes de onda veñen dadas pola expresión l/λ=R<J>H</J>(1/22-1/N2), onde R<J>H</J> é a constante de Rydberg para o átomo de hidróxeno (R<J>H</J>=109 737 cm-1) e N un número enteiro maior ca 2.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de liñas do espectro atómico do hidróxeno, que corresponden ás transicións ao nivel do número cuántico principal n= 4. Está situada na parte infravermella do espectro.
-
PERSOEIRO
Político. Foi presidente do Consello no 1893 e durante esta etapa, tomou duras medidas contra os anarquistas e rexeitou a separación entre Igrexa e Estado. Nomeado presidente da República no 1894, dimitiu un ano despois.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Adaptación dos temas chineses con intencións decorativas, moi habitual na arte europea, sobre todo no s XVIII. O gusto chinés introducírono as compañías de Indias orientais que traían os produtos a Europa. Reducíanse a unha recreación occidentalizada de formas, temas e motivos decorativos orixinariamente chinos, sobre todo no campo das artes menores, como a porcelana de Delft e a tapicería dos Gobelinos, segundo os debuxos de Boucherm. Tamén se amosou na arquitectura, na construción de xardíns ingleses e pagodes, como a do parque de Nymphenburg e outras construcións como a casa do té en Postdam (1754-1757), o pavillón de Drottningholm en Suecia (1763-1769), e a Palazzina a Favorita en Palermo (1799). No eido da pintura estes motivos empregounos Watteau na serie de Figures chinoises et tartares (Figuras chinesas e tártaras, 1710?) e Boucher no libro Livre des Chinois (Libro dos chineses), que recollía os decorados para o ballet de Noverre Les Fêtes Chinoises.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alzamento campesiño contra o goberno republicano francés, en defensa da monarquía e da relixión, que tivo lugar en Bretaña, Normandie, Maine, Anjou e Turena. Existiron dúas fases: entre 1793-1796, e un segundo momento entre 1797-1799. O alzamento recollía as tendencias adversas ao centralismo xacobino, a oposición aos ataques da Convención ao sacerdocio e a resistencia ao recrutamento militar. Sumáronse á insurrección de La Vendée. Foi duramente reprimido por Napoleón e desapareceu en 1801 despois da firma dun acordo. O termo deriva do alcume dun dos xefes, o bretón Jean Cottereau, chamado Chouan (‘curuxa’, en bretón).
-
-
Secuencia de comunidades vexetais en relación á gradación dun factor medioambiental.
-
Sucesión no tempo que responde a variacións climáticas dun mesmo lugar.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Recurso retórico que se produce cando unha ou varias palabras intercambian letras ou sílabas dando lugar a novas creacións léxicas con sentido propio. Equivale a unha metátese recíproca entre palabras que se empregan con finalidade lúdica ou burlesca.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo británico dirixido pola Universidade de Londres. Nel amósase a colección pertencente ao Courtauld Institute of Art, institución dedicada ao estudo da arte que se formou en 1931 para acoller a colección de pintura impresionista e postimpresionista de Samuel Courtauld (1876-1947). A galería abriuse ao público en 1958 en Woburn Square, Bloomsbury, e en 1990 trasladouse á Somerset House. O Instituto enriqueceuse con outras coleccións como a Princess Gate Collection e as pertencentes ao viceconde Lee of Fareham, a Mark Gambier-Perry, a Robert Witt e a Roger Eliot Fry. Os seus fondos mostran pintura inglesa, italiana, francesa e flamenga, ademais de cerámica, mobles e outros obxectos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Museo situado en Berlín. Recolle desde 1956 e 1957 os fondos salvados do incendio que a finais da Segunda Guerra Mundial destruíu o Kaiser-Friedrich-Museum. Conserva unha colección de pintura europea do s XIII ao s XVIII, entre outros de Filippo Lippi, Caravaggio, Rubens, Dürer, Rembrandt, Velázquez e Wateau.
-
-
Obxectos de caldeirería, de cobre ou de latón, fabricados na cidade belga de Dinant-sur-Meuse (Namur).
-
Obxectos de caldeirería realizados con cobre batido.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Representacións grotescas ou cómicas que aparecen nos manuscritos góticos, tanto profanos coma litúrxicos. Algunhas imaxes semellantes tamén se poden localizar nas misericordias e nos cadeirados dos coros.
-
PERSOEIRO
Escritor e dramaturgo francés. Foi axudante de notario e copista na chancelería do duque de Orléans, antes de dedicarse por completo á literatura. Protexido do duque de Montpensier, en 1847 inaugurou o Théâtre Historique e, posteriormente, fundou os xornais La Liberté, Le Mois e Le Mousquetaire. De ideas republicanas, apoiou a Revolución de 1948 e a causa de Garibaldi. Trala vitoria do líder italiano, estableceuse en Nápoles ata o ano 1864, onde o nomearon xefe de escavacións e museos. Admirador de Walter Scott e paradigma do romanticismo francés, cultivou a novela histórica, a comedia e o drama. Cómpre destacar da súa abundante produción, que conta co traballo de numerosos colaboradores, como Auguste Maquet, as obras Henri III et sa cour (Enrique III e a súa corte, 1829), Antony (1831), Napoleón Bonaparte (1831), La tour de Nesle (A torre de Nesle, 1832), Les trois mousquetaires (Os tres mosqueteiros, 1844), Le comte de Monte-Cristo (O conde de Montecristo, 1844), La reine Margot (A Raíña...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico. Estudiou nas universidades de Madrid, Estrasburgo e París. En 1934 acadou a cátedra de Xeofísica na Universidad de Madrid. En 1939 exiliouse a Inglaterra, onde exerceu como profesor de física nas universidades de Manchester e Londres (1939-1953). Ao finalizar esta etapa volveu a España para recuperar a súa cátedra. Destacou polas investigacións no eido da meteoroloxía e do magnetismo terrestre, e no estudo das radiacións cósmicas, materia que introduciu en España. Perfeccionou numerosos aparellos de medición que empregou nos seus experimentos. En 1958 foi nomeado académico numerario da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Operación cirúrxica vascular que consiste na extirpación da túnica interna arterial que, debido ao aumento do seu grosor, provoca unha obstrución da luz arterial.
-
LAGOS
Lago de América do Norte que serve de fronteira entre EE UU e Canadá. Situado na zona máis meridional dos Grandes Lagos, é o cuarto meirande. De orixe glacial, cunha profundidade que non supera os 64 m, ten unha extensión de 35.612 km2. Comunícase co lago Huron polo río Detroit e co lago Ontario polo Niágara. Foi descuberto por Louis Joillet en 1669.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de Pennsylvania, EE UU, na beira SO do lago homónimo (108.720 h [1990]). É un importante porto comercial e industrial, principalmente dos sectores químico e metalúrxico.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Canal artificial do estado de Nova York, que se estende desde o lago Erie, en Buffalo, ata o río Hudson, preto de Albany. Os plans para a súa construción comezaron en 1783 pero non se rematou ata 1825. Este canal permitiu o crecemento de moitas comunidades do estado. Durante anos, o canal foi a principal arteria de tráfico, tanto de pasaxeiros coma de mercadorías. A principios da década de 1980, perdeu importancia pola maior circulación de mercadorías a través do ferrocarril e do canal de San Lourenzo.