fête champêtre*
fête champêtre*
[ARTE]
Escena de xénero que representa unha festa campestre, na que os personaxes aparecen nun escenario idealizado ao aire libre. Normalmente están comendo, bailando, escoitando música ou coqueteando. Cultivouse moito na pintura veneciana do s XVI; entre outras obras destaca Concerto campestre de Giorgione. As variacións sobre o tema que realizou J. A. Watteau recibiron o nome de fête galante (festa galante) pola Académie Française.