"Eume" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 26.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización católica, fundada o 2 de febreiro de 1932 no concello de Pontedeume. Naceu baixo a denominación oficial de Asociación Femenina de Acción Nacional de Pontedeume, pero a partir do 20 de xuño de 1932 realizou as súas actividades baixo o nome de Acción Popular Femenina. A nova organización funcionou entre 1932 e 1934, artellada en delegacións parroquiais; esta división parroquial respondía á estratexia expansiva da Unión Regional de Derechas (1931), á que a Acción de Pontedeume estaba adscrita dende a data mesma da súa fundación. Esta organización feminina naceu como resposta ás iniciativas da sociedade local, coa intención de estruturar a propaganda do catolicismo político naquelas parroquias onde aínda non era moi forte. Boa mostra do seu carácter social e interclasista foi a intención de agrupar tanto as mulleres obreiras como as que non o eran, aínda que os cargos directivos estaban dominados, porcentualmente, polas mulleres pertencentes a familias dunha posición socio-económica...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación de 35 voces mixtas fundada en febreiro de 1970 por iniciativa dun grupo de afeccionados. A súa presentación oficial foi o 19 de xuño no cine Eume cun grupo de 70 voces mixtas. O seu primeiro director e fundador foi Antonio Leira Díaz, dende 1970 ata 1980; posteriormente, substituíuno Antonio Illobre Toimil, dende 1980 ata 1982, ano no que volveu recoller a batuta o anterior director ata 1984. En 1985 debutou na dirección Xosé X. Paz Fernández, subdirector fundador, no Festival do XV Aniversario da coral, axudado polo director adxunto José de Paz Verdejo. Pertencente a FECOGA (Federación Coral Galega), no seu repertorio figuran obras de polifonía clásica, música galega, música sacra, ademais de panxoliñas e habaneras. Organizadora de tres certames corais anuais (en Semana Santa o Festival de Música Sacra; en xullo o Festival de Verán; e en novembro o Festival de Santa Icía), actuou tanto en Galicia coma fóra da comunidade (Madrid, Barcelona, León, Toledo, etc) e realizou diversos...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista aparecida en Pontedeume a partir do 4 de febreiro de 1906. Dirixida por Edmundo Roberes Alonso, cesou a súa edición o 1 de novembro de 1908 (nº 83). Inicialmente foi quincenal e saía o primeiro e terceiro domingo de cada mes, pero a partir do 3 de febreiro de 1907 pasou a ser trimestral. Foi substituída por Galicia Pintoresca.
-
SEMANARIOS
Semanario aparecido en Pontedeume o 6 de febreiro de 1910. Cesou o 30 de setembro de 1918, despois de publicar 445 números. Fundado por Ramón Pena Miró e Rosendo Vilariño Tenreiro, foi dirixido por este último. Contou coa colaboración de Manuel Murguía, Francisco Tettamancy, Florencio Vaamonde, Antón Villar Ponte e Leopoldo Pedreira. No eido literario, incluíu versos humorísticos en galego do poeta Miguel López Torre. Os textos, de temática variada, ían ilustrados con fotogravados, caricaturas e debuxos.
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río do NO da Comunidade Autónoma de Galicia. Nace na vertente sudoriental da serra do Xistral, na parroquia de Montouto (concello de Abadín). O seu curso adopta unha dirección SO coa que abandona o concello de Abadín para servir de límite ao de Vilalba (parroquias de San Simón da Costa e Vilapedre) e Muras (parroquias da Balsa, O Viveiró e Irixoa) e despois, xa con dirección NO, ás parroquias do Burgo e Muras, do concello homónimo. Ao chegar ao límite entre o concello de Muras e o das Pontes de García Rodríguez, na parroquia de Somede, vira cara ao S ata chegar ao das Pontes de García Rodríguez. Despois dun curso zigzagueante entre as dúas parroquias, no encoro da Ribeira adopta unha dirección SO coa que chega ao límite co concello de Xermade e despois co concello de Monfero. Neste treito, o do encoro do Eume, vira cara ao O. Todo o límite entre os concellos de Monfero e As Pontes de García Rodríguez está ocupado polo encoro do Eume. Augas abaixo da presa, o curso do río aprovéitase como...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que se estableceu en Pontedeume. As súas armas levan, en campo de prata, un león rampante, ao natural, e en punta, cinco cruces planas, de azul; bordo de goles, con sete aspas, de ouro.
-
GALICIA
Comarca administrativa do NO da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N coas comarcas de Ortegal (concellos de Mañón e Ortigueira) e Ferrol (As Somozas, San Sadurniño e Neda); ao S coa de Betanzos (Aranga, Irixoa, Vilarmaior e Miño); ao L coa de Ferrol (Fene) e coas rías de Ares e Betanzos; e ao O coa Terra Chá (concellos de Muras, Xermade e Guitiriz). Abrangue unha superficie de 541,3 km2nos que acolle unha poboación de 28.842 h (2001), distribuídos entre os concellos de Cabanas (30,3 km2; 3.292 h), A Capela (58,7 km2; 1.559 h); Monfero (172,5 km2; 2.639 h); Pontedeume (29,4 km2; 8.912 h) e As Pontes de García Rodríguez (250,4 km2; 12.440 h). Dous son os núcleos principais: As Pontes de García Rodríguez, situada a 43° 26’ 55’’ de latitude N e 7° 51’ 25’’ de lonxitude O; e Pontedeume, situada a 43° 24’ 20’’ de latitude N e 8° 10’ 20’’ de lonxitude O, que organizan cadansúa subárea funcional dentro da comarca. A máis extensa...
VER O DETALLE DO TERMO -
SEMANARIOS
Semanario aparecido en Pontedeume o 16 de febreiro de 1890. Cesou a súa edición o 31 de agosto do mesmo ano (nº 28). Fundado e dirixido por Juan Tejada Velasco, imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Puga na Coruña.
VER O DETALLE DO TERMO -
ENCORO
Encoro sobre o río Eume, entre os concellos das Pontes de García Rodríguez e Monfero. Ocupa unhas 450 ha no curso medio do río, a partir da presa construída entre San Pedro de Eume (As Pontes de García Rodríguez) e Queixeiro (Monfero). Nesa superficie acolle un volume de 123 Hm3 de auga. A presa, que se comezou a construír en 1955 e se rematou en marzo de 1960, foi a primeira de tipo bóveda de dobre curvatura en España. Propiedade de FENOSA na súa orixe, en 1986 pasou a pertencer a ENDESA.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada sobre o río Eume (Pontedeume). Trátase dunha ponte construída cara ao 1380 por Fernán Pérez de Andrade. A primeira reforma efectuouse entre os anos 1595 e 1638. Consérvase a ponte realizada en 1887. Tiña 72 arcos e nela destacaban o oso e o xabaril, símbolos dos Andrade. No s XVI tiña un hospital á súa beira atendido por un ermitán, pero a súa fábrica utilizouse para enlousar a praza de San Roque da cidade.
-
PERSOEIRO
Xeneral e político macedonio. Secretario de Filipo II de Macedonia e do seu fillo Alexandre o Grande, estivo ao mando da flota do Éufrates e desde o 324 a C da cabalería. Trala morte de Alexandre, foi nomeado sátrapa da Capadocia, Paflagonia e Ponto, e enfrontouse xunto con Perdicas aos xenerais alexandrinos que loitaban pola herencia de Alexandre.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Pérgamo (263 a C-241 a C). Sucesor do seu tío Filetero, independizou o seu reino do poder seléucida aínda que nunca tomou o título de rei. Durante o seu goberno ampliáronse os territorios do reino e iniciouse un programa de construción de edificios públicos. Foi mecenas do filósofo Arcesilao.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Pérgamo (197-159 a C), fillo e sucesor de Atalo I. Aliouse con Roma na loita contra Nabis, tirano de Esparta, e contra Antíoco III de Siria, ao que lle proporcionou trala Paz de Apamea (188 a C) os territorios seléucidas en Asia Menor. Entre o 188 a C e o 166 a C enfrontouse aos gálatas, ao rei de Bitinia e ao rei de Ponto. Durante o seu reinado Pérgamo converteuse nun dos principais focos da cultura helenística.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
pontedeumés.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización intergobernamental creada en 1986 por unha convención internacional da que forman parte dezasete estados europeos: Alemaña, Austria, Bélxica, Dinamarca, España, Finlandia, Francia, Gran Bretaña, Grecia, Irlanda, Italia, Noruega, Países Baixos, Portugal, Suecia, Suíza e Turquía. O seu obxectivo é o establecemento, o mantemento e a explotación de satélites meteorolóxicos. Entre os seus programas figura o Meteosat.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Espazo natural protexido, cunha superficie de 9.393 ha, que se localiza nos concellos de Cabanas, A Capela, Monfero e Pontedeume. Constitúe unha das fragas costeiras mellor conservadas de Europa, onde se poden atopar, preto das augas do río Eume, bosques de salgueiros e amieiros, que están rodeados de carballos, bidueiros, acivros, abeleiras, teixos, castiñeiros e loureiros. Tamén se poden observar sobreiras na súa vertente S. Unha importante riqueza florística da zona constitúea a flora de criptógamas e pteridófitos. En canto á flora de briófitas, están representadas 221 especies do total de 471 especies coas que conta a bioflora galega e a flora de liques conta con tres especies novas para Europa continental e 24 para a flora española. Destacan na flora a Woodwardia radicans, Culcita macrocarpa, Trichomanes speciosus, Narcissus cyclamineus e Narcissus asturiensis. Na fauna existen especies de invertebrados endémicos de Galicia e de Europa,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ablación ou escisión total ou parcial dun pulmón.
-
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de Santiago que dá nome ao concello de Pontedeume, onde se localiza a capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca do Eume, situado ao NO da Comunidade Autónoma de Galicia e ao O da provincia da Coruña. A súa posición xeográfica é 43° 24’ de latitude N e 8° 10’ de lonxitude O. Limita ao N co concello de Cabanas (comarca do Eume), ao L co concello de Monfero (comarca do Eume), ao S cos concellos de Miño e Vilarmaior (comarca de Betanzos), e ao O coa ría de Ares. Abrangue unha superficie de 29,3 km 2 , en que acolle unha poboación de 8.635 h (2007), distribuída entre as parroquias de Andrade, Boebre, Breamo, Centroña, Nogueirosa, Ombre, Pontedeume e Vilar. A capital do concello é Pontedeume, na parroquia homónima, localizada a 45 km da cidade da Coruña e a 77 km de Santiago de Compostela. Está adscrito á arquidiocese de Santiago ao partido xudicial de Betanzos.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O concello sitúase na marxe meridional da ría de Ares na que desemboca o Eume e morfoloxicamente pódense diferenciar dúas unidades. A primeira é a ampla veiga que se forma... -
VER O DETALLE DO TERMO
Enfrontamentos entre as tropas invasoras francesas e os labregos. A depredación que practicaban os franceses a comezos de 1809 na rexión comprendida entre Betanzos e Ferrol, esixindo contribucións de cebada, palla, trigo e viño, e tomándoo pola forza no caso de non recibilo, provocou a resistencia dos labregos, que adoptaron o sistema de guerrillas. O día 6 de febreiro capturaron algúns soldados franceses das tropas do mariscal Ney e queimáronos en Andrade (Pontedeume). Entre o 20 e o 21 de febreiro de 1809 os habitantes da zona realizaron un ataque durante a noite e mataron a todos os oficiais e á tropa francesa. Posteriormente enterráronos nos piñeirais, mentres que os cabalos foron conducidos ata Ribadavia e entregados ao marqués de La Romana.