Cavite

Cavite

Provincia de Filipinas, situada na illa de Luzón (1.288 km2; 771.320 h [1980]). A capital é Trece Mártires (8.579 h [1980]). O seu relevo montañoso está dominado polos montes Sungay. Está drenada polos ríos Tártaro e Dago que desembocan na baía de Manila. A principal actividade económica é a produción agrícola de arroz, café, millo e azucre.

Palabras veciñas

cavitación | cavitario -ria | Cavite | Cavite | cavón | Cavorcas, As | cavorco