declaración
(
-
s
f
Acción e efecto de declarar ou declararse.
Ex: Dous meses depois da declaración da enfermidade xa non había cura. Fíxolle unha declaración amorosa ó estilo trobadoresco.
-
[DER]
-
s
f
Acto xurídico polo que unha persoa relata o que sabe en relación cuns feitos a un funcionario público (axente da autoridade, oficial do xulgado, xuíz) ou tribunal. Pódese realizar de forma espontánea ou sobre a base das preguntas que poidan formular o xuíz ou as partes. Pódese tomar declaración no proceso de instrución ou en audiencia pública, aínda que se é posible, deberá ratificarse na vista oral.
Ex: O acusado prestou declaración perante o xuíz. O tribunal de xustiza tomoulle declaración á testemuña do acusado.
-
s
f
Exposición, feita normalmente por escrito, das mercadorías suxeitas a pagar, dos dereitos de aduana ou doutros impostos, tributos e feitos impoñibles en xeral.
-
s
f
Acto unilateral realizado por un Estado destinado a producir efectos de dereito nas relacións internacionais. Poden ser, entre outras, declaracións de recoñecemento dunha situación internacional, declaracións de guerra e de neutralidade.
-
declaración de creba
Acto resolutorio xudicial que recoñece legalmente que o estado no que está unha empresa é o de sobresemento no pagamento das súas obrigas.
-
declaración de guerra
Fórmula de convenio entre estados no que un deles informa da apertura de hostilidades contra o outro.
-
declaración de herdeiros
Acto resolutorio do xuíz que ten por obxecto atribuír unha herdanza fixando a titularidade dos chamados a ela por ausencia de designación a cargo do causante.
-
declaración de inconstitucionalidade
Sentencia emitida polo Tribunal Consitucional que declara unha norma, ou parte desta, coma non conforme á Constitución. Nunha norma xurídica con rango de lei interpretada pola xurisprudencia, afectará a esta, se ben as sentencias recaídas non perderán o valor de cousa xulgada. Ademais, agás que no fallo do Tribunal Constitucional se exprese, subsiste a vixencia da lei na parte non afectada pola inconstitucionalidade.
-
declaración de lesividade
Constatación, por medio da Administración, de que un acto administrativo infrinxe o ordenamento xurídico ou prexudica o interese xeral. Realízaa a Administración autora dalgún acto que non pode anulalo ou revogalo por si mesma, de modo que se declara o acto como lesivo para o interese público como requisito previo para poder demandar o acto perante a xurisdición contencioso-administrativa. Debe realizarse no prazo de catro anos dende o día seguinte á data na que foi ditado o acto.
-
declaración de rebeldía
Acto xudicial resolutorio consistente nunha declaración que se lle aplica ao procesado que, sendo obxecto de chamamento e busca mediante requisitoria, non comparece perante o tribunal dentro do prazo fixado na requisitoria.
-
declaración de utilidade pública/de interese social
Manifestación da administración pública con respecto á utilidade pública dun ben ou dun servizo coa intención de mantelo baixo o seu control. É un requisito previo necesario para poder proceder á expropiación forzosa do ben ou servicio.
-
declaración falsa
Delito contra a administración de xustiza que consiste na alteración da verdade nunha declaración susceptible de producir efectos xurídicos, en particular, no falso testemuño formulado contra o reo en causa criminal (no caso de que recaera sentenza condenatoria).
-
declaración internacional
Posición que toma un Estado ou unha organización internacional ante un problema concreto e que ten eficacia moral, como a Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Tamén o son as designacións solemnes das actas finais adoptadas ao remate de certas conferencias internacionais.
-
declaración xurada
Manifestación oral, escrita ou mímica, feita baixo xuramento a requirimento da autoridade xudicial ou administrativa, ou de xeito voluntario ante notario. Na sede xudicial, é unha dilixencia preliminar mediante a que a parte que pretende demandar á outra, pode pedir a declaración xurada dalgún feito relativo á súa personalidade sen o que non se pode proceder a xuízo.
-
s
f
-
declaración tributaria/da renda
Documento que o suxeito pasivo lle presenta á administración tributaria, no que se recollen as circunstancias que constitúen o feito impoñible dun tributo.