"Iglesias" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 90.

  • GALICIA

    Criouse en Soutolongo (Lalín) e fixou a súa residencia en Lugo, cidade na que desenvolve o seu labor profesional en tres actividades: como profesor de linguas clásicas, editor e músico. Na área docente, destaca así mesmo a súa faceta de preparador de numerosos mecanógrafos na Academia Alvarellos (fundada por el en Lugo en 1961) trala publicación dun sistema de aprendizaxe, da súa autoría, que o Ministerio de Educación y Ciencia recoñeceu oficialmente en 1968. O seu labor de editor (Alvarellos Editora Técnica, Lugo, 1977) coñécese especialmente polas reedicións que, en facsímile, publica de obras do século XVIII (Obras Completas do Cura de Fruime, Obras Póstumas de Sarmiento, España Sagrada, Arquitectura de Vitrubio, etc) ademais de obras de fición, históricas ou ensaios, todos eles de temática galega, que saen do prelo da súa editorial. E. Alvarellos é autor de varios libros: a novela Botei Corenta Anos (1977), o poemario satírico-picaresco Cen Anacos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Bispo de Mondoñedo-Ferrol de tendencia galeguista. No Seminario e Universidade Pontificia de Comillas licenciouse en Filosofía (1941) e Teoloxía (1945). Perdeu un curso na carreira ao ser alistado no exército de Franco. Foi consagrado sacerdote en Comillas o 22.7.1945. Durante vinte e cinco anos exerceu o ministerio sacerdotal na cidade das Burgas. Colaborou no xornal La Región e en revistas relixiosas como Surge de Gasteiz e Resurrexit da Mutual do Clero de Madrid. O 6.9.1970 foi ordenado bispo na catedral de Ourense, no primeiro acto de ordenación celebrado en galego. O 13 do mesmo mes fixo a súa entrada solemne na Sé Episcopal de Mondoñedo e, sete anos máis tarde, na Concatedral de San Xiao de Ferrol.
    O seu maxisterio pastoral escrito xira ao redor da problemática de Galicia: migracións, mundo rural, paro obreiro, accidentes laborais, visita pastoral, e outras...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Deseñadora en esmalte e coordinadora das mostras de esmaltes internacionais. A súa obra está exposta en museos de Barcelona, Salou, Letonia, Lituania e Moscova. Realizou exposicións en Toquio, Alemaña, Francia (Limoges) e Porto Rico, entre outros países. Gañou o Chairman Amare do Royal National Museum of Veno (Toquio) e o premio da Bienal Internacional de Arte do Esmalte de Salou.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Filólogo, funcionario da Xunta de Galicia. Publicou, en colaboración con Xosé Luís Veiga un Manual básico de xadrez (1989), o primeiro manual sobre xadrez (estratexias, técnicas actuais, etc) en lingua galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Á idade de 8 anos comezou os seus estudios musicais en El Espino (Burgos). En 1951 ingresou na Congregación de PP Redentoristas, dando comezo á súa actividade como compositor de música coral, xénero que chegou a abarcar máis da metade da súa extensa obra, que aglutinou uns 500 títulos. A partir de 1978 intensificou a súa actividade musical: compuxo música para órgano, piano, orquestra de cámara e sinfónica, música para nenos, e harmonizou innumerables melodías galegas e non galegas, como a célebre Alfonsina y el mar, entre outras. Impartiu Formas Musicais, Harmonía e Conxunto Coral no conservatorio de León e dirixiu a Capilla Clásica de León (1972-1987), coa que chegou a dar uns 200 concertos. Entre as súas composicións destacan: Campanas de Bastabales (1954), Diálogos (1972), Canticum (1974), Retablo (1976) e Cantos de noche alta (1982). Recibiu numerosos premios, entre os que cómpre destacar o Premio Nacional de Composición...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cóengo e historiador de Arte. Escribiu Guía de la archidiócesis de Santiago de Compostela (1965) e Santa María la Real de Conxo (1992); así mesmo, colaborou na realización de varias exposicións, entre as que destaca: Galicia no tempo (1991). Entre outros cargos que desempeñou foi presidente da comisión de cultura e arte do cabido, e director do museo catedralicio. É membro da Real Academia Galega de Belas Artes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre. Realizou estudos de Filosofía e Letras. Cultivou a literatura de tipo costumista. Recreou temas populares da cultura galega tratados con humor. Publicou as seguintes obras: Andanzas de Xan Cativo (1972), Viaxeiro da risa (1973), Os ovos da pita choca (1975), Os cabalos da troula (1992) e O rato de frei Corchea (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actriz e profesora. Licenciada en Xeografía e Historia, dá clases de Humanística no Instituto Politécnico de Pontevedra.   Dende 1970 interveu en diversas montaxes de grupos de teatro afeccionado de Santiago de Compostela. En 1984 codirixiu con Daniel Domínguez a curtametraxe O segredo; tamén realizou varios traballos sobre plástica contemporánea en soporte vídeo. En 1989 debutou como actriz cinematográfica dando vida a Xonxa, a protagonista da primeira longametraxe do director Chano Piñeiro, Sempre Xonxa. Nos últimos anos compaxinou a súa faceta de actriz coa de presentadora de programas na TVG, como DeZine, espazo dedicado a analizar as últimas producións cinematográficas. Entre a súa filmografía destacan: Huídos (1992), Hermana pero qué has hecho? (1995), A lingua das bolboretas (1999) e Terra do Fogo (1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Estudiou Peritaxe Mercantil na Escola de Comercio da Coruña, estudios que compaxinou coas clases que impartía no colexio dos Villares en Ourense. Recibiu tamén clases de debuxo no Círculo Católico e de solfexo na Academia da Banda Municipal. Na súa mocidade colaborou coa Coral Ruada e co Orfeón Unión Orensana. Presentouse ás oposicións de auxiliares de Contabilidade do ministerio de Facenda, para as que acadou o número un en 1924. Foi destinado á delegación de Facenda en Ourense, onde permaneceu catro anos. Tras aprobar a oposición a xefe de Contabilidade foi destinado en 1928 a Pontevedra. Rexeitou a proposta do ministro de Facenda, José Calvo Sotelo, de formar parte do comité de intervención de cambios. En Pontevedra, entrou en contacto con Castelao e Losada Diéguez e participou nas tertulias do café Méndez Núñez. Da man de Castelao entrou a formar parte da Coral Polifónica, onde coñeceu a Amalia Álvarez Gallego, con quen casou o 20 de outubro de 1930. Ese mesmo ano, foi invitado...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor. A comezos da década dos setenta iniciou a súa actividade participando nos espectáculos do Grupo Cope. Logo colaborou con Máscara 17 en O xeneraliño (1979) e na apertura da Sala Carral. Coa Compañía Teatro Keyzán participou nos espectáculos Farsas (1974), A raposa e as uvas (1985) e Loucura de humor (1986). En 1991 formou parte do elenco do espectáculo Así é, se vos parece, producido e realizado polo Centro Dramático Galego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado. Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse na Universidad Complutense de Madrid. Dende 1970 desenvolveu a súa actividade profesional en RTVE como asesor legal. Foi representante de RTVE na comisión xurídica da Unión Europea de Radiodifusión y Televisión, vogal do consello de administración e, no período 1982-1986, director xeral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e profesor. Catedrático de Lengua e Literatura Española, comezou os seus estudios na Universidade de Santiago de Compostela e rematounos na Universidad Complutense de Madrid, onde se licenciou en Filosofía e en Literatura Hispánica. Foi director, xunto con Manuel Crespillo, da colección de ensaio Hybris. Colaborou en numerosas publicacións como Ínsula, Cuadernos Hispanoamericanos, Cuadernos del Norte e Anales de la Literatura Hispanoamericana. Publicou diversos traballos de investigación como Estruturas novelísticas y poder personal en Hispanoamérica (1984), La novela del ditador en Hispanoamérica (1985), Poeta en Nueva York como mentira metonímica (1986), Historia, ideología y mito en la narrativa hispanoamericana contemporánea (1987), El Grupo Cántico de Córdoba (1987), e os relatos Teoría del fracaso (1986) e Del cero y sus múltiplos (1987).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Formouse na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo de Santiago de Compostela. Entre os monumentos públicos que realizou na Coruña destacan os dedicados a Wenceslao Fernández Florez, Casares Quiroga, María Pita e aos Surfistas. Entre os premios que recibiu cómpre destacar o primeiro premio de escultura Cidade da Coruña (1980) e o premio Tomás Francisco Prieto (1985).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Docente e político. Estudiou na Universidade de Oxford e foi profesor de francés e inglés no colexio de primeiro e segundo ensino San Tomé de Aquino de Vigo, dirixido naquel momento por Telmo Rotea Osorno. Foi vogal da xunta local de primeiro ensino e presidente do Casino de Vigo e, posteriormente, alcalde de Vigo no trienio 1881-1884. Pertenceu ao partido fusionista de Eduardo Iglesias. Distinguiuse polo seu apoiou ás escolas públicas. Mantivo contactos coa Institución Libre de Enseñanza (ILE) e no verán de 1883 recibiu en Vigo a visita de F. Giner de lo Ríos e M. Bartolomé Cossío. Dende a ILE mandáronse bosquexos para a construción de grupos escolares e de escolas elementais. Durante o seu mandato, ademais doutras obras como a Alameda e o cárcere novo, rematáronse as obras das escolas do Centro e impulsáronse as do Areal. Ao deixar a alcaldía (1884) intentou crear un centro na cidade olívica, seguindo as orientacións institucionistas, polo que mantivo correspondencia epistolar con Giner.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Publicou a peza teatral O bufón. Alienación en dous anacos de sono (1979) e a obra De vivir (Noiturnio de pub. Caledonia. Santuarium) (1980), que recolle textos en verso e prosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor, investigador e director de audiovisuais. Diplomado en Maxisterio e licenciado en Ciencias da Educación. Traballou no eido educativo como técnico en planificación educativa e dende 1972 dedicouse aos estudios históricos e sociolóxicos. Recibiu unha bolsa da Universidad de Madrid e outra do Instituto Nacional de Perspectiva y Desarrollo Económico. As súas investigacións centráronse no estudo da sociedade galega, do agrarismo e dos poderes locais. Colaborou, entre outras publicacións, en A Nosa Terra, Boletín da Real Academia Galega, Estudios de Historia Social, Triunfo, Tiempo de Historia e La Voz de Galicia. No eido audiovisual, dirixiu, produciu e escribiu o guión dos vídeos Republicanismo histórico coruñés: 1868-1936 (2001?) e Triunfo y tragedia de los Casares: de La Coruña al escenario universal (2001?). Entre as súas obras destacan Agrarios del minifundio: la prensa agraria, 1900-1912 (1975), Agrarismo...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Artista plástica e ilustradora. Comezou a súa actividade artística no eido da ilustración e da pintura e, dende 1987, cultivou, entre outras artes, a escultura, a escenografía e a realización de decorados teatrais. Realizou carteis e logotipos e ilustrou, entre outros, Xiganos e Anantes (1991), de J. Mª Pina, Contos para rapaces Pillabáns (1992), de J. Prevert, e Galicia Solidaridade (1995).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador da arte. Licenciado en Xeografía e Historia (1973) e licenciado (1974) e doutor en Historia da Arte (1979) coa tese La pintura en Galicia durante la Edad Moderna: el siglo XVI, pola que recibiu en 1980 o Premio Extraordinario e o Premio da Deputacion de Pontevedra. Catedrático de Historia da Arte Moderna e Contemporánea dende 1986. Foi bolseiro da Accademia de Belle Arti de Roma e do Instituto de Investigaciones Estéticas de México. Foi director do Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais (IGAEM, 1993-1997) e dende 1996 é vicepresidente do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC). As súas investigacións centráronse na arte galega. En 1974 comezaron os seus estudios sobre a pintura galega, especialmente a do Renacemento, entre os que destacan El pintor de Banga (1984), La pintura manierista en Galicia (1986) e Pinturas murais de Galicia (1989). Entre 1984 e 1990 a principal liña de investigación foi o Barroco. Froito destas investigacións...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista. Presidente da Asociación Cultural Montecelo, é vogal da Xunta Electoral de Galicia. Foi autor de Citación y comparecencia en el procedimiento formulario romano (1982) e un dos editores de Textos de derecho romano (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Director xeral do gabinete de comunicación da ONCE. Foi director dos servicios informativos de Radio Miramar, fundador de Radio Minuto, director da revista Nova Cultura, delegado de OTR/Press en Catalunya, director xeral de Ondas Galicia e director de estudios de Onda Cero, de Radio España en Barcelona e de Onda Cero en Catalunya, ademais de director de expansión de Onda Cero. Foi galardoado co Master de Oro da comunicación.

    VER O DETALLE DO TERMO