"Ibb" (Contén)

Mostrando 19 resultados de 19.

  • Sobrenome empregado pola familia de artistas italianos Galli.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor e arquitecto inglés. Estudiou en Roma e estableceuse en Londres. Introdutor en Inglaterra das formas do barroco italiano, en 1674 realizou os relevos que decoran a base do monumento que lembra o grande incendio de Londres de 1666. Entre as súas obras destacan A loucura e A melancolía (1675?), realizadas para a porta do antigo hospital Bedlam. Como arquitecto traballou con Christopher Wren na catedral de San Paulo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, dramaturgo e actor. Representou e readaptou a Shakespeare no Drury Lane de Londres e escribiu diversas comedias. É autor da comedia autobiográfica The Apology for the Life of Colley Cibber, Comedian (Apoloxía da vida do comediante Colley Cibber, 1740).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo holandés. Estudiou arte na Academia voor Beeldende en Bouwende Kunsten, Tilburg, onde tamén traballou como profesor. En 1967 trasladouse ao Reino Unido para estudar pintura e comezou a traballar no campo da fotografía. Coas súas imaxes conceptuais, ao igual que acontece nas súas obras pitóricas, procura deformar a xeometría dos obxectos; así mesmo, preocúpase polo fenómeno do movemento que tamén tenta plasmar nas súas creacións coa exposición de imaxes simultáneas. O seu recoñecemento internacional chegou cunha serie fotográfica realizada entre 1967 e 1969.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador británico. Formado en Oxford e en Lausanne, foi membro do exército e da Cámara dos Comúns (1774-1783). En contacto co enciclopedismo francés desde a súa estadía en Suíza, foi un dos máximos representantes da Ilustración inglesa. Como historiador sostivo a teoría do progreso constante da humanidade, aínda que admitía retrocesos transitorios. Criticou, ademais, duramente o cristianismo, ao que acusou de ser unha das causas da caída do Imperio Romano. Escribiu, entre outras, Essai sur l’étude de la littérature (1761), Critical Observations of the sixth book of the Aeneid (1770), aínda que a súa obra máis importante foi The History of the Decline and Fall of the Roman Empire (1776-1788).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lei estatística establecida en 1911, que ofrece a probabilidade wn que un corpo macroscópico calquera, considerado como unha parte relativamente pequena dun gran sistema illado, permanece nun estado de enerxía En.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Función termodinámica G definida pola ecuación G=U-TS+pV=H-TS (sendo U a enerxía interna, T a temperatura absoluta, S a entropía, p a presión, V o volume e H a entalpía. Coñecida tamén como entalpía libre, é unha función de estado do sistema considerado. Para un sistema en equilibrio, a función de Gibbs específica ten o mesmo valor para as fases líquida e gasosa. Unha consecuencia desta propiedade é a regra das fases ou de Gibbs.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fisicoquímico e matemático norteamericano. Foi nomeado profesor de física matemática en Yale. Os seus estudios versaron sobre termodinámica química (aplicación da primeira e da segunda no estudo do equilibrio de substancias heteroxéneas). Estableceu as bases teóricas da fisicoquímica e descubriu, xunto con Helmholtz, a ecuación que leva o seu nome, así como a regra das fases. En matemáticas contribuíu á análise vectorial e á teoría dos cuaternios. A súa obra principal é On the equilibrium of heterogeneous substances, na que senta os fundamentos da regra das bases.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ecuación que dá as condicións baixo as que, nun sistema formado polos compoñentes 1, 2, 3,..., m, se pode producir unha evolución reversible.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Ecuación que, para un sistema que evoluciona a presión e temperatura constantes, toma a forma

    FORMULA

    A sendo o traballo efectuado polo sistema descontado o traballo de expansión, H1e H2as entalpías inicial e final, respectivamente, p a presión e T a temperatura absoluta do sistema.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Iemen (6.430 km2; 1.665.054 h [1994]). A súa capital é Ibb (103.312 h [1995]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación non gobernamental fundada en 1953 en Zúric. Está formada por seccións pertencentes a máis de sesenta países, nas que se integran autores, ilustradores, tradutores, editores, xornalistas, mestres e bibliotecarios, interesados na edición e promoción do libro infantil. O seu secretariado e sede central están localizados en Basilea. Edita a revista Bookbird e outorga anualmente o Premio Hans Christian Andersen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comunidade colectivista do Estado de Israel. Os seus integrantes contribúen ao traballo segundo a súa capacidade e reciben a cambio alimento, vestido, vivenda, atención médica e servicios domésticos. O primeiro foi establecido en 1909 en Deganya, e desde a creación do Estado de Israel, constituíron un elemento importante da política de colonización dos territorios conquistados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico estadounidense. Colaborou no proxecto Manhattan no desenvolvemento da bomba atómica entre 1941 e 1945, e separou isótopos de uranio. Foi un dos creadores do método de datación de restos arqueolóxicos mediante o carbono radioactivo 14C (carbono 14), polo que recibiu o Premio Nobel de Química (1960).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador inglés da literatura. Logo de formarse no King’s College de Londres, en 1953 realizou unha tese de doutoramento sobre Bécquer. Profesor en diversas universidades británicas, especializouse en B. Pérez Galdós e publicou, entre outras obras, Niebla y soledad: aspectos de Unamuno y Machado (1971), History and Fition in Galdós’s Narratives (1993) e Conflits and conciliations: the evolution of Galdós’s Fortuna y Jacinta (1997).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político alemán. Foi conselleiro de asuntos exteriores de A. Hitler na chegada ao poder dos nazis (1933). Negociou o acordo británico-alemán que autorizou o rearmamento naval alemán (1935), e con Xapón o Pacto Antikomintern (1936). Foi ministro de Asuntos Exteriores (1938) e asinou o Pacto de Aceiro con Italia (1939), pero o seu maior éxito foi a sinatura do Pacto Xermano-soviético (1939). A súa importancia decaeu durante a Segunda Guerra Mudial. Xulgado como criminal de guerra no Proceso de Nuremberg, foi condenado a morrer na forca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Familia xudía de científicos e tradutores. Encabezada por Y ĕ huda ibn Saul ibn Tibb ō n de Granada e instalada en Provenza, os seus mestres levaron a cabo un importante labor de tradución ao hebreo de obras escritas en árabe. Destacaron tamén Šĕ muel ibn Y ĕ huda ibn Tibb ō n , fillo do anterior, e o seu fillo Mo š é ibn Šĕ muel ibn Tibb ō n (Marsella 1240-1283). Outros membros da familia, e tamén tradutores, foron Ya’aqob ben Mahir ibn Tibbōn e Abba Mari al-Anatoli (1194 -1285), xenro de Šĕmuel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Londres 20.4.1796 - Wellington, Nova Zelanda 16.5.1862) Colonizador. En 1830 iniciou a colonización de Australia Meridional, que orientou cara á gandaría, e en 1837 a   de Nova Zelanda (1837).

    VER O DETALLE DO TERMO