"Loio" (Contén)
Mostrando 11 resultados de 11.
-
PERSOEIRO
Fundador da Compañía de Xesús. De familia nobre, dedicouse á carreira militar. Ata 1517 residiu na Corte de Fernando II, daquela rexente de Castela, ao servizo do contable maior do rei, Velázquez de Cuéllar; logo serviu ao seu parente, o duque de Nájera, vicerrei de Navarra. Ferido durante o sitio de Pamplona polos franceses (1521), foi trasladado a Loiola, onde a lectura de libros espirituais durante a convalecencia levouno a ir en peregrinación a Terra Santa e a facer vida penitente. Primeiramente peregrinou ao santuario de Montserrat, onde velou as armas de cabaleiro espiritual; despois viviu en Manresa, onde realizou prácticas moi rigorosas de pobreza, oración e penitencia, e onde comezaría a escribir os Exercicios espirituais, síntese persoal das súas experiencias e das correntes espirituais dos ambientes en que estivera: franciscanismo cristocéntrico de Euskadi, Devotio Moderna de Montserrat e ecos vicentinos e lulianos difundidos por Catalunya. En 1523 peregrinou a Xerusalén...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Parroquia do concello de Malpica de bergantiños. baixo a advocación de Santa maría.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Parroquia do concello de Malpica de Bergantiños baixo a advocación de santa María.
-
AFLUENTES
Afluente do Miño que nace da confluencia dos arroios das Devesas e As Lamas, na parroquia de Castro (Paradela). Baña o concello de Sarria e desemboca na parroquia de Loio (Paradela).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Paradela. Pertenceu ao antigo mosteiro de Santa María de Ribalogio, e o seu estilo é mozárabe, cunha soa nave en que se poden distinguir dous modillóns na cabeceira e na porta principal.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Santa María de Ribalogio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
santo Ignacio de Loiola.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Santuario situado preto de Azpeitia, destinado a centro de estudo e formación dos xesuítas. Edificouse sobre o antigo castelo de Loiola.
-
VER O DETALLE DO TERMO
santo Ignacio de Loiola.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro situado en Paradela. Posiblemente fundado no s VIII polo abade Quintila, constátase a súa existencia desde o s IX seguindo a regra de san Froitoso de Braga. Viviu a época de maior esplendor no s IX coa etapa dos cabaleiros templarios de Galicia e, de feito, a primeira reunión dos cabaleiros da orde militar de Santiago celebrouse neste mosteiro. A condesa Ermesinda mandouno restaurar, e en 927 os reis Sancho I Ordóñez e Afonso IV de León decidiron, nunha asemblea celebrada en Lugo, unha nova restauración disciplinar do mosteiro, que se lle encargou ao conde Gutier, pai de san Rosendo. A renovación do mosteiro confirmárona máis tarde os reis Ramiro II de León e Vermudo II. Posteriormente, estivo ocupado por monxes que seguían a regra de santo Agostiño.