fetiche

fetiche

(< fr fétiche)

  1. s m [RELIX]

    Obxecto asociado a un ser espiritual, polo que se lle atribúe un poder sobrenatural. En moitas culturas, como nos pobos do O de África, consideraban que algúns obxectos, como figuras e tallas, servíanlles de residencia temporal aos espíritos. Dende o s XVIII, e sobre todo no s XIX, estes obxectos relacionáronse na cultura occidental coa etapa máis primitiva da relixiosidade humana.

  2. s m

    amuleto.

  3. s m [PSIC]

    Obxecto que esperta no individuo impulsos eróticos por asociacións posiblemente fortuítas.

Palabras veciñas

FETE | fête champêtre* | FETE Informa | fetiche | fetichismo | fetichista | feticida