"Frontera" (Contén)

Mostrando 14 resultados de 14.

  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Córdoba, Andalucía, xunto ao río Genil (13.334 h [1996]), onde se conservan as ruínas do castelo de Luna, con torre de estilo mudéxar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Cádiz, Andalucía, na Campiña de Jerez, á beira do río Guadalete (28.110 h [1996]. Igrexa de Santa María (s XV) e hospital da Caridade, barroco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Cádiz, Andalucía (2.388 h [1996]). Situado dentro do Parque Natural de Los Alcornocales, está drenado polos ríos Guadarranque e Forgarganta. A agricultura baséase na produción de cereais e leguminosas. É unha importante área de caza maior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Cádiz, Andalucía, situada ao SL da cidade de Cádiz (53.001 h [1996]). Os seus recursos económicos son a pesca, as salinas e a agricultura. Centro comercial e industrial. Dentro do termo está o poboado turístico de Sancti-Petri e nel as ruínas do templo de Hércules. Dentro da cidade localízase a igrexa barroca de San Telmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Cádiz, Andalucía, drenado polo río Salado (15.687 h [1996]). A economía céntrase na agricultura (cereais e viña) e na pesca; recentemente, o turismo adquiriu grande importancia. No seu termo consérvase unha calzada romana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Málaga, Andalucía, situado no sector occidental da provincia, no límite con Sevilla (3.643 h [1996]). É un terreo moi accidentado, situado nos contrafortes da Serranía de Ronda, e drenado polo río Guadiaro. A principal actividade económica é a agricultura (cereais e oliveiras). Boa parte do termo municipal está dentro do Parque Natural da Sierra de Grazalema. Ocupada polos fenicios, gregos e romanos na Antigüidade, durante a dominación árabe pertenceu aos reinos de Sevilla e Granada. Foi reconquistada por Rodrigo Ponce de León no s XV. Do seu patrimonio cultural destacan as ruínas romanas de Cortes el Viejo e a igrexa de Nuestra Señora del Rosario, do s XVII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Santa Cruz de Tenerife, Canarias, situado na illa de Hierro. Esténdese por todo o sector occidental (4.409 h [1996]). A economía é agrícola (cereais, hortalizas, viña e froiteiras). Do seu patrimonio cultural destaca a Reserva Natural Integral de Mencáfete.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Cádiz, Andalucía, situado na chaira dos ríos Guadalquivir e Guadalete (183.273 h [2001]). A súa economía fundaméntase no cultivo vitivinícola, que produce os viños e brandys de Xerez.   Tamén conta con produción oliveira e gandeira, sobre todo de cabalos. Do seu patrimonio cultural destaca o núcleo histórico da cidade, declarado Ben de Interese Cultural en 1982, no que destacan os restos das murallas medievais e o alcázar, diversas igrexas góticas, palacios civís e casas da nobreza andaluza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de Cádiz, Andalucía (9.088 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura de secaño e na gandería, complementada coa industria madeireira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situado preto das serras Subbéticas e regado polo Guadaira (27.710 h [2001]). É un centro agrario con cultivos de cereais e oliveiras e de gando bovino, porcino e de la, con industrias derivadas. As canteiras tamén favoreceron o desenvolvemento da fabricación de materiais de construción (cemento e xeso).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, situado entre os ríos Ardila e Godolid, que limita ao S con Portugal (5.834 h [2001]). A economía susténtase na agricultura, na gandaría e nas industrias que derivan dese sector.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Huelva, Andalucía, situado preto da desembocadura do río Tinto (7.314 h [2001]). Destaca a agricultura, a pesca e as conservas. É o antigo porto do que partiron e arribaron as naves do descubrimento de América. Do seu patrimonio cultural destaca o mosteiro de Santa María de la Rábida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da pro-vincia de Huelva, Andalucía, bañado polo río Chanza e situado preto dos Picos de Aroche e dos Altos de Peramosa (1.816 h [2001]). É un termo turístico que estivo condicionado economicamente pola súa función de paso fronteirizo con Portugal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Cádiz, Andalucía, situado na costa do Atlántico e regado polo río Barbate (12.540 h [2001]). É un centro agrícola e gandeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO