"Etna" (Contén)
Mostrando 8 resultados de 8.
-
VER O DETALLE DO TERMO
olcán activo e situado no sector oriental da illa de Sicilia, Italia, ao NO de Catania. É o máis elevado dos volcáns activos no continente europeo, con 3.323 m de altitude. As primeiras erupcións submarinas que contribuíron á formación do edificio volcánico do Etna dátanse no Pleistoceno Medio, hai 700.000 anos. As erupcións posteriores foron constantes; só en época histórica, rexistráronse máis de 150 erupcións, dende a de 693 a C, que destruíu a antiga Catania. Algunhas das máis violentas foron as de 1381, 1669 (unha das máis espectaculares), 1755, 1819, 1950-1951 e 1971.
-
-
Título inferior ao de rei, atribuído a certos soberanos orientais.
-
Arcebispo dunha comunidade ortodoxa sometida a dominio estranxeiro, pero que mantiña poder civil.
-
-
-
Relativo ou pertencente á República Democrática do Vietnam ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante da República Democrática do Vietnam.
-
-
ENTRADA LARGA
Estado do SL de Asia. Limita ao N con China, ao L co mar de China Meridional, ao S con Camboxa e ao O con Laos (329.241 km2; 82.069.800 h [estim 2004]). A súa capital é Hanoi.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
É un país montañoso e alongado. Ao N están os macizos de Tonquín (Fan Si Pan 3.143 m), que están formados por recheos calcarios, moi soldados ás rochas grazas á auga dos ríos Sông Da, Sông Ma e Sông Nhi Ha. Fórmase un delta extenso na desembocadura do río Sông Nhi Ha, que produce unha chaira moi fértil. A cordilleira de Annam esténdese desde Tonquín ata ao S, descendendo suavemente cara ao val do Mekong polo O, e no L caen as vertentes no mar de forma máis brusca. No S caen os antiplanos de Gia Lai, Dac Lac e Lam Vien. O delta do Mekong, a chaira de Tonquín e a chaira da Cochinchina constitúen as chairas do país. As costas son pantanosas e baixas tanto no N como no S. Posúe un clima monzónico con ventos do NL entre os meses de outubro a marzo,... -
VER O DETALLE DO TERMO
Conflito bélico que enfrontou entre 1954 e 1975 a República Democrática de Vietnam, que contou coa axuda da República Popular de China e a URSS, e a República de Vietnam, que contou coa axuda de EEUU. En 1954 a Conferencia de Xenebra, que puxo fin á Guerra de Indochina, dividiu Vietnam en dous estados separados polo paralelo 17. Unhas eleccións previstas para 1956 tiñan que decidir a súa reunificación, pero a República de Vietnam e EEUU non aceptaron o acordo. Na República de Vietnam (Vietnam do Sur) xurdiron grupos terroristas en 1957 apoiados pola República Democrática de Vietnam (Vietnam do Norte). A Fronte Nacional de Liberación (FNA) creouse en 1960 e o terrorismo deu paso á guerrilla. EEUU, para contrarrestrar a axuda de Vietnam do Norte ao FNA, puxo en marcha un programa de axuda directa e en masa a Vietnam do Sur. En 1967, como consecuencia da ofensiva de EE UU, o Viet-cong abandonou os territorios que ocupara e volveron ás actividades terroristas. En 1968 a FNA lanzou a grande...
-
REPUBLICAS
Estado vietnamita que ocupaba Conchinchina e Annam ata o paralelo 17 entre 1955 e 1975. Despois da particición de Vietnam na Conferencia de Xenebra (1954), a zona sur, controlada polo sectores noroccidentais, opúxose á aplicación do tratado, seguindo os desexos estadounidenses. O primeiro ministro, Ngo Dinh Diem, mandarín, católico e anticomunista, destronou o Emperador Bao Dai e proclamou a República de Vietnam, axudado polos estadounidenses. As eleccións de 1956, fixadas pola Conferencia de Xenebra para a reunificación do país, aprazáronse indefinidamente. Preto dun millón de católicos fuxiron da República Democrática de Vietnam e instaláronse no sur, onde constituíron a espiña dorsal do réxime anticomunista. A partir de 1957 xurdiu un terrorismo nacionalista-comunista. En 1960 fundouse a Fronte Nacional de Liberación (FNL) e o terrorismo converteuse en guerrilla ao tempo que EE UU aumentaba o apoio a Ngo Dinh Diem. En 1963 os budistas desencadearon unha ofensiva xeral contra a ditadura....
VER O DETALLE DO TERMO -
REPUBLICAS
Estado vietnamita establecido en Tonquín e Annam ata o paralelo 17 entre 1945 e 1976. En agosto de 1945 o Viet-minh derrocou o Emperador Bao Dai e proclamouse a República Democrática de Vietnam, implantada en Tonquín, baixo a presidencia de Ho Chi Minh. Francia recoñeceu inicialmente a nova república (1946), pero non houbo un acordo final e estoupou a Guerra de Indochina. A axuda militar de China e a URSS permitiu a vitoria de Dien Bien Phu, o que provocou o inicio de conversacións en Xenebra (1954), onde se acordou un armisticio, a partición temporal de Vietnam e a convocatoria de eleccións únicas para 1956. A República Democrática de Vietnam implantouse na zona norte e reclamou, inutilmente, a reunificación do país, mentres que se consolidaba un réxime comunista, dirixido polo Partido dos Traballadores. En 1955 Ho Chi Minh renunciou á presidencia do goberno e permaneceu como xefe de estado. Ao ser un estado deficitario desde o punto de vista agrícola, o goberno de Hanoi tivo que racionalizar...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Relativo ou pertencente a Vietnam, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante de Vietnam.
-
-
annamita.
-
Arte desenvolvida en Vietnam. A arte vietnamita primitiva recibiu as influencias da arte chinesa, que penetrou co dominio militar no s I, e da arte hindú, que apareceu a partir do s III. A arte propiamente autóctona iniciouse a comezos do s X e tivo o seu apoxeo coa dinastía Dai La (s XI) como a stupa de Binh Son. A dinastía Tran (ss XII-XV) continuou o estilo anterior, como nos templos de Thien Dhuc e Tuc Mac. Coa nova conquista militar chinesa baixo a dinastía ming (1411), apareceu o estilo Le, caracterizado polo refinamento estilístico, do que destacan as estelas funerarias do sepulcro do Rei Le Thaito en Lam Son. A máxima estilización e delicadeza acadouse nos frontais de But Thap (s XVIII). Coa dinastía Nguyen (1802), China volveu marcar a evolución artística ata o primeiro cuarto do s XX cando comezou a asimilación do mundo occidental.
-
A primeira literatura da que se ten constancia está en lingua chinesa (s XI-XVI) en obras que traducían os preceptos do confucianismo, o budismo e o taoísmo. No s XVI a literatura desenvolveuse en lingua sino-vietnamita e annamita, que utilizou os caracteres chineses chu-nom. Unha das obras máis importantes de finais do s XV foi a escrita polo Rei Le Thanh Ton, Co Tam Bach Vinh (Cen poemas do espírito antigo). Ao redor de 1615, pasouse a escribir nun alfabeto latino, introducido polos misioneiros portugueses, chamado quo’c-ngü. Desta época destaca a obra Chinh phu ngam (O lamento da muller do combatente), escrita pola poetisa Doan Thi-Diem. No s XVIII escribíronse sobre todo novelas en verso (truyen). Do s XIX destacaron o poeta Nguyen Cong Tru e o autor dramático Bui Quang-Nghia. Os escritores de comezos do s XX conciliaron a tradición coa modernidade, como o poeta Nguyen Khac-Hieu, coñecido como Tan-Da, o novelista Nguyen Van-Ngoo...
-