"Esch" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 37.

  • PERSOEIRO

    Político e estudoso de Filoloxía, Química e Ciencias Naturais. Fillo de Luciano Bonaparte, príncipe de Canino, foi deputado na Asemblea francesa (1848) e senador durante o Segundo Imperio.Trátase dun investigador interesado polas linguas minoritarias, especialmente polo éuscaro, o portugués, o asturiano, o saiagués e o galego, que desenvolvía a súa actividade solicitando información e textos aos eruditos das distintas áreas lingüísticas que estudiaba. Compilou as traducións de textos relixiosos como a Oración dominical, o Cantar dos Cantares e o Evanxeo de san Mateo. Carteouse co naturalista galego Víctor López Seoane entre os anos 1887 e 1888 para solicitarlle os nomes dos réptiles, co dialectólogo portugués Leite de Vasconcelos e con Gonçalves Viana, fonetista luso. Elaborou tamén o prólogo da tradución do Evanxeo de san Mateo (Londres, 1861), no que escribiu “Observaciones comparativas sobre la pronunciación gallega, asturiana, castellana y portuguesa”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e escultor. Foi, xunto con Donatello e Masaccio, un dos iniciadores do Renacemento. Iniciouse no campo da escultura. En 1401 presentouse ao concurso, gañado por Ghiberti, para as segundas portas do baptisterio de Florencia cun relevo en bronce do sacrificio de Abraham. Despois decantouse pola arquitectura. En 1409 traballou na Torre della Petraia de Florencia e na casa de Apollonio Lapi no Canto de Rici, e realizou unha escultura, o crucifixo de madeira da capela Gondi en Santa Maria Novella. Ao longo do segundo decenio do s XV traballou para a signoria de Florencia como enxeñeiro e construtor de fortificacións. Preocupado pola perspectiva xeométrica, introduciu a arte do renacemento italiano, e en especial a pintura, no camiño do estudo teórico e apriorístico do espacio. Foi o primeiro en empregar un único punto de fuga na representación dos obxectos nunha superficie plana. En 1418 realizou as capelas de Barbadori en Santa Felicita e Rodolfi en San Jacopo Soprano. Proxectou...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e crítico literario francés. Defensor da escola romántica, fundou -xunto con Victor Hugo, Alexandre Soumet, Alexandre Guiraud, Alfred de Vigny, Saint-Valry e Desjardins- a revista La Muse française (1823-1824), órgano da doutrina romántica. Da súa produción destaca Études françaises et étrangères (Estudios franceses e estranxeiros, 1828).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mariño mercante. Ingresou na Compañía Trasatlántica Española (1878) e acadou o grao de capitán. Tras realizar viaxes a Filipinas e Sudamérica levou o mando do transatlántico Montserrat, que dirixiu a Cuba durante o conflito hispano-cubano. Tralo éxito das operacións que lle foron encomendadas, foille concedida a Cruz do Mérito Naval.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta francés. Escribiu máis de mil baladas de formas e temas variados e uns 200 rondós. A súa obra L’art de ditier et de faire ballades (A arte de recitar e de facer cancións, 1392) utilizouna La Fontaine en moitos temas das súas Fábulas. Deixou inacabada a obra Miroir de mariage (Espello de matrimonio).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador da arte e arqueólogo. Especializouse no estudo da arte medieval e foi conservador do Musée National des Monuments Français. Membro do Institut de France, escribiu, entre outras obras, Les châteaux des croisés en Terre Sainte (Os castelos dos cruzados en Terra Santa).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbáceas perennes, da familia das poáceas, de inflorescencia en panícula, con espículas comprimidas de dúas flores hermafroditas, glumas da mesma lonxitude ca as espículas e unha aresta dorsal recta. En Galicia están presentes as especies: D. cespitosa, en lugares herbosos; D. flexousa, en uceiras e claros de bosques; D. media, en lameiros e bancais de ríos do noroeste do país; e D. setacea en uceiras húmidas e turbeiras do noreste do país.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer que unha galiña deixe de chocar os ovos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Quitar o cerrado que pecha un terreo ou unha propiedade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e biólogo alemán. Defendeu a existencia dun principio vital diferente da simple organización da materia e susceptible de explicar o mundo e a súa evolución. Entre as súas obras destacan Geschichte des Vitalismus (Historia do vitalismo, 1905), Philosophie des Organischen (Filosofía do orgánico, 1909), Leib und Seele (Corpo e alma, 1916) e Parapsychologie (Parapsicoloxía, 1932).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora austríaca. Describiu a vida da aristocracia vienesa, da pequena burguesía e do mundo campesiño de Moravia. Da súa produción destaca a novela Das Gemeindekind (O neno da comunidade, 1887).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CANTÓNS

    Cantón de Luxemburgo (243 km2; 122.500 h [estim 1995]). É un importante núcleo industrial. A súa capital é Esch-sur-Alzette (24.873 h [1999]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pianista e director alemán. Estudiou en Colonia e en Hamburgo e destacou como intérprete de Mozart e Beethoven. Dende 1973 dedicouse á dirección.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Wolfran von Eschenbach.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Artista gráfico holandés. Formouse na School voor Kunstnijverheid de Haarlem (1919-1922). Viviu en Italia entre 1923 e 1935 e despois en Suíza, Bruxelas e Baarn ata que se instalou en Laren. Realizou unha obra caracterizada pola suxestión espacial e a ilusión óptica, de carácter surrealista, e na que tiveron grande importancia os conceptos matemáticos. Entre outros gravados destacan Ciclo (1946), Belvedere (1958) e Fervenza (1961).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Estudiou no Conservatorio de Rotterdam con W. Pijper e exerceu a docencia na Universidade de Utrecht. Da súa produción destacan numerosas obras corais e a peza para orquestra Summer Rites at Noon (1973).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de bacterias aerobias Gram-negativas da familia das enterobacteriáceas. Habitantes universais das vías intestinais dos mamíferos, teñen un papel nutricional xa que sintetizan vitaminas, especialmente a vitamina K. A súa presenza nas augas é un indicio de contaminación fecal. Son ocasionalmente patóxenas, sobre todo cando a resistencia do hospedeiro é baixa. A especie característica é a E. coli, coñecida como colibacilo, e é o organismo máis coñecido e máis empregado na investigación biolóxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Foi conservador do Musée Victor Hugo (1913 - 1933) e do Musée du Petit Palais (1933-1943) de París. Escribiu, entre outras obras biográficas, Daumier, peintre et lithographe (Daumier, pintor e litógrafo, 1923) e Delacroix (1926); e editou Un amant de génie: Victor Hugo, lettres d’amour et carnets inedites (Un amante marabilloso: Victor Hugo, cartas de amor e notas inéditas, 1953). Así mesmo, é autor da novela Cantegril (1921) e do ensaio Mes Pyrénées... (Meus Pireneos..., 1933).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de cetáceos, da familia dos escríctidos, de caracteres primitivos, que ten a súa representación actual reducida a unha única especie, E. robustus. Son baleas de ata 15 m de lonxitude, coa aleta dorsal pouco prominente, a mandíbula inferior lixeiramente arqueada e entre 130 e 180 barbas curtas. Habita no N do Océano Pacífico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbáceas perennes ou anuais, da familia das papaveráceas. Posúe follas pecioladas, subdivididas en lacinias moi estreitas, e flores con catro pétalos de gran tamaño e cor variable, branca, amarela, rosa ou vermella. Presenta gran número de alcaloides, polo que se utiliza farmacoloxicamente como sedante, hipnótico, espasmolítico, vasodilatador coronario, antihipertensivo, antibacteriano, antifúnxico, antiinflamatorio, anestésico, inhibidor da alcohol deshidroxenase e depresor cardíaco. A especie E. californica, denominada papoula de California, orixinaria de California, foi introducida en Europa en 1790 e está presente en Galicia en beiras de camiños e lugares removidos.

    VER O DETALLE DO TERMO