"Fixi" (Contén)
Mostrando 13 resultados de 13.
-
-
Dificultade para respirar.
-
Suspensión da función respiratoria dun organismo por causas mecánicas ou pola alteración da hematose. Leva á anoxia dos tecidos. Os obstáculos mecánicos poden ser accidentais ou patolóxicos (edema da larinxe, membranas da difteria, parálise dos músculos respiratorios e lesións no núcleo respiratorio cerebral). No aspecto de alteración da hematose cómpre mencionar a asfixia por falta de osíxeno e a producida polos gases tóxicos ou bloqueadores da actividade hemoglobínica (gas de hulla, gas butano, monóxido de carbono, etc).
-
Debilitamento dos vexetais por falta de osíxeno, particularmente en solos encharcados.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que produce asfixia.
-
-
Provocarlle a morte a alguén por suspensión da respiración.
-
Impedirlle a respiración a alguén; causar dificultades respiratorias.
-
Sentir asfixia ou dificultades respiratorias.
-
Morrer a causa da suspensión da respiración.
-
Afogarse por falta de osíxeno.
-
-
Bulla indulgentiarum confraternitati Crucifixi Redemptoris in ecclesia cathedrali Auriensi concessarumVER O DETALLE DO TERMO
Folla voante en dobre folio editada por Xoán Gherlinc aló polo ano 1496 en Monterrei. Presenta letra gótica, capitais lombardas a dous tamaños e cincuenta e unha liñas. Atópase na biblioteca da Hispanic Society en Nova York.
-
-
Acción de crucificar.
-
Forma de aplicación da pena capital en numerosos pobos do Mediterráneo oriental na Antigüidade. A orixe desta modalidade de execución atribúese posiblemente aos persas, pero, con diversas variantes, empregárona os fenicios, os gregos, os exipcios e os cartaxineses, antes da súa introdución en Roma. A lexislación romana excluía desta pena os cidadáns romanos, aínda que durante o Imperio aplicouse a cidadáns romanos de clase baixa (humiliores), pero nunca aos de clase alta (honestiores). A pena da crucifixión aboliuna Constantino en recordo da paixón de Cristo.
-
Representación artística da crucifixión de Cristo ou dalgún santo. Denomínase crucifixión ou calvario cando aparece Cristo cravado na cruz acompañado doutros personaxes, como os dous ladróns, a Virxe María -acompañada ás veces de María Madanela-, os soldados romanos, o apóstolo san Xoán e outros elementos, como o Sol ou a Lúa. Cando a representación se limita á figura de Xesús cravado na cruz denomínase Cristo ou crucifixo. A figura central pode aparecer en actitude sufridora ou triunfante. As primeiras representacións coñecidas da crucifixión de Cristo datan do s VI, como o evanxeliario de Rabbūla (Siria) e o ampullario de Monza e Bobbio, de orixe palestina, onde Cristo aparece en maxestade. De influencia oriental son, entre outros, o fresco do s VIII de Santa Maria Antiqua (Roma) e o mosaico do s XII de San Marcos de Venecia. A primeira representación occidental é un evanxelario irlandés do s VIII. De maior complexidade son as figuracións dos marfís carolinxios, nos que...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Inscrición de carácter máxico que invoca o dano sobre unha persoa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Representar a efixie de alguén.
-
-
Imaxe ou representación dunha persoa ou dunha parte do seu corpo.
-
Personificación dunha cousa ideal ou inmaterial.
-
Execución que consistía en queimar a efixie do condenado ou en colgar dun pau o extracto do xuízo condenatorio.
-
-
ENTRADA LARGA
Estado insular do Pacífico meridional, situado ao N de Nova Zelanda, formado por máis de 300 illas, das cales a terceira parte están habitadas (18.272 km2; 817.000 h [2000]). As principais illas son Viti Levu (70% da poboación), Vanua Levu e Kadavu. A capital é Suva.
Xeografía físicaRelevo, climatoloxía, hidrografía e vexetación
VER O DETALLE DO TERMO
As maiores illas son Viti Levu e Vanua Levu, que supoñen máis do 85% da superficie total. A maior parte das illas son de orixe volcánica e o seu relevo é montañoso. A maior elevación é o monte Tomaniivi (1.324 m) en Viti Levu. Numerosos ríos cortan a paisaxe montañosa e nos deltas pódense localizar solos moi fértiles. As illas máis pequenas están formadas por arrecifes de coral e calcarias. O clima é tropical, suavizado polos ventos do SL. A temperatura media anual é de 25°C e cunha precipitación duns 2.540 mm. A vexetación conforma unha densa pluviselva.
Xeografía económica... -
-
Relativo ou pertencente a Fixi, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante de Fixi.
-
Lingua do phylum austronesio da familia malaio-polinesia que se fala en Fixi.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Modelo científico enunciado por Carl von Linné e defendido máis tarde polo naturalista francés Georges Cuvier, que entende as especies como entidades naturais inmutables e de orixe independente. Esta proposta foi aceptada amplamente ata que se desbotou, a finais do s XIX, en favor do darwinismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Partidario do fixismo.
-
-
Acción de ferir traspasando de parte a parte cunha arma de punta.
-
Procedemento cirúrxico que consiste en atravesar e cortar nun só tempo os tecidos brandos de dentro cara a fóra. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-