"Hino" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 37.

  • PERSOEIRO

    Xeólogo e paleontólogo italo-arxentino. Descubriu unhas 6.000 especies fósiles, e organizou 35 subordes (1906). Erroneamente suxeriu que os mamíferos se esparexeron polo mundo dende a Arxentina, polo que foi criticado e desautorizado ata o final da súa vida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta italiano en dialecto romano. Influído por Carlo Porta, mantivo unha actitude voltariana e anticlerical. Deixou inéditos máis de 2.000 sonetos I Sonetti romaneschi (Os sonetos romences, 1886-1889), onde describe e satiriza os costumes e artificiosidades da vida romana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase a unha variedade de uva tinta e doce.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente aos capuchinos ou á súa orde.

      2. Membro dunha das diversas ordes inspiradas na regra dos franciscanos, que foi reformada por Matteo di Bassi ou da Bascio (1495-1552), freire menor observante.

      3. Orde inspirada na regra dos franciscanos que propugnaba o retorno ao primitivo espírito franciscano de pobreza integral e liberdade de prédica. Foi aprobada por Clemente VII en 1528, aínda que estivo baixo a xurisdición dos freires menores observantes ata 1619. A orde recibe o nome oficial de Ordo Fratum Minorum S. Francisci Cappucinorum e ten 16.000 relixiosos, repartidos en 60 provincias. O seu nome provén da indumentaria que adoptaron, un saial de cor parda, semellante ao dos franciscanos, aínda que rematado nunha capucha máis bicuda ca a deles.

    1. Mamífero primate das dimensións dun gato, co pelame de cor castaña e cos bordos da cara e do pescozo brancos. Viven en grupos nos bosques de América do Sur, desde Nicaragua ata o norte de Arxentina.

    2. Xogada de billar na que a bóla, ao tocar a dúas bandas en puntos moi próximos ao seu lugar de encontro, pasa polo centro da mesa.

    3. café.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao porco que se caracteriza por ter o fociño cara a arriba.

    2. porco.

    3. Expresión para chamar o porco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Adaptación dos temas chineses con intencións decorativas, moi habitual na arte europea, sobre todo no s XVIII. O gusto chinés introducírono as compañías de Indias orientais que traían os produtos a Europa. Reducíanse a unha recreación occidentalizada de formas, temas e motivos decorativos orixinariamente chinos, sobre todo no campo das artes menores, como a porcelana de Delft e a tapicería dos Gobelinos, segundo os debuxos de Boucherm. Tamén se amosou na arquitectura, na construción de xardíns ingleses e pagodes, como a do parque de Nymphenburg e outras construcións como a casa do té en Postdam (1754-1757), o pavillón de Drottningholm en Suecia (1763-1769), e a Palazzina a Favorita en Palermo (1799). No eido da pintura estes motivos empregounos Watteau na serie de Figures chinoises et tartares (Figuras chinesas e tártaras, 1710?) e Boucher no libro Livre des Chinois (Libro dos chineses), que recollía os decorados para o ballet de Noverre Les Fêtes Chinoises.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ento cálido e seco do SO que penetra pola vertente oriental das Montañas Rochosas en Alberta, Saskatchewan occidental e Montana.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Corte dos porcos.

    2. Lugar abrigado que serve de refuxio para os animais ou persoas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ubre da vaca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entrante da costa do sur de Cuba onde se produciu unha intervención militar dos EE UU o 17 de abril de 1961, encamiñada a derrocar o réxime de Fidel Castro. A operación aprobouna o Presidente Kennedy debido ao aumento da tensión entre EE UU e Cuba. A forza invasora, composta por mercenarios cubanos exiliados e coordinados pola Central Intelligence Agency (CIA), desembarcou en Playa Girón e Playa Larga (Cuba), coa pretensión de establecer unha base na que resistir e proclamar un goberno rebelde que pedise oficialmente a axuda dos EE UU. A invasión non provocou o esperado levantamento popular contra Fidel Castro, contrariamente aos informes da CIA, e Kennedy negouse a proporcionar axuda aérea dos EE UU. Despois de tres días de loita e coa poboación cubana unida ao redor de Castro, a invasión foi sufocada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Castrato soprano italiano. Caracterizado por unha voz aguda, dende 1730 interpretou papeis operísticos de Händel, Hasse e Leo. Realizou numerosas actuacións en Londres, Lisboa e Madrid, e en diversas cidades italianas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación gratuíta en galego que apareceu o 1 de xaneiro de 1992 en Bilbao. De periodicidade irregular, subtitulouse como “Voceiro da Casa de Galicia en Bilbao”. Dirixida por Pedro López Martín, colaboraron, entre outros, Pepe Casal, Manolo Barreiro, Mª Ángeles Alonso, Ana Isabel Castro, Guillermo Vázquez, Juanjo Braña e Begoña López. O seu obxectivo principal foi dar a coñecer as actividades do centro na cidade, ao longo de seccións como “Iste, ise”. Inclúe ademais diversas fotografías da Casa de Galicia, de actos institucionais e algún debuxo humorístico. É a continuación de O Noso Afán, Cultura, O Curruncho, Follas Novas e da Revista de la Casa de Galicia, publicacións editadas na mesma cidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Domenico Zamperi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbáceas, da familia das poáceas, ao que pertence a millá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes ao que pertence a quenlla de cravos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIA

    Praia protexida como Espazo Natural situada no concello de Cambados.

    CARACTERÍSTICAS XERAIS LONXITUDE PRAIA: 150 metros ANCHURA MEDIA: 1 metros GRAO OCUPACIÓN: Baixo GRAO URBANIZACIÓN: Aillada PASEO MARÍTIMO: Non
    TIPO DE PRAIA COMPOSICIÓN: Area TIPO AREA: Branca CONDICIÓNS BAÑO: Augas tranquilas ZONA DE FONDEO: Non NUDISTA: Non
    ASPECTOS MEDIOAMBIENTAIS PRESENZA VEXETACIÓN: Si ZONA PROTEXIDA: Si Tipo: Espazo Natural/Prop. Red Natura 2000 BANDEIRA AZUL: Non
    SEGURIDADE EQUIPO DE VIXILANCIA: Non SINALIZACIÓN DE PERIGO: Non POLICÍA LOCAL: Non POSTO CRUZ VERMELLA: Non EQUIPO SALVAMENTO: Non
    HOSPITAL MÁIS PRETO NOME: Hospital do Salnés DIRECCIÓN: Estromil-Ande-Rubianes. Vilagarcía de Arousa TELÉFONO:...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do ken de Aomori, illa de Honshū, Xapón (242.979 h [1997]). Situada ao N da illa, no Océano Pacífico, é un dos principais portos pesqueiros de Xapón e un gran centro industrial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da área metropolitana de Toquio, Xapón, que forma parte da rexión industrial de Keihin (166.770 h [1997]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Huelva, Andalucía, situado nas marismas do Guadalquivir (3.604 h [2001]). A súa economía baséase nos recursos agropecuarios e forestais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Córdoba, Andalucía (7.813 h [2001]). Cultívanse cereais, vide, froiteiras e algodón.

    VER O DETALLE DO TERMO