"INTA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 124.

  • Dise das aves ou outros animais que presentan pintas ou manchas de distintas cores.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Non sintáctico, que carece de sintaxe.

    2. Compostos que teñen unha forma que é distinta á de calquera combinación libre de palabras viable dentro da lingua, seguindo a liña de Bloomfield.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante da técnica de gravar á augaforte. A prancha cóbrese cunha capa de resina que se pega mediante a calor. Así fórmanse uns grans inatacables pola acción do ácido. Hai que preservar con verniz as partes que quedan brancas e a parte posterior da prancha para evitar a acción do ácido, así como aquelas partes que xa foron suficientemente atacadas. Desta maneira obtense unha gama variada de grises e negros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor e político, foi conselleiro de Cultura e Xuventude (1990-1993) durante o primeiro goberno presidido por Manuel Fraga Iribarne. Tras a súa etapa como docente, foi inspector de ensino e ostentou diferentes cargos relacionados coa educación e a formación cooperativa en Galicia. Así mesmo, desenvolveu outros cargos políticos, como delegado de Sanidade e Educación da Xunta de Galicia en Ourense e concelleiro popular en Ourense, parlamentario autonómico. O 7 de agosto de 2009 foi nomeado polo Consello da Xunta, membro do Consello Escolar de Galicia.
     

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa do arquipélago Riau, Indonesia, no mar de China meridional. Abrangue unha superficie de 1.024,5 km2. A súa capital é Tandjungpinang. Os seus principais recursos económicos son as minas de bauxita e de estaño, a explotación forestal e a pesca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia de Xunqueira de Ambía baixo a advocación de santa Mariña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa de baixa categoría laboral que traballa nunha oficina. Ex: O seu curmán só chegou a ser un vulgar chupatinta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tira de tecido longa e estreita feita con calquera fibra téxtil que se emprega en confeccións industriais, adornos, para atar ou outros usos.

    2. Tira longa e estreita de papel, ferro, coiro ou doutro material.

    3. Banda tinguida que en certas máquinas, como as de escribir e as de calcular, marca o relevo dos tipos enriba do papel por medio de presión.

    4. Dispositivo ríxido ou articulado en forma de tira que permite a unión dos cartuchos e facilita a alimentación de certas metralladoras.

    5. Película fotográfica ou cinematográfica.

    6. Conxunto formado por unha cinta magnética e a súa carcasa.

    7. cinta adhesiva

      Tira de papel, pano ou plástico que contén, sobre unha cara, unha capa dunha substancia adhesiva non solidificada.

    8. cinta de carda TÉXT

      Cada unha das tiras compostas por tres ou catro dobras de tecido forte, unidas con caucho ou unha cola especial, e que levan cravadas as púas de aceiro en forma de U e constitúen a gornición da carda.

    9. cinta de vídeo

      Cinta magnética, de medidas normalizadas, para rexistrar imaxes e son.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Banda de tecido cosida arredor da parte superior dos pantalóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cintas de ferro que van colocadas na roda do carro para protexela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Golpe dado co cinto. Ex: É un animal que lle dá cintazos aos fillos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Quitar ou levantar a pintura dunha cousa pintada.

    2. Cambiar ou alterar unha cousa, especialmente un suceso que se narra.

    3. Perder a pintura unha cousa pintada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. Escribiu artigos de carácter científico en publicacións especializadas, e textos literarios e de actualidade en diversos xornais. Publicou Fábula en tres escenas. El dolor de la guerra (1941) e Oración a Sevilla (1944).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á muller que está xestando.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de encintar.

    2. Acción e efecto de encintar.

    3. Fileira ou cinta de pedra que forma o bordo dunha beirarrúa ou dun andel.

    4. Cinta de lousa ou doutro material que se coloca nun pavimento para formar motivos decorativos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Engalanar ou reforzar unha cousa con cintas.

    2. Unir pedras, ladrillos ou outro material, deixando unha franxa de argamasa nas xuntas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Cantautor. Realizou estudios laborais en Zamora e Tarragona e de xornalismo en Barcelona. Musicou poemas de Martelo Paumán, Rosalía de Castro e Manuel Curros Enríquez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento para medir e determinar a magnitude de partículas alfa. Baséase na cuantificación das pequenas luces que provoca o choque das partículas contra unha pantalla fluorescente que posúe o aparato.

    VER O DETALLE DO TERMO