"Isidoro" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 20.

  • Isidoro Rodríguez Acevedo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeógrafo e político aragonés. Estudiou en Zaragoza e València, para trasladarse a Madrid no 1799 coa intención de ensinar Xeografía e Historia no Seminario de Nobres. A raíz da invasión napoleónica fuxiu a Sevilla (1809) e logo a Palma de Mallorca (1810-1813), onde exerceu como maxistrado da Audiencia e foi vogal das cortes pola Coroa de Aragón, contribuíndo ao desenvolvemento das ideas liberais en Mallorca. Publicou traballos como a Carta sobre la necesidad de asegurar con leyes eficaces la libertad del ciudadano contra los atropellos de la fuerza armada (1811) ou Noticias históricas de don Gaspar Melchor de Jovellanos (1812), xunto a obras de carácter xeográfico como Lecciones de geografía astronómica, natural y política (1804-1806). Máis tarde foi deputado nas Cortes de Cádiz. Morreu asasinado ao se proclamar o réxime absolutista en 1814.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Despois de abandonar a carreira eclesiástica, marchou a Madrid para ocupar un posto do ministerio da Gobernación e logo a Salamanca. Máis tarde emigraría a Cuba, onde colaborou nos xornais El Noticioso e Lucero para logo fundar El Diario de la Marina; tamén colaborou, entre outros, no Diario Español e Faro de Vigo. Publicou tamén a novela curta Ana Mir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Músico. Ingresou aos oito anos como neno de coro da basílica luguesa, onde recibiu as primeiras leccións de solfexo de mans do mestre de capela Francisco Reyero e do organista Francisco Mariano Mogrovejo. Por mor dunha trasnada perdeu o posto de neno do coro (infantiño). Abandonou a catedral e continuou estudiando música, entrando como frautista na Banda da Milicia Nacional. Viaxou a Madrid e ingresou no Real Conservatorio, onde foi discípulo de Pedro Albéniz (Piano), Antonio Aguado (Harmonía) e Ramón Carnicer (Composición). Simultaneou os estudios do conservatorio cos de órgano co compositor e organista Román Jimeno. En Écija foi profesor de música das fillas do marqués de Peñaflor; alí dirixiu zarzuela e gañou a praza de organista da igrexa de Santa Bárbara, onde permaneceu uns cinco anos ata que volveu a Lugo e acadou a praza de organista da Catedral. Deu concertos de órgano no Casino e no Teatro, e actuou como cantante. Presidiu a sección de música do Liceo Artístico e Literario...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, narrador e ensaísta. En 1906 escribiu o seu primeiro relato La visera fatal, inspirado nun episodio do Quixote e un traballo sobre a mitoloxía grega, un ano máis tarde traduciu do inglés El príncipe feliz, de Oscar Wilde. En 1914 trasladouse a Europa e, despois de visitar Londres e París, instalouse en Xenebra e posteriormente en Lugano, onde estudiou o bacharelato. Dende 1919 e ata 1921 residiu en España, primeiro en Mallorca, logo Sevilla e finalmente en Madrid. Nestes anos comezou a publicar poemas e a colaborar na prensa e revistas (Grecia, Ultra, Cervantes, etc), participou no movemento literario altruísta e escribiu en 1919 o seu primeiro artigo na revista suíza La Feuille titulado “Chronique des lettres espagnoles”, reseñando dous traballos de Azorín e de Pío Baroja, e o seu primeiro poema titulado “Al mar”. En 1921 regresou a Bos Aires onde publicou un manifesto ultraísta na revista Nosotros e creou a...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Iniciou os seus estudios na Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago de Compostela, da que foi profesor auxiliar en 1862, e despois na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando (1867), onde foi discípulo de Andrés Gómez. En 1873 viaxou a Roma para ampliar os seus estudios na Academia Española de Bellas Artes e, en 1875, a París. En 1879 obtivo a cátedra de Debuxo da Real Sociedade Económica de Santiago e ao ano seguinte trasladouse á Coruña para ocupar o posto de profesor auxiliar da escola de Artes e Industria, da que obtivo en 1891 a cátedra. Foi mestre de Pablo Picasso. Nunha liña poética realista, introduciu na escultura galega as escenas de costumes. A súa obra ten como referente a tradición escultórica galega, principalmente do barroco compostelán e do neoclasicismo. Cun marcado carácter realista estas obras amosan a representación do descritivo e o anecdótico consonte coas innovacións feitas en París por Meunier e Rodin. A isto hai que engadir o coñecemento...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, en 1883 trasladouse a Madrid. En 1903 obtivo a súa primeira acta de deputado a Cortes polo distrito de Ponteareas, ao que representou ata 1914, data na que foi elixido deputado por Ourense sen chegar a tomar posesión do cargo. Foi membro numerario da Real Academia de Jurisprudencia y Legislación, membro correspondente da Real Academia Galega, secretario da Sección de Ciencias Morales y Políticas do Ateneo de Madrid e vicepresidente do Centro Galego de Madrid. Así mesmo, colaborou na prensa galega e madrileña e publicou Dos semblanzas de Cánovas (1898) e Suiza española: paseando por Galicia (1903).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador e eclesiástico. Promoveu o desenvolvemento dos estudios históricos sicilianos e foi prefecto da biblioteca Vaticana. En 1872 fundou o Archivio storico siciliano e en 1873 a Società Siciliana di Storia Patria. Entre as súas obras destacan De rebus Regni Siciliae (Sobre o reino de Sicilia, 1882) e Gli archivi e le biblioteche di Spagna in rapporto alla storia d’Italia in generale e di Sicilia in particolare (Os arquivos e as bibliotecas de España en relación coa historia de Italia en xeral e de Sicilia en particular, 1884).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gramático. Trasladouse a Madrid e posteriormente dirixiu as escolas normais de Granada e Málaga. Colaborou no Dicionario enciclopédico de la lengua española, con todas las voces, frases, refranes y locuciones usadas en España y las Américas españolas en el lenguaje común antiguo y moderno [...] (1853-1855) e escribiu Curso elemental de la lengua española, redactado con la posible sujección a los principios de la gramática general (1854).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e sindicalista. Enxeñeiro técnico industrial e diplomado en Relacións Laborais e Empresariais, foi cofundador da UGT-Galicia e primeiro presidente democrático do comité de empresa de Citroën. Foi deputado do grupo Socialista do Congreso pola provincia de Pontevedra desde a I á IV lexislaturas (1979-1993). É patrón das Fundacións Celso Emilio Ferreiro e Luís Tilve.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que procede do nome grego Isídoros ‘don da deusa Isis’, composto de Isis e doros ‘don, regalo’, latinizado en Isidorus. Forma parte da serie Artemidoro, Apolodoro, Teodoro e Doroteo. A orixe remota está en Exipto, por ser frecuente entre os gregos de Exipto e por aludir á deusa exipcia da protección materna e da fidelidade matrimonial máis alá da morte. A forma usual deste nome na época medieval era san Isidre, de onde vén o galego Sidro/Cidre. Destacan con este nome os santos Isidoro de Sevilla (560?-636), celebrado o 26 de abril, e Isidoro de Khíos (s III), celebrado o15 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir cristián. Foi de Alexandría á illa de Khíos, onde bautizou as mulleres e sufriu a persecución de Decio. A súa festividade celébrase o 15 de maio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico bizantino. Estudiou en Constantinopla, onde foi monxe. Elixido metropolitano de Kiev (1437) e de toda Rusia, participou no Concilio de Florencia (1438-1439), onde defendeu a unión da Ortodoxia con Roma e foi nomeado cardeal. De volta en Moscova, proclamou a bula de unión, pero foi encarcerado por Basilio II de Moscova, aínda que conseguiu escapar e refuxiouse en Siena. En 1453 ferírono en Constantinopla cando a cidade foi tomada polos turcos, pero novamente foi quen de fuxir a Italia. De gran cultura humanística, reuniu moitos códices na Biblioteca Apostólica Vaticana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeómetra. Traballou como arquitecto xunto con Antemio de Tralles na construción de Santa Sofía de Constantinopla, consagrada en 537. Houbo outro mestre coñecido como Isidoro o Novo, que reconstruíu a cúpula de Santa Sofía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Sevilla 560? - 636) Doutor da Igrexa e arcebispo de Sevilla (601-636). Era irmán de san Leandro, a quen lle serviu de titor e mestre, e do que herdou o arcebispado. Compilador e sistematizador da ciencia antiga, foi un dos principais mestres da Europa medieval latina. Presidiu distintos concilios en Sevilla e Toledo, organizou bibliotecas e ordenou a liturxia hispamo-visigoda. Autor de numerosas obras, a de maior relevancia foi Etymologiae, obra enciclopédica que comprendía o saber humano da época. Tamén destacan Historia Gothorum Vandalorum Sueborum, Setentiae e Regula monachorum. As súas reliquias trasladáronse a León onde recibe culto desde o s XI. É patrón das facultades de Filoloxía, Xeografía e Historia, Filosofía e Ciencias da Educación. Na iconografía viste de pontifical con casula ancha e sagrado palio, ás veces coa mitra na cabeza, e leva como atributos: un báculo da tripla cruz arcebispal, un libro aberto e unha colmea....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa románica situada en León. No lugar houbo un mosteiro, que foi derrubado polas incursións de Almanzor no s X. A nova construción sobre a basílica do mosteiro comezouna o Rei Fernando I o Grande no s XI baixo a advocación de san Xoán. O Panteón Real foi a primeira parte construída, con planta cadrada e dúas alturas. O piso inferior ten seis bóvedas sostidas por dúas columnas e está decorado con frescos románicos de finais do s XII. Represéntanse escenas bíblicas inspiradas nos labores da vida cotiá, na Apocalipse e na vida e Paixón de Xesús Cristo; tamén se atopan signos do zodíaco, e un calendario coas faenas propias de cada estación do ano. En 1063 a igrexa recibiu os restos de santo Isidoro de Sevilla, e cambiou a advocación inicial. Urraca, filla de Fernando I, promoveu a ampliación en estilo románico. No s XII retomáronse as obras e construíuse a igrexa nova, proxectada por P. Deustamben, que foi consagrada no reinado de Afonso VII en 1149. Ten planta de cruz...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    (Pontevedra 11.6. 1922 - Santiago de Compostela 16.12. 2002) Filólogo, conde de Quirós. Catedrático de Grego, foi profesor axudante de filoloxía latina e lingüística indoeuropea na Universidad de Madrid e profesor da facultade de Letras da Universidade de Santiago de Compostela. Foi un dos membros fundadores do Instituto Cultural Galaico-Minhoto e membro do Instituto Padre Sarmiento e do Centro de Estudios Xacobeos. Presidiu a Asociación Nacional de Catedráticos de Instituto e, durante o goberno de Fernández-Albor, foi subdirector xeral da Consellería de Educación. Colaborou nas Comisións de Lingüística e Toponimia e escribiu numerosos artigos sobre aspectos relacionados coa filoloxía, a lingüística e a toponimia e coa epigrafía e a arqueoloxía. É autor de A la sombra del apóstol: once siglos de vida compostelana (1938), Ara con nuevo teónimo indígena en San Vicente de O Grove (1976), en colaboración con José Carro Otero, Sobre las aras del santuario de Donón (Hío, Pontevedra) (1978), Raíces...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e xurista. Participou no Pacto de Barrantes (1930) e liderou o Partido Liberal Demócrata en Pontevedra, reconversión republicana do Partido Reformista, polo que foi deputado en 1933. Colaborou en Faro de Vigo e publicou A la sombra del Apóstol (Once siglos de vida compostelana) (1938).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Coñecido como Isidoro Acevedo, foi impresor de oficio e ingresou no Partido Socialista Obrero Español (1886) do que chegou a ser secretario. Foi un dos principais promotores da escisión que en 1921 deu lugar ao Partido Comunista Obrero Español (PCOE), motivada pola negativa do PSOE a afiliarse á III Internacional. Exiliouse á Unión Soviética ao finalizar a Guerra Civil Española (1939). Dirixiu El Socialista (1898), La Lucha de Clases (1905-1910) e La Aurora Social (1910).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia do Monte (Xove). O seu cumio acada os 537 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO