Declaración do clero de Francia ou Declaración dos catro artigos
Declaración do clero de Francia ou Declaración dos catro artigos
Manifesto galicano redactado por Bossuet, aprobado por unha asemblea eclesiástica (1682) e imposto por Luís XIV ao clero. Establecía a non submisión do rei a ningunha potestade eclesiástica, a superioridade do concilio ante o Papa, o exercicio das liberdades da igrexa galiana e a aprobación das decisións pontificias por parte da Igrexa. Ante a oposición do Papa Inocencio XII, o monarca retirouna. O Emperador Napoleón I restaurouna en 1801.