"Ilex" (Contén)

Mostrando 13 resultados de 13.

  • Lentitude anormal na expresión falada non atribuída a un retardo mental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colección de pezas musicais ou literarias selectas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas da familia das aquifoliáceas, entre as que se atopa o acivro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non se pode ler.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de ilexitimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que non é lexítimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rocha compacta de fractura concoidal con manchas grises, avermelladas ou verdosas. Consta esencialmente de feldespato e cuarzo e a miúdo contén magnetita, olixisto, apatita e hornblenda. Ás veces presenta un aspecto porfírico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de privilexiar.

    2. Que ou quen goza dun privilexio, dunha preferencia ou dunha vantaxe.

    3. Que é moi bo ou que destaca entre os da súa clase.

    4. Aplícase á persoa ou grupo social que gozaba de certas prerrogativas ou exencións tributarias no Antigo Réxime. Foi o caso dos membros do estamento militar e do patriciado urbano, que gozaban de privilexio nobiliario, ou os eclesiásticos, que gozaban de privilexio clerical e privilexio de foro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Conceder un privilexio.

    2. Liberar a alguén dunha carga ou concederlle unha exención ou prerrogativa que outros non teñen.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. antaxe exclusiva ou excepcional, exención dunha obriga, da que se goza por concesión dun superior ou por unha circunstancia propia.

    2. Disposición que emana do poder lexislativo, con forza de lei, en virtude da que se outorga a unha persoa ou a unha categoría de persoas un dereito especial ou un trato de favor, cun certo carácter de permanencia, distinto do que dá a lei común.

    3. Documento en que consta a concesión a perpetuidade dun privilexio. Normalmente chámase diploma cando o conceden os soberanos, a palabra adoita indicar os emanados da chancelaría papal (bula maior). As chancelarías reais expedíronos en pergamiño e denomináronse de formas diversas: precepto, privilexio rodado, privilexio real maior ou carta. Adoitaban ir incluídos en compilacións xerais ou particulares de vilas, xeralmente encadernados nun volume (libro de privilexios) e miniaturizados.

    4. Inmunidade persoal pola que toda persoa que deliberadamente e sen causa eximente cause unha ofensa grave e externa a un crego, incorrerá en excomuñón reservada ao papa. Recollido no código de dereito canónico, foi promulgado no canon catorce do Concilio II de Letrán (1179).

      1. Dereito que tiña o xuíz superior de instruír un preito pendente ou iniciado polo seu inferior.

      2. Dereito dalgunhas xurisdicións especiais para atraer a instrución dos preitos e as dilixencias que pertencen ao foro común.

    5. Privilexio en virtude do que ningún crego nin persoa asimilada podía ser xulgado por un tribunal secular, agás en casos de desaforo. De orixe romana, sancionaba aos que obrigaban aos cregos a presentarse ante un tribunal civil. En España foi recoñecido no Decreto-Lei de Unificación de Foros (1868) e no Concordato de 1953, aínda que posteriormente se aboliu.

    6. Dereito temporal de gozo exclusivo dun procedemento industrial implantado por primeira vez nun país.

    7. Dereito temporal de aproveitar exclusivamente unha produción ou un procedemento industrial non coñecido ou non usado ata entón.

    8. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. iolación ou profanación dunha persoa, cousa ou lugar sagrados. Ligado á mentalidade primitiva regulada polo tabú, e referido ao furto de obxectos sagrados dun santuario, o concepto foi ampliado a toda ultraxe contra a divindade e castigado coa pena capital como un atentado contra o estado e os seus deuses. O Antigo Testamento castigaba coa morte ao profanador do sábado. Pecado contra a virtude da relixión, no dereito canónico especifícanse tres variantes: persoal, contra as persoas consagradas a Deus; real, contra os obxectos sagrados; e local, contra lugares sagrados.

    2. Atentado contra algo que merece respecto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante criptocristalina do cuarzo. É unha calcedonia opaca que aparece en masas case sempre de cor branca, amarela clara, gris ou negra. A causa das súas características, como a abundancia, a dureza, a fractura concoidal ou as beiras afiadas e cortantes dos seus anacos, foi a primeira materia que se empregou para fabricar instrumentos líticos durante a Idade de Pedra.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción máxica de carácter maléfico, propio de bruxas e meigas.

    2. Influencia moi forte que se exerce sobre alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO