"ILG" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 29.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción nobre situada en Santa María de Donramiro (Lalín). Foi edificada no s XVI e reformouse no XVIII. Ten planta rectangular e dous pisos. A solaina cuberta eríxese sobre piares e percorre o lateral do edificio; accédese a ela por medio dunha escaleira exterior. A portada principal está formada por un arco de medio punto e conserva un brasón que alude ás familias Suárez de Deza, López de Lemos e Salgado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
fental.
-
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Palas de Rei baixo a advocación de san Tomé.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que trae por armas, en campo de azul, unha aspa de ouro.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fundación sen ánimo de lucro, con sede en Pontevedra, que se constituíu o 24 de decembro de 1983. Entre os seus obxectivos incluíronse a estimulación e o favorecemento da cultura e os seus valores tradicionais dentro do espírito do humanismo cristián.
-
GALICIA
Historiador, político, escritor e profesor. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1927), en Filosofía e Letras pola Universidad de Zaragoza (1927) e doutor en Historia pola Universidad de Madrid (1936), foi profesor de ensino secundario nos institutos de Pontevedra, Balmes de Barcelona e Lugo, para finalmente exercer como director do Instituto de Bacharelato de Pontevedra. No eido da cultura, nas décadas dos anos vinte e trinta, destacou por ser un dos fundadores do Seminario de Estudos Galegos (1921), onde dirixiu a sección de Historia da Literatura (1922-1936); así mesmo, foi patrón fundador do Museo de Pontevedra (1927), do que foi secretario (1927-1942), xefe da oficina do Patronato Nacional de Turismo (1927-1934), vogal das comisións de monumentos de Lugo (1935) e de Pontevedra (1940) e vogal do Servicio de Defensa e Recuperación do Patrimonio Artístico (1938). Foi director do Museo de Pontevedra (1942), posto que ocupou ata a súa morte, membro da Comisión...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Situada sobre o río Miño en Filgueira (Crecente). Trátase dunha ponte do s XIX, con sete vans, un deles metálico, con arcos de medio punto. Pertence á estrada que une Xinzo de Limia e A Cañiza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que trae por armas, en campo de prata, un menguante axadrezado de prata e sable, acompañado de tres flores de lis de azul e, na punta do escudo, unha faixa axadrezada, tamén de prata e sable.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Donramiro (Silleda). Ten planta rectangular, con gardapós e vans rectangulares en tres das súas fachadas, e dous pisos. Conserva unha galería con escaleira frontal no centro. Na fachada principal destaca a porta de arco de medio punto con escudos dos Suárez de Deza e Salgado.
-
GALICIA
Fotógrafa. Licenciouse en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela. Expuxo individualmente na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela (1993) e, colectivamente, en Fotógrafos Galegos, en Viana do Castelo (1991), Novos Valores de Pontevedra (1991 e 1993), no Círculo de Bellas Artes de Madrid (1993) e na II e III Bienal de Artistas Galegas de Vigo (1990 e 1994). Obtivo o segundo premio no certame “Vigo: arquitectura y espacios urbanos” (1989) e o primeiro premio na campaña “Somos diferentes-somos iguais”, organizada pola Xunta de Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Composición épica mesopotámica, contida en doce táboas. Coñecida a través dunha recensión asiria (s VIII a C), conta a historia de Gilgameš (s XXVII a C), rei lendario de Uruk (Babilonia). Empeza cunha introdución de tipo histórico e desenvólvese en catro episodios; no terceiro deles, o heroe, aterrorizado pola morte do seu amigo Enkidu, inicia a busca da immortalidade, que finalmente perderá.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instituto da Lingua Galega.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Froito en balaustia da milgrandeira, esférico e algo deprimido, coa cuberta dura e grosa, de cor vermella ou amarelada que está constituído por numerosas sementes zumarentas, separadas por tabiques membranosos. É comestible e presenta un sabor agridoce.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Árbore ou arbusto caducifolio, de entre 2-6 m de altura, de cor parda agrisada que presenta a codia escamosa e as ramas espiñentas. As follas son simples, opostas, oblongas ou oval-lanceoladas, algo coriáceas e de cor verde e as flores son de gran tamaño e de cor vermella ou branca con forma de campá, solitarias ou reunidas en grupos. Florece entre maio e xullo e o froito, a milgranda, madura entre setembro ou outubro. É orixinaria da zona que vai desde os Balcáns ata o Himalaia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
monoglicérido.
-
GALICIA
Judoka. Baixo a dirección técnica de Bernardo Romay, foi dúas veces campión de España (1993 e 1995), participou en dous campionatos do mundo (1993 e 1995) e nos Xogos Olímpicos de Atlanta (1996). Despois de deixar a competición, converteuse en seleccionador galego junior e absoluto masculino.
VER O DETALLE DO TERMO