"Gap" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28.
-
-
Palabra moi empregada polos primeiros autores cristiáns para designar o amor cristián en oposición ao eros, o amor sensual. Aparece a miúdo nas epístolas de Paulo e de Xoán referíndose ao amor de Deus ou ao amor dos cristiáns entre eles. Os escritores latinos traducírono por caritas (caridade).
-
-
Comida en común que os primitivos cristiáns partillaban en sinal de irmandade. Os ágapes coincidían ás veces coa celebración eucarística, sen embargo, dende mediados do s III tiñan lugar na véspera da eucaristía, celebrada na mañá seguinte.
-
Banquete ou comida de familia ou amigos para celebrar algún acontecemento.
-
Merenda, especialmente servida na eira o derradeiro día da malla, na cal toman parte todos os malleiros.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome persoal feminino tomado do substantivo común ágape ‘amor, cariño’. O cristianismo dos primeiros tempos mudaría o seu significado en ‘caridade, amor fraterno’; de feito, os romanos chamábanlles ás súas comidas fraternais ágapes. En Galicia con este nome sobresae unha nobre do s IV, metade fantástica metade simbólica, que espallou na Península as doutrinas gnósticas do exipcio Marcos buscando a conciliación entre a relixión cristiá e a filosofía clásica. A festa de santa Ágape de Antioquía celébrase o 10 de marzo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento dedicado á evanxelización e aprendizaxe da Biblia. Fundado nos EE UU por Bill Bright en 1951 co nome Campus Crusade for Christ, estendeuse por todos os continentes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Na primitiva igrexa cristiá, muller que vivía asociada cun home e compartía con el un ideal de perfección. Os agapetas, tamén chamados subintrodutae, quedaron desautorizados no Concilio de Nicea (325).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome procedente do grego agapeto ‘amable, amado, amigo íntimo’. É sinónimo de Filemón, Amable, Amado e David. Documéntanse catro celebracións distintas. Non ten parroquia nin romaría propia en Galicia. A súa forma hipocorística é Tito.
-
PERSOEIRO
Papa (535-536). Combateu o monofisismo, depuxo o patriarca Antimo de Constantinopla e xestionou sen éxito a paz entre Xustiniano e o Rei ostrogodo Teodato. Festa: o 20 de setembro na Igrexa latina e o 22 de abril na Igrexa ortodoxa grega.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Papa (946-956). Sucesor de Martiño III. Apoiou a reforma de Cluny e realizou un labor de moralización e disciplina en Roma. Pronunciouse a prol de Otón o Grande contra Berengario II.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mozo romano de entre 15 e 18 anos que, en tempos do Emperador Aureliano, superou milagrosamente múltiples tormentos antes de sufrir martirio: botáronlle auga fervendo na barriga, arrincáronlle os dentes, colgárono polos pés sobre unha fogueira pero as lapas lambíano sen lle facer mal ningún. Os leóns do circo tamén se lle deitaron mansos aos pés. Morreu co peito atravesado por unha espada ou, segundo outra tradición, decapitado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de aves da familia dos sitácidos de dimensións pequenas, cola curta e coloración xeral verde, agás a cabeza que toma distintas coloracións segundo a especie. Viven en África tropical. Estes papagaios reciben o nome de inseparables polo forte comportamento social que amosan en catividade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alteración do psiquismo que implica unha hipersensibilidade mental.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo utilizado para designar a avaliación dos niveis de electrólitos (anións e catións) no soro e os trastornos que lle inflúen. Os valores do anion gap oscilan entre 8 e 18 miliequivalentes por litro nas persoas sas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Bebida que resulta de botar auga no bagazo das uvas logo de facer o viño bo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia aromática extraída da esencia da bergamota.
-
VER O DETALLE DO TERMO
couselo.
-
CIDADES
Cidade do estado de Bengala Occidental, India, situada no val do río Dāmodar (415.986 h [1991]). É un destacado núcleo industrial.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do departamento de Altos Alpes, Francia (36.262 h [1997]). A súa situación nunha encrucillada de vías de comunicación converteuna nun centro comercial e desde hai pouco nun núcleo industrial. Antigo campamento romano co nome de Vapiricum, constituíu na Idade Media un importante centro comercial do val do Rhône. Do seu patrimonio cultural destacan a casa do concello (s XV) e a igrexa dos Cordeliers (s XVIII).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Desaxuste real entre dúas magnitudes económicas. Fálase, por exemplo, de gap entre a oferta e a demanda, entre gastos e ingresos, etc.
-
Intervalo de enerxía da banda prohibida dun semicondutor, é dicir, a diferencia de enerxía entre o mínimo absoluto da banda de condución e o máximo absoluto da banda de valencia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Subir por algún lugar utilizando as mans e os pés.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade de dereito público con personalidade xurídica e patrimonio propio creada por lei en 1992. É un instrumento para a promoción e o fomento do investimento produtivo en Galicia e constitúese como un órgano de acción pública directa no ámbito da oferta de servicios de alto nivel, así como un mecanismo de integración dos sectores económicos e sociais. Concentra as iniciativas e os programas de promoción e fomento do desenvolvemento de Galicia, potencia os investimentos en innovación e tecnoloxía e estimula a exportación. Entre os seus obxectivos sinálanse a promoción, fomento e potenciación das activades económicas que favorezan o desenvolvemento equilibrado das empresas, a promoción da creación de empresas, o favorecemento da modernización e innovación tecnolóxica e organizativa das empresas, o fomento da relación científica e tecnolóxica entre as universidades e as empresas, a promoción das actividades creadoras de emprego e o favorecemento das exportacións e acordos con empresas estranxeiras....
-
-
Relativo ou pertencente aos megapódidos.
-
Ave da familia dos megapódidos.
-
Familia de aves da orde dos craciformes, de 50 a 70 cm, que ten as patas, os dedos e as uñas grandes e fortes e que é a única familia de paxaros que non incuban os ovos e os pitos coa calor do corpo. Fan a posta no interior de moreas de materia vexetal en descomposición ou sotérrana na area da praia. Os pitos poden voar ás 24 horas de saír do ovo. Os xéneros máis importantes son Alectura, Leipoa e Megapodius. Viven en Indonesia, Melanesia, Australia e Polinesia.
-