"Franqueira" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
-
Antropónimo, posiblemente relacionado con francos, quizais como resultado dunha antiga colonización. A Nosa Señora da Franqueira ten un santuario na Cañiza e é avogosa de todos os perigos de morte. A súa festividade celébrase nas Pascuíñas o 8 de setembro. Na tradición oral recóllense ditos como: “Miña Madre da Franqueira, / non vos veño pedir pan: / véñovos pedir un home / que faga tremer o chan”, “Virxe da Franqueira, / estrela do Norte,/ aquí lle traemos / quen estivo á morte”, “Virxen da Franqueira, na pedra labrada, de viñas e prados arreda a xeada”.
-
Liñaxe que trae por armas, en campo de sinople, un castelo de prata, aclarado de goles e, saíndo da súa homenaxe, un brazo armado, cun pan de ouro na man; en forma de orla, cinco pans de ouro.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Santuario mariano situado en Santa María da Franqueira (A Cañiza). Existía dende o s X, e dende o s XI foi un mosteiro de monxes beneditinos ata que en 1293 confiouse á orde do Císter. Recibiu diversas doazóns e en 1481 o bispo de Tui Diego de Muros incorporoulle o mosteiro e a igrexa de Casteláns. Incorporouse á Congregación de Castela e en 1572 converteuse en abadía. A comunidade abandonou o mosteiro coa desamortización de 1835. As antigas dependencias monacais non se conservan pois as súas pedras empregáronse para construír a casa rectoral. Consérvase a igrexa, reformada no s XVIII. Ten unha soa nave e ábsida rectangular comunicadas por unha cúpula de cuarteiróns. A nave divídese en catro tramos por medio de arcos apuntados, dous deles cubertos por bóveda de canón. Reformáronse as paredes laterais ao abrírense arcos que comunicaban coa sancristía e coas dependencias monacais e que lle conferiron o aspecto de deambulatorio. A Virxe da Fonte está situada sobre un pequeno templo con catro...
-
GALICIA
Empresario, mestre e político. Mestre en Castrelo de Miño, foi nomeado concelleiro (1954) e alcalde. Impulsor do cooperativismo agrario ourensán, en 1945 foi xerente da Unión Territorial de Cooperativas Orensanas (UTECO), desde a que creou as Cooperativas Orensanas (COREN). Como apoio financeiro, fundou a Caja Rural (1961). Foi procurador pola representación familiar de Ourense durante a IX e X lexislaturas (1967-1977) e deputado por Ourense no Congreso nas lexislaturas constituíntes, I e II (1977-1986), pola UCD. En 1983 colaborou no nacemento de Coalición Galega.
VER O DETALLE DO TERMO