"Lendo" (Contén)
Mostrando 12 resultados de 12.
-
-
Relativo ou pertencente aos belendos.
-
Pobo celta que parece ter a súa orixe entre os indoeuropeos da cultura dos campos de furnas que, ao emigrar cara ao sur, nos comezos do último milenio a C, se estableceu no val baixo do Ariège (Occitania).
-
-
PERSOEIRO
Político e dirixente deportivo. Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Encabezou a candidatura do Partido Popular á corporación municipal da Coruña nas eleccións de 1987, 1991 e 1995, polo que foi concelleiro dende 1987 ata 1999. Foi vicepresidente e responsable da área de Cultura e Deportes da Deputación da Coruña (1987-1989), senador (1989-1993), deputado no Congreso (1993-1996) e presidente da Deputación da Coruña (1995-1999). A súa andaina como dirixente deportivo comezou aos quince anos ao fundar o C. F. Ural. Presidiu a Federación Coruñesa de Balonmán e dirixiu o Colexio Liceo-La Paz. Foi tamén presidente do H. C. Liceo, club que acadaría todos os títulos de hóckey a patíns dende 1982 ata os anos noventa: 3 Copas de Europa, 2 Recopas, 2 Copas da CERS e 4 Supercopas de Europa, ademais de 6 Ligas españolas e 8 Copas do Rei. En 1988 accedeu á presidencia do Real Club Deportivo de La Coruña. En 1990 foi designado Secretario Xeral de Deportes da Xunta de Galicia...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao día festivo.
-
-
Brillo ou luz intensa.
-
Calidade do que é grande, luxoso ou magnífico.
-
Situación ou punto álxido que alcanza algo ou alguén.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten ou mostra esplendor.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Owain Glyndŵr.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Zohar.
-
GALICIA
Historiador. Cronista oficial dos concellos de Betanzos, Miño e Paderne, foi fundador do Museo das Mariñas de Betanzos e director dos grupos Brinco Garelo e Danzas Gremiales de Betanzos. Publicou Betanzos y sus murallas (1966), Desde las nubes de la historia. Cien años de la historia de un monasterio (1967), Las danzas de Betanzos (1979), Betanzos de los Caballeros y sus Mariñas (1984), Miño: apuntes históricos y guía del municipio (1990) e Guía del Camino Inglés a Santiago (1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ao pobo pelendón.
-
Individuo do pobo pelendón.
-
Pobo céltico que parece ser orixinario dos belendos. Penetrou na Península Ibérica e estableceuse na conca do Douro. Dedicábanse á gandaría e foron progresivamente desprazados do seu territorio polo pobo arevaco.
-
-
PERSOEIRO
Filólogo e helenista alemán. Publicou traballos sobre a traxedia, a historia da filoloxía, a historia crítica dos textos e a métrica, a historia da lingua e a relixión gregas. Destacan os seus estudos sobre Homero (Homerische Untersuchungen, 1884; Ilias und Homer, 1916) e Safo (Sappho und Simonides, 1913).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Figuriña feminina de pedra calcaria atopada en 1909 nun dos xacementos paleolíticos da vila de Willendorf, na Baixa Austria, asociada con industrias líticas auriñacenses ou gravetenses.