"Fer" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2007.

  • Forma sufixada de orixe latina que se emprega na composición de palabras co significado de ‘levar’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e estatista. Comandante Xeral e Intendente de Nova Galicia (1799). Nomeado Vicerrei do Perú no 1804, exerceu esa función dende o ano 1806. Malia as reformas que promoveu, os movementos independentistas non detiveron o seu avance e reprimiunos coas armas (1810-1816).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político alxeriano. Partidario nun principio das boas relacións e o entendemento cos franceses, uniuse no 1954 á insurrección e foi Presidente do Goberno Provisional da República de Alxeria (1958-1961). Publicou Autopsie d’une guerre (Autopsia dunha guerra, 1980).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que tamén se coñece a ictericia hemolítica de carácter adquirido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor, autor e director teatral que iniciou a súa andaina na Escola Dramática Galega en Vigo para despois pasar á compañía Ítaca e, en 1988, ao colectivo Avento. Con este último actúa nos espectáculos Imos botar, imos K Gar (1988) e Para ti, Shakespeare (1990). Dirixiu Rín, rín (1992) e Quen matou a Mari Lauri? (1996) textos da súa autoría. Outros espéctaculos que dirixiu son Monstros (2006), Humano.The game (2010), Fantasticks (musical, 2012), O Mago de Oz (musical infantil, 2015), Como sobrevivir a unha apocalipse zombi (de Ben Muir, 2016) e BU21 (de Stuart Slade, 2017).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Entre 1968-1970 formou parte de Acción Católica. Cos gobernos da UCD foi Ministro de Agricultura e Vicepresidente Económico durante o mandato de Adolfo Suárez (1976-1979). Conservou a súa acta de deputado ata 1982.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Real Academia de Bellas Artes de San Fernando.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conferencia celebrada do 15 ao 22 de abril de 1958 en Accra (Gana), onde se reuniron, baixo a presidencia de Kwane Nkrumah -primeiro ministro de Gana-, representantes de oito dos nove estados africanos independentes (Libia, Marrocos, Sudán, Tunicia, República Árabe Unida, Etiopía, Gana e Liberia). O lema que aglutinou os participantes foi África para os africanos. A conferencia condenou, nas súas conclusións, o colonialismo e o racismo e reafirmou o principio de cooperación económica e cultural africana como única vía para evitar o intervencionismo das potencias non africanas. Así mesmo, foron ratificados, por unanimidade, a totalidade dos principios asumidos pola Conferencia de Bandung (1955).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que contén un ácido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • mal de montaña.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que leva ou contén auga.

    2. Que contén auga, como os talos das cactáceas, ou que a segrega a través dos estomas acuíferos.

    3. Formación xeolóxica na que se almacena e pola que circula auga subterránea, aproveitando a porosidade do rochedo e o gradiente hidráulico existente.

    4. Aparello ambulacral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Catedrático de Arqueoloxía na Universidade de Santiago de Compostela, membro da sección de Arqueoloxía e Prehistoria do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e correspondente da Real Academia Galega.
    Os seus traballos centráronse na arqueoloxía romana, no que salientaron as investigacións sobre mosaicos, esculturas, epigrafía e numismática. Rematou o corpus de mosaicos romanos dos conventos lucense e bracarense e os fascículos correspondentes a Galicia do Corpus Signorum Imperii Romani (Corpus das inscricións do Imperio Romano) e da Tabula Imperii Romani (Táboas do Imperio Romano).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Doutora en Filosofía e Letras pola Universidade de Valladolid en 1973. Desenvolveu diversos traballos de investigación arqueolóxica aproveitando a súa experiencia en escavacións e os diferentes cargos como directora do Museo Arqueolóxico de Valladolid e do Museo das Peregrinacións de Santiago. Dende 1983 actúa como directora dos Museos Estatais. O seu labor está orientado cara ao tratamento, á investigación e á exposición dos fondos arqueolóxicos. Publicou numerosos traballos entre os que destacan: Esculturas militares romanas de España y Portugal I. Las esculturas thoracatas (1975); Algunhas cuestións sobre os asentamentos na Galicia Baixorromana (1983) e Financiación y patrocinio del Patrimonio histórico (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gobernador e Xustiza Maior do Reino de Galicia (1480-1486). O seu nomeamento, que se insire no proceso que a documentación denomina “doma e castración do Reino de Galicia” -ordenada polos Reis Católicos conforme á súa política centralista-, outorgáballe amplos poderes gobernativos e xudiciais, tanto no civil como no criminal. Fernando de Acuña chegou a Galicia acompañado polo licenciado e corrixidor García López de Chinchilla e un corpo de cabalería ao mando do capitán Mudarra. Ao chegaren a Santiago reclamaron de Alonso de Fonseca as fortificacións da Catedral; diante da negativa do Arcebispo, convocaron aos condes de Altamira e de Camiña e ao Mariscal Sueiro Gómez de Soutomaior, de xeito que non tivo máis remedio que ceder. Así mesmo, apoiándose na Santa Irmandade, constituída a comezos de 1480 en Galicia, mandou derrubar 46 fortalezas; apresurou o proceso de adaptación de mercés do que saíron moi afectados Pedro Álvarez Osorio, Álvarez de Soutomaior, Gómez Pérez de Mariñas, etc; procedeu...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión latina que significa ‘condicionado a unha consulta’. Emprégase especialmente nos convenios diplomáticos para indicar que un convenio se acepta en principio, pero que queda condicionado á ulterior ratificación do goberno representado polo funcionario aceptante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión do Sáhara, en Mauritania, formada pola sucesión dun erg e unha hamada, onde se atopan algúns oasis habitados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Síndrome de Stokes-Adams.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade causada pola hipofunción aguda ou crónica do córtex das glándulas suprarrenais. Caracterízase por debilidade muscular, hipotensión arterial, cansazo físico, escurecemento cutáneo e manchas pigmentarias nas mucosas. O 60% dos casos son idiopáticos por mecanismo autoinmune.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • desmofícida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que conduce aire.

    VER O DETALLE DO TERMO