"Guadalupe" (Contén)
Mostrando 11 resultados de 11.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sofía Guadalupe Pérez de Eguía Casanova.
-
ILLAS
Illa das Pequenas Antillas, que constitúe un departamento francés de ultramar xunto coas pequenas illas veciñas (1.703 km2; 426.000 h [estim 2000]). A capital é Basse-Terre (12.410 h [1999]). A illa está dividida en dúas partes por un brazo de mar (Rivière Salée): a Basse-Terre, de formación volcánica, e a Grande-Terre, de terreos calcarios. Ten cultivos de cana de azucre, plátanos e industrias azucreiras e de destilación de ron. Descuberta por Colón (1493), foi ocupada polos franceses (1635) e explotada especialmente pola Compañía das Indias Occidentais, que implantou unha economía azucreira, do café e algodoeira, baseada na escravitude. En 1946 converteuse nun departamento de ultramar da República Francesa.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Cáceres, Extremadura, drenado polo río Guadalupejo, situado na vertente sueste da serra de Guadalupe (2.288 h [2001]). Ten agricultura (oliveiras), gandería (gando lanar) e industria (metalurxia, fabricación de mobles). Do seu patrimonio cultural destacan o mosteiro de Nuestra Señora de Guadalupe, as ermidas de Mirabel (s XV) e San Blas (s XV) e o Colexio de Infantes (s XVI), convertido en Parador Nacional.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de Nuevo León, México, situada 5 km ao L de Monterrey (670.162 h [2000]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo feminino que ten a súa orixe no topónimo árabe Wadi al-lub ‘río agochado’, ‘río do lobo’. Presenta o hipocorístico Lupe. Segundo unha lenda medieval, foi san Lucas o autor da imaxe da Virxe de Guadalupe de Extremadura; despois levaríase a Roma e chegaría a Sevilla como regalo do Papa Gregorio Magno a san Leandro. Coa invasión musulmana, uns cregos sevillanos fuxidos agocharon a talla na serra estremeña, xunto ao río Guadalupe. No s XIII atopouna un pastor chamado Gil Cordero. Posteriormente, a devoción pasou a México, onde se lle apareceu ao indio Juan Diego (1531) no cerro do Tepeyac. Deste xeito, naceu o cristianismo mexicano, e a Virxe de Guadalupe volveuse estandarte e guía das guerras de independencia e dos movementos revolucionarios. É unha virxe negra románica, labrada en madeira de cedro de finais do s XII, co Neno Xesús no colo. Nosa Señora de Guadalupe é patroa de Rianxo, onde se celebra o domingo seguinte ao 8 de setembro e de Codeseda (A Estrada)...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratado asinado o 2 de febreiro de 1848 que puxo fin á guerra entre EE UU e México. Trala invasión estadounidense de México, o goberno mexicano pactou a cesión de Texas, Nuevo México, a Alta California e parte do territorio de Tamaulipas a cambio dunha indemnización de 15 millóns de dólares.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mosteiro fundado en Guadalupe (Cáceres) onde, segundo a lenda, se apareceu a Virxe a un pastor. O primitivo santuario foi reformado por Afonso XI trala Batalla do Salado e en 1389 converteuse en mosteiro dos xerónimos. A igrexa vella é de estilo gótico mudéxar (s XV), a sancristía, o camarín e o retablo maior son do s XVIII e a igrexa nova é do s XVIII. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1879 e Patrimonio da Humanidade en 1983.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de disposicións ditadas por Fernando II de Aragón desde o mosteiro de Guadalupe en 1486 para resolver o conflito entre os pagesos de remença e os seus señores. A sentenza acabou cos malos usos a cambio da concesión dunha compensación económica para os señores.
-
SERRAS
Macizo montañoso (1.609 m) dos Montes de Toledo, na provincia de Cáceres, Extremadura.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Santuario mariano situado en Rianxo. Fundado en 1671 por Alonso Fernández Gastón sobre o antigo santuario de Nosa Señora da Cruz (1561), ten unha soa nave con tribuna superior de madeira e capela maior cuberta con bóveda de nervios e arco triunfal de medio punto. A fachada é barroca e nela destacan os adornos do lintel e o friso da porta, rematada con frontón triangular que acolle unha fornela coa imaxe da Virxe de Guadalupe. No muro consérvanse dous escudos coas armas dos Bastón e Ponte. A súa orixe atópase nunha imaxe da Virxe traída de Extremadura, obra do escultor rianxeiro frei Xosé de Santiago (1773), que se levou á ermida de San Xosé da Floresta. Tras a Guerra da Independencia, a ermida quedou en ruínas pero a imaxe da Virxe conservouse e trasladouse á capela na que se venera. No lugar celébrase a romaría da Virxe de Guadalupe en setembro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Miguel Fernández Félix.