"LODE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 21.

  • PERSOEIRO

    Pintor flamenco. Formado en Valéncia dende o 1439, é considerado o introdutor, xunto con Luís Dalmau, do estilo flamenco na Península Ibérica. As obras que lle son atribuídas caracterízanse pola verticalidade e a técnica minuciosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome xenérico co que se coñecen as dextrinas obtidas por hidrólise do amidón, que proporcionan unha coloración vermella ou violácea co iodo, chamadas tamén amidón soluble. Forman pos brancos que se empregan como indicador en iodometría e para determinar o poder diastático da malta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Informático. Coñecido como Casdeiro, licenciouse en Informática na Universidad de Deusto. Traballa no desenvolvemento de aplicacións multimedia e páxinas web e imparte cursos e seminarios relacionados coa informática e Internet. Entre as súas webs destaca a titulada Fillos de Galicia, destinada a funcionar como un Centro Galego Virtual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbáceas acuáticas, da familia das hidrocaritáceas, de talo longo, que pode acadar varios metros de altura, e ramificado, con follas alongadas e ovadas, dispostas en verticilos, que miden 2,5 mm de ancho e entre 5 e 10 mm de longo, translúcidas, verde escuras, serradas e rematadas en punta. Propias de zonas temperadas e tropicais, en Galicia -e noutros países europeos- introduciuse a especie E. canadensis, orixinaria de Norteamérica, en principio como planta ornamental en acuarios, estanques de parques e xardíns, e logo da súa aclimatación en zonas húmidas naturais, onde pode supoñer un perigo ecolóxico debido á capacidade de proliferación, principalmente de xeito vexetativo, que fai que cubra os fondos e desprace a vexetación autóctona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos arxinas, ou xerga dos canteiros, que corresponde á voz ‘navalla’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tecido cortical que orixina o felóxeno, que se constitúe por células ricas en clorofila e non suberizadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arbusto ou enredadeira do xénero Philodendron, da familia das aráceas. Caracterízase por presentar talos grosos con raíces adventicias; follas perennes, coriáceas, de pecíolo longo, que poden ser sinxelas ou compostas; flores unisexuais, carentes de perianto e dispostas en inflorescencias que contan cunha espata carnosa de cor branca ou verdosa con manchas purpúreas formando un tubo ao redor do espádice; e froitos en bagas. Existen unhas 400 especies distribuídas nas rexións tropicais e subtropicais de América. Algunhas delas cultívanse, en todo o mundo, como ornamentais polo valor estético das follas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da verba dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘chover’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lei Orgánica do Dereito á Educación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar cheo de lodo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Pol, no concello homónimo. O seu cumio acada os 600 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Lalín baixo a advocación de san Paio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae por armas, en campo de azul, un papagaio da súa cor, perchado de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. A súa mocidade, marcada pola posguerra, discorreu no barrio obreiro de Teis. En 1958 emigrou a París e despois a Suíza e, tralo seu regreso a Vigo, celebrou a súa primeira exposición (1963) no Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra. O seu interese pola arte, que o fascinou polo seu carácter liberador e desalienante, foi determinante desde entón. Autodidacta, partiu dun primeiro período de autodescubrimento, en que tratou as paisaxes, os bodegóns e a vida campesiña, pero sen deixar de indagar na obra doutros artistas nacionais e internacionais. Defendeu a democratización ou socialización da arte, teoría que materializou ao promocionar a celebración, en 1968, da primeira exposición de arte ao aire libre en Vigo; pero foi o seu compromiso social, que ofrecía unha alternativa artística á ditadura, o que o engrandeceu como artista. Asociouse a grupos antifranquistas (Asociación Cultural de Vigo) e ás propostas de popularización da arte da Estampa Popular Galega. Presentou uns cadros...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada no Barón (O Carballiño). Ten planta en escuadra, aínda que pouco queda da construción orixinal. Ten dous escudos en que se representan as armas dos Reinoso nun, e noutro as dos Suárez de Deza, Gayoso, Camba, Puga e Reinoso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Piñeiró (O Saviñao). O seu cumio acada os 600 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas, da familia das boraxináceas, que presenta talos ramificados inferiormente, follas basais, alternas e lanceoladas, inflorescencias dispostas en cima terminal, con poucas flores, coa corola branco azulada e o froito en núcula co bordo dentado. En Galicia poden atoparse as especies O. nitida, que florece en primavera en zonas húmidas e O. littoralis gallaecica, que vive en dunas ou areais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma crónica de dermatomiosite que cursa sen febre, leucocitose ou dor e que se caracteriza por atrofias musculares moi importantes, con retraccións músculo-tendinosas e unha profunda impotencia funcional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma de dermatose, descrita por Jacobi, en que só aparecen lesións cutáneas, como pigmentación, atrofia e petequias.

    VER O DETALLE DO TERMO