"FETE" (Contén)
Mostrando 11 resultados de 11.
-
-
Moble para escribir, semellante a unha mesa con caixóns.
-
Despacho ou estudo dun ou varios avogados.
-
Clientela do avogado.
-
-
-
-
Relativo ou pertencente ao café.
-
Que toma moito café.
-
-
-
Persoa que vende ou cultiva café.
-
Persoa propietaria dun café ou dun cafeal.
-
-
Recipiente para servir o café.
-
-
Aparello ou máquina para obter a infusión do café. O tipo máis común é un recipiente metálico con dúas metades que se enroscan unha coa outra, comunicadas a través dun conduto; na inferior ferve auga que ten que atravesar o café moído, colocado sobre ela nunha bandexa finamente perforada, para escapar atravesando o filtro polo conduto que comunica co compartimento superior, onde se recolle a infusión resultante. Nas cafeteiras eléctricas, o café sitúase nun filtro de papel colocado por riba dunha xerra onde cae a infusión. Nas cafeteiras expreso, o café obtense pola condensación do vapor de auga e poden ser de tres tipos: de pistón manual, de errogación continua semiautomática ou de errogación continua automática.
-
cafeteira rusa
Cafeteira na que a percolación se efectúa despois de invertila, de xeito que o recipiente onde ferveu a auga queda enriba do que está destinado a recoller a infusión.
-
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Establecemento de hostalería especializado no servizo de cafés, que, por norma xeral, está presidido por unha barra trala que hai unha máquina cafeteira, e que dispón de pequenas mesas para consumilo sentado. A aparición das cafeterías en Occidente foi consecuencia da popularización do café a partir do século XVI. Propagáronse rapidamente despois da fundación da vienesa Die blaue Flasche (A botella azul), agás en Inglaterra, onde xa existían os salóns de té e onde o consumo de café era inferior ao da infusión, e en España, onde gozaban de grande arraigamento as chocolaterías. As primeiras cafeterías españolas foron fundadas no século XVII por hostaleiros italianos.
-
PERSOEIRO
Pintor haitiano. Representante da corrente naif, as súas obras representaron as visións procedentes dos seus soños. Os seus temas son relixiosos e paisaxísticos interpretados dende un punto de vista visionario e fantástico. En Port-au-Prince asistiu ao Centre d’Art (1948) e participou na decoración da catedral episcopal de Sainte Trinite. Recibiu, entre outros galardóns, o premio do Festival des Artes Negres de Dakar (1966).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Federación que se constituíu en xuño de 1931 a partir da Asociación General de Maestros (AGM), creada en 1912, inda que o 1 de febreiro de 1931 xa aparecera o primeiro número da revista que sería o seu órgano de expresión: Trabajadores de la Enseñanza. Dende os comezos adheriuse á Internacional de Traballadores do Ensino (ITE), de tendencia comunista para, pouco despois, afiliarse ao Secretariado Profesional Internacional do Ensino (SPIE). En 1920 a AGM aprobou os criterios educativos que definían e caracterizarían a FETE: escola única, pública, gratuíta, laica, pacifista, etc. En Galicia as primeiras organizacións da FETE, denominadas Asociación de Trabajadores de la Enseñanza (ATE), creáronse en Ourense, Ferrol (1932), Santiago de Compostela e A Coruña (1933). Editaban as revistas Escuela Vivida (1935-1936), órgano da Casa do Mestre de Pontevedra, e Escuela del Trabajo -máis tarde ATEO- de Ourense. Entre o 17 e o 24 de maio de 1936, realizouse un Congreso...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escena de xénero que representa unha festa campestre, na que os personaxes aparecen nun escenario idealizado ao aire libre. Normalmente están comendo, bailando, escoitando música ou coqueteando. Cultivouse moito na pintura veneciana do s XVI; entre outras obras destaca Concerto campestre de Giorgione. As variacións sobre o tema que realizou J. A. Watteau recibiron o nome de fête galante (festa galante) pola Académie Française.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín sindicalista e órgano de FETE-UGT-Galicia dende 1983. Mantivo unha periodicidade máis ou menos mensual ata 1990 e proseguiu dun xeito máis irregular ata 1998. Cunha orientación informativa e profesional (oposicións, concursos, actividades de Escola Viva, etc), centrouse nos procesos de negociacións, dende a reivindicación da homologación retributiva dos funcionarios docentes, as condicións de traballo, os cadros de persoal, a estruturación dos corpos, a reforma da Función Pública, ata o sistema de selección do persoal docente e non docente interino, a necesidade dunha reforma educativa ou a participación do profesorado na súa propia formación. As mobilizacións e as convocatorias de folga tamén tiveron un destacado seguimento. Na actualidade emprégase para informacións sectoriais ou puntuais, xa que foi substituído como órgano periódico pola revista Profesionais.
-
-
Acariñar unha persoa ou un animal a outro.
-
Pegarse con violencia dúas persoas.
-
-
-
Que lle gusta facer ou recibir caricias.
-
Que lle gusta entrar en pelexas.
-
-
DISTRITOS
Distrito de Lesotho (2.119 km2; 259.000 h [estim 1995]). A capital é Mafeteng (12.667 h [1986]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Maxistrado fenicio, propio de Cartago e dos pobos que estaban baixo a influencia púnica. En Cartago había dous, que constituían a maxistratura suprema e eran daquela o órgano executivo da política interior e exterior. Eran elixidos por un ano entre os membros das grandes familias.