"Itacio" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 72.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno hipotético de natureza similar á gravitación, pero de efecto contrario, que xurdiría da suposta existencia -aínda que non comprobada na práctica- de masas negativas e daría lugar a unha repulsión mutua entre os corpos de masa positiva e os de masa negativa.
-
-
Acción e efecto de provocarse a un mesmo algún sentimento, paixón ou movemento.
-
Nun xerador eléctrico, produción da corrente precisa para a propia excitación. Cómpre que os núcleos dos indutores teñan algún magnetismo remanente que inicie a corrente de excitación cando a máquina comeza a xirar. Emprégase nos xeradores de corrente continua (dinamos), mentres que nos alternadores se adoita dispoñer dunha máquina excitatriz acoplada axialmente a este, pero tamén se pode aproveitar a corrente alterna para a excitación mediante rectificadores.
-
-
-
Acción e efecto de axitar ou axitarse.
-
Estado de desacougo anímico provocado pola emoción, a angustia, o medo ou calquera sentimento intenso.
-
Actitude da xente que se opón ou rexeita unha situación social coa que non está de acordo.
-
Movemento desordenado dos electróns libres nun tubo electrónico, por causa do quecemento dos electrodos.
-
Operación física, que se realiza nun axitador, consistente na produción de movementos irregulares e turbulentos nunha masa fluída, co fin de acelerar un proceso de mestura ou de transferencia. En todo proceso de axitación interveñen tres factores: forma da corrente do fluído orixinada polo movemento do axitador, cantidade de fluxo e grao de turbulencia. O tipo de fluxo depende principalmente da forma do axitador e do recipiente.
-
Movementos irreflexivos, continuados e desordenados, que van acompañados dunha ampla sintomatoloxía psíquica; responden a impulsos instintivos ou afectivos variables, segundo as circunstancias patolóxicas en que se atopa o individuo. Nas formas graves, os actos da persoa axitada poden ser dunha gran violencia e chegar incluso á agresividade.
-
Movemento desordenado que, en función da temperatura, presentan as moléculas de calquera substancia. Ao quecer un sólido aumenta a axitación térmica das súas moléculas ata vencer as forzas de cohesión que as manteñen unidas, pasando ao estado líquido; se a temperatura segue a aumentar, o movemento chega a ser tan intenso que as moléculas se independizan pasando ao estado gasoso.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situado ao SO de Sevilla (62,55 km2; 4.950 h [1996]). A súa economía baséase na agricultura (oliveira e vides) e na gandería ovina e porcina. No termo está a ermida de Nuestra Señora de Cuatrohabitan, edificada sobre unha antiga mesquita almohade da que se conserva o minarete.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de capacitar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Contribución persoal imposta sen ter en conta a posición económica do contribuínte e que, deste xeito, podía afectar mesmo aos que non tiñan bens nin negocios. Existía xa en Roma cos nomes de tributum in capita, capitatio ou pro capitibus.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de fenómenos relacionados coa aparición de cavidades no interior dunha masa líquida en movemento, cando a presión acada valores suficientemente baixos. É un fenómeno nocivo que condiciona fortemente o deseño de todo elemento hidráulico e pode aparecer na aspiración das bombas, na evacuación das turbinas, nas hélices mariñas, nas comportas e válvulas, etc. Experimentalmente, obsérvase a interferencia de dous fenómenos: o desprendemento de gases disoltos e a vaporización do líquido, que caracteriza propiamente a cavitación e que se produce cando a presión local se iguala coa tensión de vapor.
-
-
-
Acción e efecto de citar. Ex: A citación para comparecer nos xulgados chegoulle a primeira hora da mañá.
-
citación de evicción
Citación que se fai ao vendedor cando chega o momento da evición.
-
citación de remate
Dilixencia de xuízo executivo a través da que se dá un termo ao debedor para se opoñer á demanda.
-
citación xudicial
Convocatoria emitida por un xuíz ou tribunal a unha dilixencia xudicial -co lugar, data e hora de comparecencia-, para que alguén, nun prazo fixado, compareza nun proceso co fin de responder á acción que lle é proposta ou para pronunciarse acerca do obxecto que lle é proposto.
-
-
Escrito no que se notifica esta orde. Ex: Mentres lía a citación tremíanllle as mans.
-
-
-
Acción de cohabitar.
-
Obriga xurídica nacida da natureza do matrimonio e que se constitúe sobre o feito de que os dous membros da parella vivan nunha mesma casa e nun mesmo leito. A imposibilidade de cohabitar produce unha presunción contra a paternidade.
-
Situación na que formacións políticas de tendencias opostas comparten distintas instancias do poder.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de concitar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Precipitación parcial dun segundo sal conxuntamente cun primeiro, que é o único dos dous que sobrepasou o límite da súa solubilidade e que, xa que logo, tería que ser o único en precipitar.
-
-
Acción e efecto de crepitar.
-
-
crepitación cutánea/crepitación nívea
Ruído semellante ao de pisar a neve e que se oe ao presionar a pel nos casos de enfisema subcutáneo.
-
crepitación ósea
Vibración producida polo rozamento dos extremos fracturados dun óso.
-
crepitación pulmonar
Ruído característico producido nas vías respiratorias en certas enfermidades.
-
crepitación cutánea/crepitación nívea
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Precipitación dunha substancia en solución, como as crioglobulinas ou algúns factores da coagulación no plasma sanguíneo, por mor da exposición a temperaturas moi baixas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Condensación do vapor de auga do aire atmosférico sobre a superficie do solo ou das plantas, xa sexa en forma líquida (orballo) ou sólida (xeada). Nalgunhas rexións representa un recurso hídrico importante para a vexetación.
-
-
Acción ou efecto de debilitar ou debilitarse.
-
Transformación dun son noutro por comodidade articulatoria, xa que o novo non supón un esforzo menor, como, por exemplo, a sonorización e a fricativización das oclusivas. A debilitación dunha consoante pode facer que desapareza. Sincronicamente, o galego presenta alternancia entre as realizacións oclusivas sonoras [b], [d] e [g], que se presentan despois dunha pausa e dunha consoante nasal, e as realizacións fricativas sonoras correspondentes [β], [ð] e [γ], que se recollen nos demais casos.
-
-
-
Acción de decapitar.
-
Forma de execución da pena de morte que consiste en cortarlle a cabeza ao condenado. Antigamente, era o método máis empregado para executar os nobres ou señores, porque se consideraba non infamante.
-
Fenómeno mediante o que un río captura ou asimila a cabeceira ou o curso alto da conca doutro río.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de decrepitar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de deleitar ou deleitarse.
-
-
Acción e efecto de delimitar.
-
-
Conxunto de accións derivadas da facultade que teñen os propietarios para clarificar os límites dos seus terreos cos limítrofes dos seus veciños.
-
delimitación administrativa
Procedemento mediante o que a Administración pública determina os límites do dominio público ou privado. Esta actuación só establece estes límites, pero non resolve problemas de propiedade.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de desparasitar.