"Lores" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 73.

  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro agrónomo, escritor e xornalista. En Galicia, onde vive dende 1932, exerceu diversos cargos burocráticos relacionados coa agricultura. En 1982 ingresou na Academia Galega de Ciencias co discurso “Home e técnica”. Escribiu diferentes ensaios: Introdución á economía galega de hoxe (1969), Máquinas e trebellos para labrar a terra (A Coruña, 1970) ou A cousa agraria no estatuto de autonomía de Galicia (Vigo, 1980). En Estampas do meu amigo Pepiño (Sada, 1980), recolle moitos dos seus relatos publicados con anterioridade en La Voz de Galicia. Comendador de número da Orde Civil do Mérito Agrícola; así mesmo, obtivo os premios Pérez Lugín e Fernández Latorre (1964).
     

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintora. É autora dunha obra de tendencia realista, aínda que empregue referentes surrealistas en creacións como As Caracolas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora. Ademais de cursar estudios de debuxo e pintura, estudiou maxisterio e piano. Nas súas obras reproduciu as porcelanas de Sargadelos e os encaixes de Chantilly, Bruxas e Camariñas, ademais de paisaxes, bodegóns e monumentos antigos. Realizou exposicións en diversas cidades e vilas de Galicia e en Madrid. Da súa produción salienta Combarro e Divina Pastora.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Emisión de radiación visible dun corpo que foi sometido a unha radiación infravermella.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cámara alta do Parlamento británico. Está constituída por tres pares de sangue real, 794 pares hereditarios, 375 pares vitalicios (19 lores de apelación e 338 pares vitalicios) e 26 pares espirituais (2 arcebispos e 24 bispos). Desde a fin do s XVIII perdeu a maior parte do seu poder en favor da Cámara dos Comúns. As súas facultades redúcense á posibilidade de exercer o dereito de veto por dous anos sobre as leis aprobadas pola cámara baixa. Con todo, os nove lores de apelación (Law Lords) exercen a función dun tribunal superior de apelación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz e presentadora. Diplomada en maxisterio, formou parte do grupo de teatro Migallas, co que representou obras como O cantante e as mulleres de Carlos Yus (1992). Participou na montaxe de A lagarada do Centro Dramático Galego (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actriz de teatro, televisión, cine e dobraxe. Coñecida   como Mela Casal, comezou a súa andaina co grupo Ditea, co que realizou espectáculos como Farsa plautina (1987) ou A lenda de Xan Bonome (1986), ambas as dúas de Agustín Magán. Participou posteriormente en varias montaxes do Centro Dramático Galego, entre elas Así é (se vos parece), de Pirandello (1991), A Lagarada, de Otero Pedrayo (1992) ou Hostia, de Cotarelo Valledor (1996). Fundou a compañía Pífano Teatro, coa que puxo en escena, entre outras, Que pasa coas dependentas dos grandes almacéns ao cumpriren os cincuenta?, de Antón Losada (1999). Interveu nas longametraxes Divinas palabras, A metade da vida ou   Martes de Carnaval. No eido da televisión destaca o seu traballo en diversos programas de variedades e series como Velaí, Luar e Mareas Vivas. Exerceu en varias ocasións como axudante de dirección e locutora de radio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Cantante. Coñecida como Ana Kiro, comezou a súa traxectoria profesional en Barcelona aos catorce anos participando en concursos de radio. Inicialmente cultivou a canción española e José Guardiola contratouna para actuar por todo Levante. Actuou en distintos festivais musicais e acadou varios premios; fixo, ademais, teatro con Mari Santpere e Belter. En 1969 participou en varios programas de Galas del Sábado para Televisión Española, feito que impulsou a súa carreira musical. Realizou numerosas actuacións por España, Holanda, Suíza, Alemaña e finalmente estableceuse en Galicia. Entre 1996 e 1997 presentou na TVG o programa Toda unha vida e, posteriormente na mesma cadea televisiva, Tardes con Ana. Filla Predilecta de Arzúa, recibiu o Botón de Ouro da Irmandade Galega de Caracas, a Medalla de Ouro Ano Xacobeo da televisión arxentina e o Percebe de prata 1999.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Campaña lanzada polo goberno da República Popular China en 1956 destinada a dar paso á libre expresión de intelectuais e artistas. Trouxo consigo unha corrente crítica contraria á excesiva concentración de poder, que provocou a reacción do Goberno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación dominical editada en Pontevedra dende marzo de 1904 ata abril do mesmo ano. Subtitulada “Semanario satírico y literario”, entre os seus colaboradores figuraban Torcuato Ulloa, Antonio Señoráns, Higinio Chantrero ou Labarta Pose. A maior parte dos traballos que acolleu estaban redactados en castelán, xa que en galego só se editou un poema de F. Portela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ente de dereito público, creado en 1988, que ten como funcións xerais velar pola protección dos investidores, pola transparencia dos mercados de valores e pola correcta formación dos prezos dos mesmos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintora. Estudiou debuxo e pintura en Madrid. Participou en exposicións en Lugo, Santiago de Compostela e Madrid. Entre os galardóns que recibiu destaca a terceira medalla do XXX Salón de Otoño (Madrid, 1959).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintora, irmá de Camilo, Indalecio e Ramiro Díaz Baliño. Iniciou os seus estudios co seu irmán Camilo e en 1929 recibiu unha bolsa da Deputación da Coruña que lle permitiu ampliar estudios en Madrid. Foi profesora de debuxo na Escola de Artes e Oficios e no Instituto Feminino da Coruña. Na súa obra mostra unha imaxinación leda e chea de cor e de carácter decorativo que lembra as ilustracións dos contos. Posúe un debuxo solto e un rico colorismo, en obras que lembran en certo modo o modernismo, con mulleres convertidas en fadas e paisaxes imaxinadas pola artista, nas que os motivos florais enchen o espacio. As súas creacións, realizadas en pequeno formato, amosan un certo horror vacui. Entre as súas obras destacan Tríptico alegórico de Galicia e Las Hadas del Caracol. Participou, entre outras mostras, na Exposición de Arte Gallego (Santiago de Compostela, 1926), na Gran Exposición Regional de Bellas Artes y Artes Decorativas da Real Sociedad Económica de Amigos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor, gravador e escultor. Estudiou gravado na Escuela de Artes y Oficios de Madrid e asistiu aos Talleres de Arte Actual do Círculo de Bellas Artes de Madrid. No campo da escultura, obtivo unha bolsa da Junta de Extremadura (1987 e 1989), da Kunstlehaus Hamburg (1990), da Kunstlehaus am Deich Bremen (1991) e en 1994 recibiu a bolsa Banesto. Realizou exposicións, entre outras cidades, en Madrid e Berlín, e participou en diversas mostras colectivas entre as que destacan a V Bienal de Barcelona (1984), Artistas Hispano-Portugueses (1990), a Bienal de Vila Nova da Cerveira (1991), ARCO’95 e a IV Mostra Unión Fenosa (1995). A súa obra está na Colección Banco de España, no Museo Extremeño e Iberoamericano de Arte Contemporánea (MEIAC) e no Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Alacant, Comunitat Valenciana, situado á beira do delta do Segura (6.127 h [1996]). A agricultura é o principal recurso económico, pois á parte de ocupar case ao 30% dos traballadores, os cultivos de hortalizas, algodón e cereais constitúen a materia prima da que se abastecen as súas industrias, dedicadas fundamentalmente á transformación destes produtos agropecuarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Berro que marcou o comezo da independencia de México, emitido polo cura Hidalgo na cidade de Dolores en 1810.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Proceso mediante o que os sales hidratados perden a totalidade ou unha parte da súa auga de cristalización cando a súa presión de vapor é máis alta ca a do ambiente, nun intento de igualar as dúas. A perda das moléculas de auga provoca a ruptura do retículo cristalino.

    2. Formación dendrítica de pequenos cristais formados a rentes do chan pola evaporación de solucións salinas do solo.

    3. Calquera formación eruptiva da pel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos corpos nos que se produce ou se pode producir unha eflorescencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Documentación notarial galega, comprendida entre os ss XVI e XIX, que recolle o testemuño oficial dos prezos no mercado público de cada cidade ou vila cabeza de xurisdición nunha data determinada do ano, polo xeral na primavera. A través deste documento con valor xudicial regulábanse os prezos do ferrado de trigo ou centeo das rendas atrasadas, de tal xeito que as clases rendistas garantían o cobro das súas rendas en diñeiro. Para os historiadores, é moi útil para o estudo das variacións dos prezos do gran e os problemas sociais que implicaban.

    VER O DETALLE DO TERMO