"Ivo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 721.
-
VER O DETALLE DO TERMO
cualificativo
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que causa ou implica abdicación.
-
-
Que produce ablación.
-
-
Caso da declinación do indoeuropeo que perdura nalgunhas linguas; este mesmo nome tamén se aplica a casos semellantes en linguas doutros troncos. O ablativo indoeuropeo expresaba o punto de partida e o axuntamento. O ablativo do latín é unha síntese de tres casos do indoeuropeo: o ablativo desta lingua, o intrumental-asociativo e o locativo. As linguas románicas abandonaron, agás no pronome, a flexión causal e derivaron as formas nominais a partir dos acusativos fundamentalmente.
-
Caso latino que indica numerosas nocións circunstanciais (separación, instrumento, tempo, lugar, modo, etc) e adoita ir acompañado de preposicións: a (ante consonante)/ab (ante vogal ou h muda) ‘de desde’ (afastamento, orixe); cum ‘con’ (compañía, modo); de ‘desde, sobre, acerca de’ (un asunto); e (ante consonante)/ex (ante vogal ou h muda); ‘de desde’ (separación, punto de partida, saída de); in ‘en’ (locativo).
-
ablativo absoluto/participio absoluto
Na gramática latina construción constituída por un participio, case sempre presente (acción simultánea) ou pretérito (acción anterior), que concorda cun nome en ablativo sen preposición que vai na súa mesma oración e realiza a función de suxeito. Funcionalmente, equivale a unha oración subordinada adverbial que pode ser temporal, causal, concesiva ou condicional. Adoita ir entre comas e, normalmente, tradúcese primeiro o participio seguido do suxeito e dos demais elementos.
-
ablativo axente/complemento axente
Nas oracións pasivas indica o ser que executa a acción dos verbos pasivos. Constrúese en ablativo precedido das preposicións a/ab se se trata dun nome de persoa ou cousa personificada e en ablativo sen preposición se é nome de cousa. Neste último caso constitúe, en realidade, un ablativo instrumental que expresa causa ou medio. Ex. “miles telo vulneratus est” (o soldado foi ferido por un dardo), “ab omnibus laudatur” (é alabado por todos), “eloquentia a natura homini datur” (a elocuencia é dada ao home pola natureza). Ás veces, nas construcións con verbo en voz perifrástica pasiva, este suxeito axente vai en dativo no canto de ablativo.
-
ablativo de cualidade
Expresa as característica persoais, sobre todo as accidentais e exteriores dun individuo podendo alternar nestes usos co xenitivo. Pode referirse ao nome directamente ou como predicado co verbo sum e, xeralmente, constrúese sen preposición. Cando se refire a un nome propio vai acompañado de partículas como: vir, homo, etc.
-
ablativo de duración
Ablativo que responde ás preguntas “quanto tempore?” (en canto tempo?), “quamdiu?” (durante canto tempo?).
-
ablativo locativo no tempo
Ablativo que indica división do tempo (día, hora, mes, ano, etc). Expresa o momento en que se desenvolve a acción respostando á pregunta “quando?” (cando) e que pode ir só ou acompañado da preposición in.
-
ablativo separativo
Ablativo rexido por verbos que significan ‘librar’, ‘aliviar’, ‘privar’, ‘expoliar’, ‘despoxar’, ‘quitar’, ‘espir’, etc.
-
-
...
-
-
-
-
Relativo ou pertencente ao aborto.
-
Que pode facer abortar.
-
Axentes que impiden chegar a bo termo unha empresa ou proxecto.
-
-
Substancia que provoca o aborto.
-
Criatura que non reúne as circunstancias esixidas para ter a condición de persoa, ou sexa, feto ou embrión que non ten figura humana ou que, aínda que a teña, non chega a vivir vinte e catro horas fóra do seo materno.
-
Manipulación que, coa dilatación do colo do útero ou o raspado da matriz, ten como finalidade provocar o aborto.
-
-
-
Calidade aplicada a calquera elemento que produce abrasión.
-
Material duro capaz de producir abrasión. Os abrasivos utilízanse para arrancar material, para desbastar, raspar, rasurar, brunir ou pulir, a fin de modificar o tamaño, a forma, a lisura ou o acabado superficial dun obxecto. Empréganse en forma de
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que serve para abreviar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que pode ser abrogado ou anulado. OBS: as dúas consoantes b-r pronúncianse separadas.
-
-
Que absterxe.
-
Substancia que ten a virtude de absterxer.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten poder de abstraer ou abstraerse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que constitúe un exceso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
acivro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que acredita ou serve para acreditar.
-
-
Que obra ou ten o poder de obrar.
-
Que implica acción, que actúa.
-
-
Que obra axiña, sen dilación.
-
Que realiza con dilixencia as súas actividades e que non pode estar sen facer nada.
-
-
-
poboación activa
Segmento da poboación en idade laboral. Segundo a lexislación europea é a comprendida entre os dezaseis e os sesenta e cinco anos.
-
vida activa
Período de tempo en que un individuo pode exercer unha actividade profesional produtiva.
-
poboación activa
-
Funcionario que presta os seus servicios na administración pública ou semellante; do membro dunha corporación que colabora actualmente nas súas tarefas.
-
Que pertence ao crédito, que dá xuros.
-
...
-
-
-
Que se acumula.
-
Danza popular, xeralmente un tipo de baile redondo, no cal a cada pasada ou copla da melodía un novo danzante ou unha nova parella se incorpora á danza, ata chegar a un número determinado. Moi espallado por toda Europa e é propio das conmemoracións folclóricas ao aire libre, das romarías da primavera e das festas da árbore de maio.
-
Tipo de canción popular na que a cada copla ou estrofa se engade un novo elemento á letra e á música. A miúdo a acumulación de elementos musicais acompáñase coa incorporación dun novo cantor.
-
-
-
Dise do que serve para acusar ou que está relacionado coa acusación.
-
Caso gramatical da declinación latina e doutras que ten unha íntima conexión coas nocións de transitividade e intransitividade. O termo actual é de tradición romana e froito da confusión. Para os gregos era o caso que expresaba a relación de causa-efecto. Nas gramáticas de corrente tradicional, perdura aínda o concepto de que expresa o complemento directo do verbo, naturalmente transitivo. Oposto aos outros casos, o acusativo, xunto co nominativo, é un caso que abrangue o substantivo en toda a súa extensión, mentres que nos outros se designa só un aspecto accidental dentro do proceso verbal. Oposto ao nominativo, sinala a polaridade pasiva ou de efecto. O acusativo latino espallou o seu campo a costa de construcións sintácticas con outros casos, empregando incluso a preposición. Esta amplificación pasou ás linguas románicas que tomaron do acusativo latino a maior parte das palabras que tomaron para si, unha vez producida a perda da distinción de casos e a utilización do artigo e da preposición...
-
Complemento directo.
-
-
-
Que ten a propiedade de adherir, capaz de se adherir, relativo á adhesión.
-
Etiqueta impresa autoadhesiva de tamaño e forma variables, engomado no anverso ou reverso que inclúe unha mensaxe e/ou un recordatorio da marca. Emprégase a miúdo con fins publicitarios, reivindicativos ou outros.
-
Obxecto que se emprega para pechar as aberturas das prendas e que se usa moito como substituto dos botóns ou para poñer ombreiras ou en roupa de bebés (camisiñas, cueiros, panos de envolver, etc). Nos últimos anos proliferou o seu uso e multiplicáronse as súas aplicacións: equipamentos deportivos, correas de reloxos e zapatería, entre outros.
-
Substancia empregada en terapéutica para unir as beiras dunha ferida, fixar unha cura ou preservar as superficies corporais dos roces de elementos externos. Os adhesivos máis coñecidos son o esparadrapo e o colodión.
-
-
Substancia non metálica capaz de manter unidas as superficies de dous sólidos en contacto, grazas á adhesión entre a substancia e o sólido e a súa propia cohesión.
-
adhesivo orgánico animal
Adhesivo formado por proteínas. Os máis correntes son as colas, obtidas por hidrólise do coláxeno de peles e ósos de animais. As colas de peles dan adhesións máis fortes que as de ósos; son empregadas en cintas e etiquetas engomadas. Cabe mencionar tamén a cola de peixe e a caseína.
-
adhesivo orgánico vexetal
Adhesivo preparado a partir de substancias vexetais a través de procesos relativamente simples. Os máis importantes son: o amidón, a dextrina e as gomas naturais como a arábiga.
-
adhesivo inorgánico
Adhesivo preparado a partir de substancias inorgánicas. Os máis empregados son os silicatos sólidos, polo seu baixo prezo. Os máis alcalinos teñen poder mollador elevado e baixa viscosidade; os máis ricos en silicio sécanse antes. Son moi empregados para o cartón e a madeira.
-
adhesivo sintético
Adhesivo preparado a partir de materiais sintéticos. Poden ser a base de caucho, de resinas termoendurecibles ou de resinas termoplásticas. Os preparados con caucho preséntanse en forma de látex ou -máis frecuentemente- en forma de disolución. As resinas son engadidas para dar mordente. Os cauchos máis utilizados son o nitrilo, o de isobutileno, o de estireno-butadieno, o natural, o de polisulfuros e o de clorobutadienos. As principais aplicacións son nas industrias do automóbil, da construción, do calzado, téxtil, do coiro, do papel e na propia industria do caucho. Os adhesivos a base de resinas termoendurecibles empregan sobre todo as seguintes resinas: resinas fenólicas de fenolformaldehído, estables, sólidas e en solución, reticulables pola calor ou con catalizadores alcalinos; resinas fenólicas de resorcinol-formaldehído, que reticulan a temperatura ambiente; resinas epoxi, que reticulan con catalizadores alcalinos e manifestan unha excelente adhesión a superficies moi lisas...
-
-
...
-
-
-
Que inclúe unha adición, que se obtén sumando, que pola súa adición ou agregación produce un aumento cuantitativo.
-
Calquera substancia que se engade a un produto de consumo industrial para mellorar as características sen alterar fundamentalmente a súa natureza.
-
Produto que se engade aos formigóns para modificar algunha das súas características ou outorgarlle algunha outra calidade. Os máis empregados desígnanse polo nome da característica que modifican ou confiren: acelerantes, aireantes, anticonxelantes.
-
Substancia (cera, resina, etc) mesturada coas pastas pitóricas para darlles características especiais, por exemplo, consistencia.
-
Substancia sen poder nutritivo que se engade á masa ou á superficie dos alimentos, para conservar as súas características físicas, químicas ou físico-químicas, evitar a alteración espontánea ou darlles características particulares de aspecto, gusto, olor ou consistencia. Os aditivos clasifícanse en catro grandes grupos, un dos cales está formado polas substancias que modifican os caracteres organolépticos, que se subdividen en modificadores da cor (colorantes, branqueadores), substancias do sabor (edulcorantes, produtos amargos) e axentes aromáticos. Outro grupo son os estabilizadores de aspecto e caracteres físicos (modificadores de textura: espesantes, xelificadores e demais). Un terceiro grupo está formado polas substancias que impiden as alteracións químicas (antioxidantes) e biolóxicas (conservadores ou antimicrobianos). Finalmente cómpre mencionar os coadxuvantes tecnolóxicos (disolventes, clarificadores, neutralizadores). O uso de aditivos...
-
Procedemento de obtención da cor no cine, no que a bricomia ou a tricomia se acadan por síntese aditiva, seguido por medios fotoquímicos ou ópticos, ou por superposición á pantalla de imaxes de diferentes cores.
-
Propiedades que nun sistema dado veñen representadas pola suma das propiedades correspondentes dos elementos que o constitúen. A única propiedade absolutamente aditiva é a masa, pero no caso de mesturas hai moitas outras que o son de maneira aproximada. Cando o sistema considerado é unha molécula, non poden existir máis propiedades aditivas que as que non dependen, ou dependen moi pouco, dos enlaces químicos e da xeometría molecular.
-
-
-
Relativo ou pertencente á administración.
-
Categoría profesional de traballadores que realizan sobre todo tarefas de oficina.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que expresa admiración.
-
-
Relativo ou pertencente á adopción.
-
Referido ao que se considera como propio.
-