"Francia" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 71.

  • PERSOEIRO

    Filla de Luís XI e de Carlota de Savoia e rexente (1483-1491) do seu irmán Carlos VIII de Francia. Durante a súa Rexencia impediu as negociacións con Fernando II de Aragón sobre a restitución dos condados de Rosellón e Sardeña. Sofocou a Guerre Folle e conseguíu anular o casamento de Ana de Bretaña e Maximiliano de Austria a prol de Carlos VIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Banque de France.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Princesa francesa. Filla de Luís IX, casou con Fernando de la Cerda, fillo primoxénito de Afonso X. Trala morte do seu home (1275), retirouse a Francia por mor das disputas entre os seus fillos, os infantes de la Cerda, e Sancho IV.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Francia (879-884), fillo de Luís o Tatexo. Sucedeuno xunto ao seu irmán máis vello, Luís III. No 880 os dous irmáns repartíronse o reino e a Carlomán correspondeulle Aquitania e Borgoña coas súas marcas. Cando morreu o seu irmán no 882 converteuse en único rei.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei dos francos (893-923), fillo póstumo de Luís o Tatexo. Coroado no 893 en oposición a Odón, duque de París, viuse obrigado a refuxiarse en Alemaña ata que Odón accedeu a pactar unha repartición do reino (896). No 898 morreu Odón e Carlos converteuse no único rei. A través do Tratado de Saint-Clair-sur-Epte (911), cedeulle en feudo unha parte de Neustria (denominada posteriormente Normandía) ao dirixente normando Rollón e entregoulle a súa filla Xisela como esposa coa condición de que se fixese cristián. No 922 tivo que enfrontarse, preto de Soissons, a Roberto, duque de Francia, que fora elixido rei polos nobres revolucionarios; matouno no 923, pero perdeu a batalla e refuxiouse no territorio de Herbert, conde de Vermandois, que o mantivo prisioneiro en Château Thierry e Péronne.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Francia (1322-1328) e de Navarra (Carlos I, 1322-1328). Terceiro fillo de Filipe IV de Francia e de Xoana I de Navarra, sucedeu ao seu irmán Filipe V. Apoiou ao Papa Xoán XXII contra o emperador romano-xermánico Luís IV de Baviera e tamén o seguiu no favor prestado ao infante Filipe de Mallorca, titor de Xaime III, contra os designios de Xaime II de Aragón. En 1324 levou a cabo frutíferas campañas no ducado de Aquitania, coñecidas como Guerra de Saint-Sardos. Con el extinguiuse a liña masculina dos Capetos directos. A reivindicación dos dereitos do seu neto Eduardo III de Inglaterra iniciou a Guerra dos Cen Anos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Francia (1560-1574). Fillo de Enrique II e de Catarina de Medici, rexente entre 1560 e 1563, sucedeu o seu irmán Francisco II. Despois da Paz de Saint-Germain (1570), que puxo fin á loita entre católicos e hugonotes, protexeu a estes de acordo co seu favorito Gaspard de Coligny. Inducido por Catarina de Medici, ordenou a matanza da noite de San Bertomeu o 24 de agosto de 1572, feito que o obsesionou o resto da súa vida. Protector da academia de Baïf, escribiu poesía e un Traité de la chasse royale (Tratado da caza real, 1625).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Francia (1364-1380), primoxénito e sucesor de Xoán II o Bo, en 1349 foi nomeado primeiro delfín de Francia. Asumiu o goberno despois de que os ingleses fixeran prisioneiro a Xoán II en Poitiers (1356). Superou con habilidade a situación e acadou un control da administración propugnado desde 1356 polos estados xerais da lingua d’oïl. Dominou a insurrección comunal de París dirixida por Étienne Marcel e a revolta campesiña da Jacquerie (1358). Preparou, en Brétigny, a conclusión do Tratado de Calais (1360), que permitiu o retorno de Xoán II. En 1364 derrotou a Carlos III de Navarra e enviou as compañías do vencido a Castela para soster a causa de Enrique de Trastámara. Recomezou en 1369 a guerra contra Inglaterra. Recoñeceu, en contra do Papa Urbano VI, a Clemente VII en 1378. Iniciou a construción da fortaleza da Bastilla e reconstruíu o palacio do Louvre, onde fundou unha importante biblioteca real.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Francia (1380-1422), fillo e sucesor de Carlos V. Durante a súa minoría de idade o goberno foi dominado polos seus tíos, os duques Luís I de Anjou, Filipe I o Atrevido de Borgoña, Xoán de Berry e Luís II de Borbón. En 1388 asumiu persoalmente o goberno, pero en 1392 os seus tíos, entre os que se impuxo Filipe I, apartárono do poder debido aos trastornos psíquicos que padecía. Os choques entre os intereses contrapostos de Luís de Orleans, irmán de Carlos VI, e os duques de Borgoña, orixinaron os bandos inimigos dos armañacs e dos borgoñóns, que provocaron a guerra civil e o paso dos borgoñóns ao bando inglés. Despois de que Enrique V de Inglaterra gañase en Azincourt (1415) e ocupase Normandía (1417), Filipe o Bo, duque de Borgoña, obrigou a Carlos VI a asinar o Tratado de Troyes (1420), que recoñecía a Enrique V como herdeiro ao trono de Francia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Francia (1422-1461), fillo e sucesor de Carlos VI. Nomeado delfín en 1417, estivo do lado dos armañacs, que o recoñeceron rei á morte do seu pai (1422), malia as estipulacións do Tratado de Troyes. Entrementres, o duque de Bedford intitulouse rexente de Francia en nome de Enrique VI de Inglaterra. As vitorias inglesas motivaron unha profunda penetración no territorio francés, pero a crítica situación de Carlos VII foi salvada por Xoana de Arco, que conseguiu levantar o sitio de Orleans en 1428 e o fixo coroar en Reims en 1429. En 1436, as forzas de Carlos VII entraron en París; posteriormente asinou unha serie de treguas cos ingleses ata 1449. Ata entón Carlos VII dominou diversas revoltas feudais, como a de Praguerie de 1440 e reorganizou o exército e as finanzas. Retomada a guerra contra os ingleses, reconquistou Normandía (1449-1451) e Guiena (1451-1453), co que o dominio inglés en Francia quedou reducido a Calais. En 1438, pola Pragmática Sanción de Bourges, aprobáronse as decisións...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Francia (1483-1498), fillo e sucesor de Luís XI. Entre 1483 e 1491 foi rexente a súa irmá Ana de Francia, que ultimou o casamento do rei con Ana I de Bretaña en 1491. Carlos intentou reivindicar os dereitos franceses, herdados dos Anjou, en Nápoles, polo que estableceu unha serie de tratados coas potencias europeas buscando a súa neutralidade: con Inglaterra polo Tratado de Étaples (1492), con Aragón e Castela polo Tratado de Barcelona (1493), e con Austria polo Tratado de Senlis (1493). Os seus rápidos éxitos no avance por Italia e a entrada en Nápoles (1495) favoreceron a formación da liga antifrancesa de Venecia que o derrotou en Fornovo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Francia (1824-1830), irmán de Luís XVI e de Luís XVIII. Ao comezar a Revolución Francesa emigrou e foi un dos dirixentes do realismo en Inglaterra desde 1795. En 1814 volveu a Francia, onde liderou o partido ultra. Á morte de Luís XVIII (1824) accedeu ao trono e levou a cabo unha política de implantación do absolutismo monárquico. Durante o ministerio de Polignac foron ditadas as ordenanzas de Saint-Cloud (1830), que disolvían a cámara, modificaban a lei electoral e suprimían a liberdade de prensa, disposicións que provocaron a Revolución de Xullo de 1830 e que o obrigaron a abdicar a favor do seu neto, o duque de Burdeos, e a exiliarse. Durante o seu reinado tivo lugar a toma de Alxer, que iniciou a expansión colonial francesa polo norte de África.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Valois (París 1401 - Bermondsey 1437) Raíña de Inglaterra, filla de Carlos VI de Francia. No Tratado de Troyes acordouse o seu casamento con Enrique V de Inglaterra (1420), recoñecido como herdeiro do soberano francés. O seu fillo Enrique VI foi proclamado rei de Francia e Inglaterra. En 1428 casou con Owen Tudor e un dos seus netos, Enrique Tudor, foi rei de Inglaterra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manifesto galicano redactado por Bossuet, aprobado por unha asemblea eclesiástica (1682) e imposto por Luís XIV ao clero. Establecía a non submisión do rei a ningunha potestade eclesiástica, a superioridade do concilio ante o Papa, o exercicio das liberdades da igrexa galiana e a aprobación das decisións pontificias por parte da Igrexa. Ante a oposición do Papa Inocencio XII, o monarca retirouna. O Emperador Napoleón I restaurouna en 1801.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Francia (1031-1060), fillo de Roberto II. Sucedeu o seu pai no trono malia a oposición da súa nai e dos nobres. Cedeulle o ducado de Borgoña ao seu irmán Roberto (1032). Protexeu e axudou o seu sobriño Guillerme o Conquistador (futuro rei de Inglaterra) contra os baróns de Normandie, non obstante máis tarde puxéronse a mal e derrotouno en Montemer (1054) e Varaville (1058).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Francia (1547-1559), fillo de Francisco I. Antes do seu ascenso ao trono foi refén de Carlos V entre 1526 e 1530, segundo o cumprimento do Tratado de Madrid. Aliouse co Imperio Turco e cos príncipes protestantes alemáns para romper coa hexemonía dos Habsburgo en Europa. Polo Tratado de Chambord, recuperou para Francia Metz, Toul e Verdun (1552), pero a súa derrota en Renty, fronte aos exércitos imperiais, levouno a asinar a Tregua de Vaucelles (1556). Os seus intereses en Italia levárono a romper esta tregua e recuperar Calais no 1558. Derrotado na Batalla de Saint-Quentin (1557), asinou a Paz de Cateau-Cambrésis en 1559 con Filipe II. Nos editos de Châteaubriant (1551) e Ecouen (1559) favoreceu os católicos e perseguiu os hugonotes. Impulsou en Francia o renacemento artístico e literario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Francia (1574-1589), derradeiro monarca da dinastía Valois, fillo de Enrique II e de Catarina de Medici. Elixido rei de Polonia en 1573, regresou a Francia trala morte do seu irmán Carlos IX (1574), a quen sucedeu. No Edito de Beaulieu (1576) concedeulles aos hugonotes a liberdade de culto, mais o nomeamento de Enrique III de Navarra como herdeiro ao trono francés en 1584 significou o retorno ao enfrontamento e o desencadeamento da Guerra dos Tres Enriques (1585-1589), ao non recoñecer os   católicos o herdeiro e buscar Enrique de Guise, o seu dirixente, o apoio de Filipe II. Durante o enfrontamento, mandou asasinar a Enrique de Guise (1588) e aliouse con Enrique III de Navarra para asediar París, defendida polos católicos e españois, pero morreu asasinado. Introduciu unha nova moeda (1577) e unha serie de ordenanzas que regularon a administración (1579).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Francia (1589-1610), primeiro da dinastía Borbón, e de Navarra (1572-1610), príncipe de Bearn, conde de Foix, de Bigorre e de Armagnac, duque de Vendôme e de Albret, fillo de Xoana III de Navarra e de Antonio de Borbón. Xefe do partido hugonote desde 1569, foi proclamado herdeiro ao trono francés en 1584. Durante a Guerra dos Tres Enriques (1585-1589), enfrontouse aos partidarios de Enrique de Guise e da Liga Católica, aos que finalmente derrotou en Ivry (1590). Aliouse cos príncipes protestantes alemáns, con Isabel I de Inglaterra e con Enrique III de Francia, co que asediou París. En 1593 converteuse ao catolicismo e foi recoñecido como rei. En 1598 asinou a Paz de Vervins coa Coroa de España e, polo Edito de Nantes, declarou o catolicismo como relixión oficial de Francia, aínda que lles asegurou a liberdade de culto aos protestantes. Unha vez instaurada a paz, reorganizou o Estado, consolidou o poder rexio e fomentou o comercio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Duque de Bordeos e conde de Chambord. Á morte do seu avó Carlos X (1836), proclamárano pretendente ao trono francés. Reclamou a coroa trala caída de Napoleón III (1870) e solicitou o seu recoñecemento por parte da Asemblea; sen embargo, a súa negativa a aceptar as condicións impediu a restauración da monarquía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Raíña de Inglaterra, filla de Enrique IV de Francia e María de Medici. En 1625 casou con Carlos I de Inglaterra. Acusárona de enfrontar o rei contra os anglicanos e de ser en certo modo a responsable da guerra civil. Fuxiu a Francia trala execución do seu marido (1649) e retornou a Londres despois da restauración do seu fillo Carlos II (1660).

    VER O DETALLE DO TERMO