"Lob" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 251.

  • Falta ou extrema diminución de gammaglobulinas no sangue. Forma parte do numeroso grupo das síndromes de inmunodeficiencia conxénitas. O tratamento consiste na administración de gammaglobulina ou de inmunoglobulina G.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tumor ou vulto superficial indoloro que aparece nalgunhas partes do corpo do gando.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que presenta unha forma ou cor semellante á do lobo galego (gris), referido sobre todo aos animais.

    2. Animal que foi mordido ou atacado por un lobo.

    3. Couto de caza ou recinto invadido por lobos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pobo indíxena (populi) galo que, segundo as fontes romanas, estaba establecido no val medio do Ródano. Quinto Fabio Máximo venceunos no 121 a C e foron incorporados á Galia Trasalpina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao pobo alóbroxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Célula que no embrión humano constitúe os denominados epitelios adamantinos (externo e interno), situados entre o esmalte e o retículo polposo do esmalte, e que recobren practicamente todo o órgano adamantino ou rudimento dentario no embrión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de bacteria anaeróbica presente no tubo dixestivo dos mamíferos. Realiza unha acción fermentativa intensa que degrada os glícidos coa produción de ácido butírico (fermentación butírica).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ilustrador, pintor e deseñador gráfico. Dende 1995 colabora en diferentes seccións no xornal El Progreso (“El Parapeto”, “Los sueños de la comadreja”, “A Tarabela”, “Furtivos y Cazadotes”) e na revista Bravú. Dende a súa primeira exposición individual en 1985, “Europa ha muerto” (Asociación Cultural A Estrada), realiza periodicamente mostras, individuais e colectivas. Entre as súas publicacións destacan: O Conde Vampiro, El Parapeto, Contos de Jack London, Crónica negra de Lugo e Lugo XX. Historia para un milenio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Fene baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido de orixe toponímica. Este nome de lugar, localizado en terras de Betanzos, Friol ou Fene, semella ser unha formación híbrida composta polo latín varalia ‘sebe feita de varas’ máis a terminación de orixe celta -obre, procedente do céltico -brix ~ -bris ‘altura, monte’.

    2. Sánchez Barallobre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten dous lóbulos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • O Grande Obxecto Binario é un conxunto de datos en forma de imaxes, sons e/ou textos que se almacena e xestiona como un único elemento. Este termo emprégase fundamentalmente no campo da tecnoloxía multimedia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de nubes interestelares de gas e pó, de forma circular ou oval, e de diámetro angular aparente duns poucos segundos de arco, que destacan nun fondo luminoso de estrelas afastadas. Son condensacións de materia interestelar de elevada densidade. Observados no 1947 por Bart Jan Bok, semella que son estruturas que colapsan cara ao centro (colapso gravitacional).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Película chamada orixinariamente El bosque de Ancines ou Lobishome, que se estreou en maio de 1971. O guionista J. Antonio Porto propúxolle ao director Pedro Olea a adaptación da novela de Carlos Martínez Barbeito, que fora finalista no Premio Nadal de 1944, obra pola que previamente se amosara interesado J. A. Bardem. Olea e Porto elaboraron o guión técnico. O relato literario está inspirado en feitos dos que foi protagonista Manuel Blanco Romasanta (Benito Freire na fición). No tempo do chamado “Nuevo cine español”, este filme pretendía afastarse da metáfora e do simbolismo, e mostar unha historia propia dunha sociedade subdesenvolvida, que quizais por estar situada no século XIX, non espertou a suspicacia da censura franquista. Benito, quincalleiro de oficio, facía ás veces de guía para as persoas que emigraban a outras terras. Cando atravesaba a fraga de Ancines sentía a imperiosa necesidade de asasinalas. De volta a Galicia traía cartas falsificadas nas que se falaba do ben que lles...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga fortaleza situada en San Martiño do Pino (Cospeito). Destruída en 1467 durante a Revolta Irmandiña, foi propiedade do mariscal Pardo de Cela. A finais do s XVII pertenceu ao conde de Fuensaldaña. Consérvanse parte do foso e dos parapetos exteriores, amais da torre da homenaxe. De planta cadrada, estivo cuberta por unha bóveda de canón reforzada por medio de arcos faixóns. Actualmente existe un pazo con este nome no Pino, dende onde se poden observar as ruínas da torre da Caldaloba ou de Vilaxoán. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Miño baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Estrada baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Hepática da orde das calobriais.

    2. Orde de hepáticas da subclase das jungermánidas, de pequenos talos erectos que portan tres series de pequenas estruturas foliosas iguais entre si e cápsula de abertura en catro valvas. Pertencen a esta orde os xéneros: Takakia, de estruturas foliosas divididas ata a base en segmentos cilíndricos e presente en Asia; e Haplomitrium, de estruturas foliosas planas e presente en Europa e Asia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto, astrónomo e teólogo. Estudiou nas universidades de Alcalá e Salamanca e doutorouse en Teoloxía en Louvain. Foi monxe cisterciense, abade do mosteiro beneditino de Montserrat de Emaús (Praga) e bispo de Campania, de Otranto e de Vigevano. Realizou numerosas observacións meteorolóxicas e físicas, e intentou aplicar á astronomía unha formulación mecánica. Como arquitecto destaca o deseño da fachada da catedral de Vigevano e o tratado Arquitectura civil recta y oblicua (1667-1668). A súa obra máis destacada é Mathesis vetus novis operationum compendiis (Método antigo para os novos compendios de operacións, 1670) na que expón o fundamento xeral dos sistemas de numeración de base n, que propón como vantaxosos fronte ao uso dos decimais e inventa un sistema de logaritmos perfectos, precursor dos cologaritmos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hemoglobina combinada con dióxido de carbono.

    VER O DETALLE DO TERMO