cavitación

cavitación

(< lat cavitatiōne

s f [FÍS]

Conxunto de fenómenos relacionados coa aparición de cavidades no interior dunha masa líquida en movemento, cando a presión acada valores suficientemente baixos. É un fenómeno nocivo que condiciona fortemente o deseño de todo elemento hidráulico e pode aparecer na aspiración das bombas, na evacuación das turbinas, nas hélices mariñas, nas comportas e válvulas, etc. Experimentalmente, obsérvase a interferencia de dous fenómenos: o desprendemento de gases disoltos e a vaporización do líquido, que caracteriza propiamente a cavitación e que se produce cando a presión local se iguala coa tensión de vapor.

Palabras veciñas

cavilleiro | cavillón | caviloso -sa | cavitación | cavitario -ria | Cavite | Cavite