"Excel" (Contén)

Mostrando 13 resultados de 13.

  • Saíu publicado en Santiago de Compostela en 1981. Fíxose cargo de materias relacionadas co concello, como a información municipal, estatísticas, bandos municipais, urbanismo, electricidade ou o servizo da auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Santiago de Doncos (As Nogais). Pertenceu ao ducado de Alba. De estilo neoclásico, edificouse no s XIX. Ten planta rectangular con dúas alturas e soto. Conserva unha capela exenta neoclásica na que destaca a cúpula do presbiterio e un pombal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplicación de tratamento de follas de cálculo deseñada por Microsoft.

    2. Formato de arquivo de datos empregado pola aplicación Microsoft Excel.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de excelente.

    2. Tratamento honorífico. Antigamente, outorgóuselles aos emperadores e aos reis; logo, estendeuse aos príncipes, aos duques soberanos, aos cardeais e aos bispos. En España reciben este tratamento os grandes de España, os vicerreis, os ministros, os embaixadores, os capitáns xenerais, os legados, os cabaleiros do Vélaro de Ouro e os cabaleiros das grandes cruces.

    3. Tratamento de cortesía que se lles dá ás persoas que teñen o título de excelencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de excelente.

    2. Tratamento honorífico. Antigamente, outorgóuselles aos emperadores e aos reis; logo, estendeuse aos príncipes, aos duques soberanos, aos cardeais e aos bispos. En España reciben este tratamento os grandes de España, os vicerreis, os ministros, os embaixadores, os capitáns xenerais, os legados, os cabaleiros do Vélaro de Ouro e os cabaleiros das grandes cruces.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obra teórica do arquitecto Domingo Antonio de Andrade publicada en Madrid en 1695. Trátase dun escrito en que se reivindica a importancia do concepto do arquitecto profesional, ao presentarse como artista e como teórico, e do valor científico da arquitectura. Consta dun prólogo e catro capítulos titulados “Antigüedad desta Ciencia”, “De la Nobleza de la Arquitectura”, “Prveba de que la Arquitectura es Ciencia” e “Prveba de que la Arquitectura Militar y la Civil sea una misma”. Finaliza a súa exposición cunha bibliografía, iniciada coa Biblia ao considerar a Deus o primeiro arquitecto, con autores antigos e modernos, entre outros, de libros teóricos, de matemáticas, xeometría, historia e tratados de arquitectura.

    1. Que é moi bo.

    2. Que destaca pola súas boas calidades.

      1. Moeda de ouro, inspirada no ducado veneciano, cuñada polos Reis Católicos a partir de 1475, de talle de 25 o marco, uns 9 g por peza, e lei de 23 3/4 quilates. Equivalía a 275 marabedís ou a dous enriques ou casteláns, e tiña como divisor o medio e o cuarto de excelente. No anverso presentaba as figuras sentadas dos reis e no reverso as armas.

      2. excelente de Granada

        Moeda de ouro batida despois de 1497 polos Reis Católicos, adaptada aos patróns dos ducados, cun peso de 3,5 g e lei de 23 3/4 quilates. Cuñáronse múltiplos de dous excelentes e divisores ou medios. No anverso aparecía o busto enfrontado dos reis e no reverso o escudo coas armas de todos os seus reinos, incluído o de Granada.

    1. Que é moi excelente.

    2. Tratamento de cortesía que se lles dá ás persoas que teñen o título de excelencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DIARIOS

    Diario de información xeral fundado en México o 18 de marzo de 1917 por Rafael Alducín. Inicialmente, organizouse como unha sociedade anónima, pero a partir de 1938 pasou a réxime de cooperativa. Trátase dunha das publicacións máis influentes e destacadas do país. Nos anos oitenta formou parte do grupo de diarios a escala mundial que publicaron o suplemento Un solo mundo, coordinado pola ONU, e en que se defendía o diálogo cos países do Terceiro Mundo e os acordos Norte-Sur.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de excelso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se distingue dos demais pola súa excelencia espiritual ou por acadar un grao moi alto de perfección.

    2. Que está moi alto ou elevado.

    VER O DETALLE DO TERMO