"Irving" (Contén)
Mostrando 11 resultados de 11.
-
PERSOEIRO
Crítico literario. Foi profesor de literatura francesa na Universidade de Harvard. Formulou as teorías neohumanistas da crítica literaria norteamericana de comezos do s XX. Entre as súas obras destacan The new Laokoön (O novo Laoconte, 1910) e Rousseau and Romanticism (Rousseau e o Romanticismo, 1919).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Crítico literario. Foi profesor de literatura francesa na Universidade de Harvard. Formulou as teorías neohumanistas da crítica literaria norteamericana de comezos do s XX. Entre as súas obras destacan The new Laokoön (O novo Laoconte, 1910) e Rousseau and Romanticism (Rousseau e o Romanticismo, 1919).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teórico de organización de empresas. Publicou The Functions of the Executive (As funcións do executivo, 1938), obra clásica no eido da socioloxía de empresa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nome co que é coñecido o compositor norteamericano de orixe rusa Israel Balin. Entre as súas obras, de temática popular pero de grande habilidade musical, hai moitas cancións, comedias musicais e composicións para obras de teatro e filmes como O sombreiro de copa (Top hat, 1935) e White Christmas (Nadais brancos, 1954).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista. Incorporou a aplicación matemática ás análises económicas e foi considerado un dos precursores da econometría. Na súa obra The Mathematical Investigations in the Theory of Value and Prices (1892) examinou a teoría monetaria desde a óptica marxinalista e introduciu os “números índices”, indicadores da evolución da moeda. Elaborou unha fórmula coñecida como a fórmula de Fisher ou ecuación de cambio da teoría cuantitativa, para explicar as relacións entre a oferta monetaria e a súa velocidade de circulación con respecto ao nivel de prezos.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade situada no estado de Texas, EE UU, na conurbación de Dallas (155.037 h [1990]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor e director inglés. Destacou na interpretación de diversos melodramas e na dos grandes personaxes de William Shakespeare como Hamlet, Iago, Shylock, Ricardo III ou Lear, facendo parella coa actriz Ellen Terry. Durante máis de vinte anos presentaron os seus traballos no Liceo de Londres, onde Irving tamén dirixiu espectáculos como Macbeth, Romeo e Xulieta ou O rei Lear. Preocupado pola posta en escena como creación integral, prestou especial importancia á renovación do deseño escenográfico e á iluminación.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Publicou A History of New York (1809), co pseudónimo de Dietrich Knickerbocker; e Conquest of Granada (1829), Companions of Columbus (1831), The Alhambra Tales (1832), a súa obra máis famosa, e Washington (1855-1859). Foi embaixador en Madrid (1842-1846).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico e físico estadounidense. Investigou a ionización dos gases e a emisión de electróns polos metais puros e no baleiro perfecto. Inventou a sonda que leva o seu nome, o pliotrón, o tiratrón, o soprete de hidróxeno e ideou o método de sembrar as nubes con ioduro potásico para provocar a chuvia. O seu máximo logro foi o desenvolvemento da teoría das películas monomoleculares na superficie dos sólidos e dos líquidos. Recibiu o Premio Nobel de Química (1932) polos seus avances na química das superficies.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo e lóxico matemático estadounidense. É coñecido polas súas contribucións no ámbito da lóxica modal e, especialmente, polo que respecta ao cálculo que el denomina da implicación estrita. Escribiu Mind and the World Order (1929).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Fotógrafo estadounidense. Formouse con Alexis Brodovich en Philadelphia e instalouse en Nova York, onde traballou para Harper’s Bazaar e Vogue e onde publicou a súa primeira portada en 1943. Recoñecido retratista de estudio, nos seus traballos a figura humana ocupa un lugar central. Combinou os retratos de encarga (Picasso ou Truman Capote) con series fotográficas en África, Nova Guinea ou Cuzco (1948) e, en 1953, abriu o seu propio estudo e especializouse nas series de obreiros e artesáns. Publicou Preserved: 8 Essay in Photographs and Words (1960).
VER O DETALLE DO TERMO