"Gaspar" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 55.

  • PERSOEIRO

    Quinto conde de Monterrei, tamén coñecido como Gaspar de Zúñiga Acevedo Fonseca. Casou con Inés de Velasco e Aragón, filla do duque de Frías. Foi Vicerrei e Capitán Xeneral de México e Perú. Destacou no eido militar e político e foi amigo persoal de Filipe II e Filipe III. Comandou a tropa que loitou contra os independentistas portugueses trala anexión de Portugal á coroa de Filipe II e a que se enfrontou aos piratas ingleses de Francis Drake ao atacaren A Coruña no 1589 trala derrota da Armada Invencible. Nesta loita, axudado por Fernando Ruíz de Castro, conde de Lemos, e López de Moscoso Osorio, conde de Altamira, conseguiu forzar os ingleses a erguer o sitio da cidade. Ocupou os cargos de Vicerrei de Nova España (1595-1603) e Perú (1603-1604), impulsando a exploración de novas terras. En homenaxe á súa defensa dos intereses indíxenas, déronlle o seu nome e o do seu condado á cidade de Monterrei. Morreu en 1606 no Perú, na extrema indixencia tras investir as súas cuantiosoas rendas en...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor castelán. Estivo en Sevilla entre os anos 1556 e 1602. Acadou un gran prestixio e na súa obra, perdida na súa maioría, seguiu o manierismo propio do Renacemento avanzado. Son obras súas o San Sebastián de Marchena (1575) e a Virxe de Trebujena (1579). Traballou tamén no retablo de Santa María, na igrexa de Arcos de la Frontera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e autor dramático en castelán e, ocasionalmente, en catalán. Autor de comedias dramáticas de cariz psicolóxico: La suerte sin esperanza, La gitana melancólica, El mercader amante, Los amantes de Cartago, as Rimas humanas y divinas conteñen a parte máis importante da súa produción lírica (La fábula de Endimión y la Luna).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de obras. Chegou a Galicia en 1571. Representa, xunto con Mateo López, a ponte entre as caducas tendencias renacentistas (as súas primeiras obras son goticistas e as seguintes renacentistas) e as novas ideas que farían triunfar o purismo en Compostela. En 1571 construíu o primeiro corpo da Torre das Campás da Catedral de Lugo, obra aínda goticista que leva como único ornamento a balaustrada. Seguiu coa Torre das Campás e coas obras da igrexa luguesa de Santo Andrés de Castro. Dirixiu as obras de edificación do hospital de San Roque de Santiago e construíu a capela de San Xacinto, na igrexa conventual de San Domingos de Bonaval.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de obras. En 1600 realizou, xunto con Melchor López, Baltasar Fernández, Juan Díaz e Baltasar González, a obra de construción das paredes exteriores do mosteiro de San Paio de Antealtares, de acordo coa traza de Mateo López.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico italiano, profesor en Pavía e autor de estudios básicos sobre o sistema linfático. Descubriu os vasos quilíferos en 1622.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xesuíta, profesor de Humanidades e Filosofía Moral. É autor de obras de marcado carácter teolóxico como Institución y guía de la juventud (1593), Del estado religioso (1593), Del estado de las viudas y doncellas (1597) ou Del gobierno de la familia (1598). A súa obra máis célebre, Doctrina cristiana, imprimiuse por primeira vez en 1597, acadando máis de 600 edicións (con pequenas variantes no título e no contido) e traducións no transcurso do tempo; en Galicia apareceron varias edicións deste Catecismo en diferentes vilas (Viveiro, Ourense ou Santiago de Compostela). O Astete foi utilizado como cartilla para a aprendizaxe da doutrina cristiá e tamén como libro de lectura nas escolas, aínda que esta non era a súa finalidade. A vixencia desta obra mantense tal e como evidencian as edicións dos últimos anos e o libro titulado Tesoro del catequista: el “Astete” explicado, puesto al día y en todo confirmado (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Naturalista suízo. Profesor de Botánica e de Anatomía, pode ser considerado un precursor de Linneo, xa que no seu Prodomus theatri botanici (1623) elaborou unha clasificación das plantas, designadas con dous nomes (xenérico e específico), baseada nas súas afinidades naturais. Como anatomista creou unha nomenclatura dos músculos moi empregada. Escribiu tamén Phytopinax (1596).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor e pintor manierista. Estudiou en Roma, onde foi axudante de Vasari na Chancelería. Á súa volta a España, traballou xunto a Juan Español no cadeirado da Catedral de Santiago e esculpiu o retablo maior da catedral de Astorga, a súa obra máis importante como escultor. En 1562 entrou ao servizo de Filipe II como pintor de Corte e comezou a decoración dos palacios reais de Madrid e do Pardo. O seu coñecemento das tendencias italianas do seu momento, proporcionáronlle unha gran reputación entre os seus contemporáneos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Constructor italiano de violíns, tamén chamado Gasparo de Saló. Instalou o seu obradoiro en Brescia. Está considerado un dos creadores da forma actual do instrumento. Deste creador son famosas, sobre todo, as violas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e diplomático, conde de Peñaranda. Dende 1648 foi conselleiro de estado. Entre 1664 e 1674 ocupou a presidencia do Consello de Indias, foi vicerrei de Nápoles entre 1659 e 1664, e presidente do Consello de Italia entre 1674 e 1676. Actou como plenipotenciario nas negociacións de Westfalia (1645-1648) e contribuíu á Paz de Münster en 1648. Foi conselleiro de política exterior da Raíña Mariana de Austria aínda que a súa influencia na corte diminuíu ante a presenza do xesuíta Nithard. Ante a presión francesa nos Países Baixos (1672) fixo entrar a España na grande alianza ofensiva da Haia (1673).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Violoncellista e compositor. Discípulo de Pau Casals, como concertista acadou renome internacional. Foi profesor da Academia Chigiana de Siena e, desde 1958, da Staatliche Hochschule für Musik de Colonia. A súa obra comprende pezas para violoncello, piano, orquestra, guitarra e cuartetos. Dende 1969 celébrase o Concurso Internacional de Violoncello Gaspar Cassadó, instituído polo Ente Autonomo do Teatro Comunale de Florencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Vicerrei de Nueva España (1688-1696) e conde de Galve, fillo do cuarto duque de Pastrana e de Catalina de Mendoza, duquesa do Infantado. Durante o seu goberno enfrontouse aos ataques franceses en Texas (1690) e na illa de La Española (1692), sufocou con dureza unha rebelión da poboación indíxena na cidade de México motivada pola fame e pacificou Nuevo México en 1692. Antes de cesar nas súas funcións, fortificou a baía de Pensacola, en Florida, coa creación do núcleo da actual cidade no 1696. Posteriormente, volveu a España e morreu ao ano seguinte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Revolucionario francés. En 1792 chegou a ser procurador síndico da comuna de París. Loitou contra os xirondinos e os católicos. Organizou a primeira cerimonia de culto á deusa Razón en Notre-Dame e fixo pechar as igrexas de París. Á caída dos hebertistas, foi xulgado e executado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e almirante francés. Apresado cando combatía na Batalla de San Quintín, durante o seu cativerio converteuse ao protestantismo (1558) e, co tempo, chegou a dirixir os hugonotes. De acordo co Rei Carlos IX preparou a ofensiva francesa en Flandres e concertou a unión de Enrique de Borbón (futuro Enrique IV) con Margarita de Valois. Foi unha das víctimas da matanza de protestantes da Noite de San Bertomeu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. Estudiou o problema da descrición dos movementos dende sistemas de referencia xiratorios e descubriu a aceleración complementaria que leva o seu nome. Contribuíu a establecer unha terminoloxía precisa para a mecánica, ao darlle unha significación clara a termos como traballo e forza viva. Publicou diversas obras, como Du calcul de l’effet des machines (Sobre o cálculo do efecto das máquinas, 1829) ou Traité de la mécanique des corps solides et du calcul de l’effet des machines (Tratado da mecánica dos corpos sólidos e do cálculo do efecto das máquinas, 1844).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador portugués. Residiu na India a maior parte da súa vida e a súa obra Lendas da India está considerada como a máis importante da historiografía ultramarina portuguesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor flamengo. Discípulo de Rubens en Bruxelas, en 1641 foi nomeado pintor dos Austrias. Compuxo un gran número de retratos para a corte. A súa pintura relixiosa, de debuxo coidado e de agradable cor, seguiu as normas da Contrarreforma. Entre as súas obras destaca A pesca milagrosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor de mimo francés. Comezou a traballar en París, no Boulevard du Crime e no Théâtre des Funambules, e fixo unha destacada recreación de Pierrot.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Segundo unha inscrición, foi un dos autores do retablo maior da colexiata de Xunqueira de Ambía, no que empregou columna de balaústres, xunto co escultor flamengo Juanín, identificado por algúns historiadores con Cornielles de Holanda, e co pintor Pedro Bello.

    VER O DETALLE DO TERMO