"Iros" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 271.
-
-
Afección, a miúdo subclínica, do tracto respiratorio e da conxuntiva, causada por algunha especie de adenovirus. O cadro clínico caracterízase por febre e farinxite, e ás veces tamén por conxuntivite, larinxite ou otite.
-
Afección xeralmente benigna de mamíferos e aves causada por adenovirus.
-
-
PERSOEIRO
Trobador probablemente portugués. Son case inexistentes os datos documentais que temos deste autor, quizais por pertencer a unha familia da pequena nobreza de escasa relevancia social. Non obstante , a súa presenza nun documento de 1290, nunha doazón de Martin Gil de Riba de Vizela ao mosteiro de San Vicente de Fora en Lisboa, permite un mínimo achegamento á súa reconstrución biográfica. Co estalo da Guerra Civil, entre os anos 1247-1253, exiliouse á Corte castelá de Fernando III, integrado no séquito de Gil Martins de Riba de Vizela, home de confianza do Rei deposto, Sancho II. Despois dunha probable participación nas campañas andaluzas, volveu a Portugal; entre os anos 1264-1275 e 1281-1285 frecuentou a Corte castelá de Afonso X, acompañando a Gil Martins e a Martin Gil, respectivamente. Atribúenselle catorce composicións: nove cantigas de amor, dúas cantigas de amigo, dous escarnios políticos e un escarnio persoal. Cinco das súas cantigas de amor constan dunha única cobra, polo que é...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción en forma de pazo erixida en Boiro no ano 1585 por Don Gómez Ares Mosquera, señor do couto de San Martiño de Abanqueiro. Sufriu unha reconstrución importante no s XIX polos seus novos donos, os marqueses de Bendaña.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Elegancia e garbo no andar, no vestir, no falar.
-
-
-
Elevado, exposto ao vento.
-
Onde hai moito aire, dise do tempo, dun lugar ou semellante.
-
-
Dise do que se desenvolve con elegancia e soltura.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga parroquia baixo a advocación de san Lourenzo, absorbida polo núcleo urbano de Lugo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
David Alfaro Siqueiros.
-
PERSOEIRO
Pintor e escritor. Foi un dos principais representantes das vangardas en Portugal. Estivo en contacto co grupo Orpheus. Escribiu algúns dos máis irreverentes manifestos futuristas e outros, conferencias e varios textos doutrinais: Manifesto Anti-Dantas (1915), A Cena de Ódio (1923), Direcção Única (1933), Elogio da Ingenuidade (1938), entre outros. Mantivo contactos con Sonia Delaunay e cos ballets rusos. Formou unha compañía de ballet e traballou en París como bailarín (1919). Fixo decoracións murais en Madrid e en Lisboa. Publicou A Engomadeira (1917), A Invenção do Dia Claro (1921) e Nome de Guerra (1938), así como obras de teatro, Antes de começar (1919), Deseja-se mulher (1928) e Pierrot e Arlequim (1924).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Situado na parroquia de Coruxo (Vigo), representa unha serie de varias coviñas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe orixinaria de Régoa, Cedeira preto do santuario de Santo Andrés de Teixido. As súas armas levan, en campo de ouro, unha tenda de campaña de goles cunha bandeira de prata na súa cima.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Infección causada por arbovirus, transmitida aos vertebrados polos artrópodos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Creada o 9 de febreiro do 1989, a súa sede social atópase en Melide. A xunta xestora que levou a cabo os trámites de legalización estaba dirixida por Ricardo Portela Bouzas. O primeiro presidente trala súa creación foi Xosé Vicente Ferreirós. Dende 1993 o presidente é Santiago Caneiro Aneiros. O seu obxectivo fundamental é traballar a prol da gaita e tratar de conseguir a súa dignificación, recuperación e divulgación como sinal de identidade de Galicia. Desenvolve anualmente un Festival Anual que se celebra en distintas cidades galegas: Santiago (1991), Lugo (1992 e 1999), Ourense (1993) e Vigo (1994). Como actividades realizou a exposición monográfica O Gaiteiro nas Artes, inaugurada en Ourense en 1993 con caráter permanente e no 1994 con carácter itinerante; e a Mostra de Feitores (Festival de Pardiñas-Guitiriz, 1994 e 1999), en colaboración coa Asociación Xermolos, na que se recolleu o traballo dos artesáns de instrumentos tradicionais galegos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización creada en 1983 na que participan a maior parte dos colectivos de teatro de obxectos de Galicia. Entre as múltiples actividades que desenvolveron destacan os diversos cursos e seminarios de formación, os Encontros de Titiriteiros, os Domingos de Furabolos ou o Festival Internacional de Títeres, coas edicións de Vigo e Santiago de Compostela. Pola súa presidencia pasaron Eduardo Rodríguez Cuña, de Tanxarina, e Fernanda Cabrera Varela, de Trécola, que conseguiron darlle á entidade un crecente protagonismo na realidade teatral galega. Esta asociación deixou de funcionar en 1991, trala constitución de UNIMA Galicia, sección galega da Unión Internacional da Marioneta na que se integran a maioría dos grupos.
-
ENSEADAS
Enseada do litoral atlántico da península do Barbanza, na parroquia de Corrubedo, concello de Ribeira, situada entre a punta do Corgo, ao N, e a punta Laxe da Ría, ao S.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arciprestado da diocese de Santiago de Compostela que abrangue todas as parroquias de Frades e Mesía (agás a de Bruma) e as de Borrifáns e Filgueira de Traba (concello de Cesuras), Barbeiros, Beán e Vilamaior (concello de Ordes) e Os Ánxeles, Calvente, Cardama, Marzoa, Pasarela e Senra (concello de Oroso).
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Barreiros baixo a advocación de san Cosme, onde se atopa a capital municipal, a vila de San Cosme.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Castroverde baixo a advocación de san Cosme.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca da Mariña Oriental situado na provincia de Lugo ao NL da comunidade autónoma de Galicia (43° 32’ de latitude N e 7° 14’ de lonxitude O). Limita ao O cos concellos de Foz e de Lourenzá (da Mariña Central), ao S co de Trabada, ao L co de Ribadeo (A Mariña Oriental) e ao N co Mar Cantábrico. Abrangue unha superficie de 72,42 km 2 cunha poboación de 3.246 h (2007), distribuídos nas parroquias de Cabarcos, Celeiro de Mariñaos, Reinante, San Cosme de Barreiros, San Miguel de Reinante, San Pedro de Benquerencia, San Xusto de Cabarcos e Vilamartín Pequeño. A capital municipal é a vila de San Cosme, na parroquia de Barreiros.Situada 160 km de Santiago de Compostela, 96 km de Lugo e 23 km de Mondoñedo, está adscrito ao partido xudicial de Mondoñedo e á diocese de Mondoñedo-Ferrol.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O territorio do concello de Barreiros encádrase no dominio climático oceánico húmido, caracterizado pola suavidade termopluviométrica, aínda que... -
PERSOEIRO
Empresario. Traballou co seu pai nunha liña de autobuses ata que creou unha empresa construtora (1946). Converteu os motores de gasolina en Diesel (1949) e dedicouse á fabricación de motores. Fundou en Madrid cos seus irmáns a Compañía Anónima de Bombas, Motor Nacional SA (MONASA) e Barreiros, SA (1956). Continou coa fabricación de motores e iniciou a de camións Barreiros e de tractores. En 1962 chegou a un acordo coa AEC e ampliou a súa produción para a fabricación de autobuses. Vendeu o 40% de Barreiros Diesel á Chrysler no ano 1964 e lanzou ao mercado o Dodge. En 1969 vendeu a súa participación e abandonou a presidencia. Dedicouse entón a negocios gandeiros (Explotaciones Puerto Vallhermosos SA), inmobiliarios, mineiros e financeiros (sociedade INBURSA). Con socios cubanos creou CIMISA, dedicada á fabricación de motores. En Cuba, onde foi asesor de Fidel Castro,...
VER O DETALLE DO TERMO