"Falset" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Tarragona, na marxe dereita do río Siurana, ao NO da capital (2.504 h [1996]). A agricultura e o comercio son os principais recursos económicos. Do seu patrimonio cultural destacan o castelo de Falset, de orixe medieval, e a igrexa barroca de Santa Maria.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. oz artificial masculina situada por riba dos rexistros normais dos homes, que utiliza o cantante esporadicamente para producir efectos cómicos.

    2. Técnica de canto destinada a obter unha voz masculina de rexistro entre contralto e soprano, dunha sonoridade moi pura e potente. Difundiuse a partir do s XVI ante a prohibición papal que non permitía ás mulleres participar nos coros das igrexas. Practicouse ata finais do s XVIII, aínda que os castrati relegaron esta técnica a un segundo plano. No s XX, especialmente en Inglaterra, recuperouse para interpretar con maior fidelidade certas pezas do Barroco.

    3. Timbre vogal especial, máis agudo có timbre normal, que se produce cando as cordas vocais só vibran nunha parte da súa lonxitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cantante que utiliza a técnica do falsete.

    VER O DETALLE DO TERMO