"Larouco" (Contén)
Mostrando 6 resultados de 6.
-
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de santa María que dá nome ao concello de Larouco, onde se atopa a capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca de Valdeorras, situado no extremo nororiental da provincia de Ourense e no SL da Comunidade Autónoma de Galicia (42° 20’ 42” N e 7° 09’ 30” O). Limita ao N cos concellos de Quiroga (Quiroga) e A Rúa (Valdeorras), ao S cos concellos de Manzaneda (Terra de Trives) e O Bolo (Valdeorras), ao L con Petín (Valdeorras) e ao O con Quiroga. Abrangue unha superficie de 23,7 km 2 nos que acolle unha poboación de 624 h (2001), distribuída nas parroquias de Freixido, Larouco, Portomourisco e Seadur. A súa capital é Larouco, que dista 93 km de Ourense e 202 km de Santiago de Compostela. Está adscrito á diocese de Astorga e ao partidoxudicial da Pobra de Trives.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
A historia xeolóxica do relevo actual de Larouco parte das superficies de aplanamento de lousa e xisto formadas en boa parte de Galicia durante o Secundario e o Terciario, que foron fracturadas e basculadas pola tectónica neoxena-cuaternaria e logo erosionadas pola acción... -
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Bande a partir de 1991. Subtitulouse “Revista da Historia primitiva, tradicións orais e patrimonio cultural de Galicia. Grupo arqueolóxico Larouco”. Dirixida por Antonio R. Colmenero e difundida por Ediciós do Castro, incluíu artigos de historia, arqueoloxía e prehistoria de destacados investigadores galegos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tramo da vía XVIII do Itinerario Antonino, ao seu paso polo concello de Larouco, que vai de Braga a Astorga. Salva unha importante pendente na que os romanos se viron obrigados a realizar obras de escavación.
-
SERRAS
Sistema montañoso que se estende polo límite dos concellos de Baltar e Cualedro, con Portugal. O seu cumio máis destacado é Coto Farelo que acada os 1.397 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador. Probablemente de orixe portuguesa pola súa colocación nos Cancioneiros, entre o conde don Pedro, Estevan Fernandiz d’ Elvas, Estevan da Guarda e Pedro d’Ornelas e por algunhas alusións textuais ao topónimo Larouco en Trás-os-Montes (Portugal). Estivo activo entre finais do s XIII e principios do s XIV. Consérvanse tres cantigas de escarnio da súa autoría: “De vós, senhor, quer’ eu dizer verdade”, “Non á, meu padre, a quen peça” e “O que me d’ Ensar corrudo”.
VER O DETALLE DO TERMO