"Iberia" (Contén)

Mostrando 19 resultados de 19.

  • Antiga rexión da Península Ibérica na que se asentaron os pobos celtiberos desde a segunda metade do I milenio a C. Comprendía dous bloques espaciais: o primeiro englobaba a conca central do río Ebro e as terras que avanzaban ata os límites de Aragón e Nafarroa, e tiña a súa fronteira norte no Pireneo axial e nos vales transversais, desde o de Salazar ata o alto Sobrarbe. O Sistema Ibérico serviu de límite e territorio de transición entre a depresión do Ebro e o segundo bloque constituído polas dúas mesetas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á rexión eurosiberiana.

    2. Rexión bioxeográfica do reino holártico que abrangue unha gran parte de Eurasia e que limita ao N coa rexión ártica e ao S coas rexións mediterránea, iranoturaniana e chinesa. O clima é húmido e de invernos fríos. A vexetación é de tendencia forestal: na parte setentrional o clímax é o bosque de coníferas; e na parte meridional, as árbores de folla caduca.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Nome que os gregos lle deron orixinalmente ao territorio dos iberos.

    2. Nome empregado como sinónimo de España ou da Península Ibérica.

    3. Antigo reino oriental de Xeorxia entre os ss IV e III a C.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa española de transportes aéreos fundada en 1927 co nome de Compañía Aérea de Transportes Iberia, con participación de capital alemán. En 1931 adoptou o nome de Líneas Aéreas Postales Españolas (LAPE) e desde 1940 o de Iberia. En 1943 foi traspasada ao INI. Fortemente deficitaria, para sanear e afrontar a crecente liberalización do tránsito aéreo, reestruturouse e en 1989 formou un grupo con diversas compañías filiais, entre as que figuraba Aviaco. En 1990 converteuse en accionista principal de diversas compañías latinoamericanas. A súa saída a Bolsa en 2001 culminou o proceso de privatización da compañía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado de África occidental que limita ao N con Guinea, ao L con Costa de Marfil, ao S e SO co Océano Atlántico e ao NO con Serra Leona (111.369 km2; 3.226.000 [estim 2001]). A capital é Monrovia.
    Xeografía física
    Constitúe un grande altiplano que descende irregularmente cara á costa. Distínguese a costa baixa e regular e unha área intermedia de baixos outeiros que se eleva cara a un altiplano interior que culmina nos montes Nimba (1.752 m alt). O clima é subecuatorial, moi húmido e caloroso. As precipitacións concéntranse de maio a outubro, e son máis abundantes na costa ca no interior. Está atravesada por numerosos ríos, con rápidos, que desembocan no Océano Atlántico. O país está cuberto de bosque ecuatorial, aínda que está en continuo retroceso pola acción do home, que o substitúe polas plantacións.
    Xeografía económica
    A economía baséase fundamentalmente na agricultura. Unha gran parte da poboación practica...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Liberia ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Liberia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao líber.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperatriz de Bizancio, filla do Rei Bagrat (ou Pancracio) IV e dunha princesa de Alania-Ossetia. Casou co Emperador Miguel VII Ducas (1065) e pasou a chamarse María. Despois da abdicación de Miguel VII, casou co Emperador Nicéforo III.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ARQUIPELAGOS

    Arquipélago do Océano Ártico, que separa os mares de Laptev e Siberia Oriental e forma parte de Iacutia. Formado polos arquipélagos de Anjou e de L’akhov e por outras illas, foi explorada en parte en 1770 por B. L’akhov. Está cuberto de tundra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á raza paleosiberiana, aos seus representantes ou ás súas linguas.

    2. Individuo da raza paleosiberiana.

    3. Raza do grupo xantodermo, de tamaño medio ou baixo, que se caracteriza por ter a pel moi clara, cabelos negros e ausencia de pregaduras palpebrais.

    4. Phylum de linguas que falan os paleosiberianos. Inclúe, entre outras, o chukchi, o kamchadal, o koriak, o aleutiano e o kerek.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión oriental de Rusia, que se estende tradicionalmente sobre toda a parte setentrional de Asia, desde os Urais ao Pacífico e desde o Océano Ártico ás planicies desérticas de Kazakhstán, Mongolia e Manchuria (10.000.000 km2; 30.000.000 h).
    Xeografía
    As principais rexións fisiográficas de Siberia son: a planicie de Siberia Occidental, a penechaira de Siberia Central, as montañas de Siberia Meridional (Altai, Sajan Occidental, Sajan Oriental, montañas de Tuva, Baikal e Transbaikal), o sistema orográfico do NL, as serras de Verkhojansk e o altiplano de Kolyma. O clima é cru e extremadamente continental. O solo conxélase en profundidade, e a capa conxelada perennemente ocupa máis de 6 millóns de km2. A maioría dos ríos, incluíndo os máis grandes e caudalosos (Obi, Irtyš, Ienisei e Lena) desembocan cara ao Océano Ártico. Os ríos navegables suman máis de 100.000 km. Os máis empregados para o transporte son o Obi, co Irtyš, o Ienisei, o Lena co...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte de Rusia asiática comprendida entre os Urais ao O e o Ienisei ao L (2.800.000 km2; 15.253.000 h [1985]). A parte máis grande é a chaira de Siberia Occidental, con zonas fisiográficas ben definidas, desde a tundra ao N, ata a estepa ao S. Ao SL álzanse as serras de Altai, Salair, Alatau e Kuzbass. A cidade principal é Novosibirsk.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da Rusia asiática comprendida entre o Ienisei ao O, e a divisoria hidrográfica do Pacífico ao L (7.200.000 km2; 9.750.000 h [1985]). Fisiograficamente divídese entre as chairas de tundra, a penechaira de Siberia Central (a parte máis extensa) e a zona montañosa do SL, Sajan, Zabajkal e Kolyma. A cidade principal é Krasnojarsk.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mar do Océano Ártico, situado entre as illas de Novosibirsk e Wrangel (936.000 km2). Nel desembocan os ríos Indigirka, Kolyma, Alazeja e Khroma. Os portos principais son Pevek, Tabor e Ambarčik.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Extremo N da gran chaira eurasiática de Tajmyr, comprendida entre os ríos Ienisei e Lena. Cunha lonxitude de 1.400 km por uns 600 de anchura, está formada por amplas depresións moi pantanosas. O clima é continental subártico e a vexetación de tundra ou bosque-tundra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou petencente a Siberia ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Siberia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do maoz Setentrional, Galilea, Israel (37.300 h [1997]). Situada na ribeira occidental do lago de Tiberíades, foi fundada por Herodes Antipas (26?) en honor de Tiberio. Prohibida aos xudeus -era impura polo feito de estar construída sobre un cemiterio-, estes non entraron ata despois da destrución de Xerusalén (70). Conquistada por árabes (637) e croatas (1099), Solimán I entregouna a J. Hannassi en 1566.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LAGOS

    Lago de Galilea, formado polo río Xordán, denominado tamén mar de Galilea ou lago de Xenesaret (144 km2). Situado a 250 m baixo o nivel do mar, na súa ribeira destacan as poboacións costeiras de Cafarnaum, Betsaida, Magdala e Tiberíades, que foron escenario de numerosos episodios da vida de Xesús.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que atravesa Siberia.

    2. ía férrea que atravesa Siberia. Forma unha ampla rede que une Moscova con Vladivostok (9.000 km), penetra en Corea onde chega ata Pusan pasando por Seúl, e tamén chega a China ao cruzar Mongolia, onde enlaza coa rede ferroviaria chinesa. Foi proxectado en 1850 e a súa construción comezou en 1891.

    VER O DETALLE DO TERMO