"Los Angeles" (Contén)

Mostrando 11 resultados de 11.

  • GALICIA

    Escritora coñecida polo seu pseudónimo An Alfaya. Realizou os estudios de maxisterio, criminoloxía e detective privado. Cultiva a narrativa curta, o teatro, o relato e a poesía. Participa na fundación do Teatro Avento de Vigo e no 1989 recibe un accéssit na Mostra de Teatro Infantil Xeración Nós pola súa obra Bua-bua-requetebua, para gañar no 1991 o primeiro premio deste certame con O maquinista Antón, xunto co segundo premio no certame Meigas e Trasgos con Noite de meigallos. En castelán gañou dous accéssit nos premios Ciudad de San Sebastián e ASEJE, coas pezas para adultos El uno y el otro (1991) e La danza del paraguas (1995), respectivamente. No eido da novela infantil publicou en galego O caderno azul (1996) e Sireno, Sireno! (Premio Merlín 1997); en castelán publicou Tita (1997). En galego ten os contos Os morcegos, Auga varrida, O escondedoiro, e en castelán Querer es...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica mexicana. Estudiou arte dramática na Escuela de Teatro de Guadalajara. Debutou como actriz de cine a principios da década dos corenta, pero non se deu a coñecer ata 1943, cando protagonizou Doña Bárbara. A partir dese momento iniciou unha intensa actividade cinematográfica que a levou a protagonizar numerosas películas, entre as que destacan La devoradora (1946), Río Escondido (1947), Maclovia (Beleza maldita, 1948), La noche del sábado (1950), Messalina (1951), La belle Otero (A bela Otero, 1954), Miércoles de ceniza (1958), La fièvre monte à El Pao (Os ambiciosos, 1959) e La generala (1969).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz. Participou en espectáculos como O Mariscal (1994), co Centro Dramático Galego; A rúa das balconadas (1991) e A culpa foi de Mozart (1995), cos Monicreques de Kukas; e Os titirinautas (1989) ou Caleidoscopio (1991) con Falcatrúa. Tamén colaborou con Danthea ou Teatro Galileo e en 1997 creou a compañía Títeres Trompicallo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz e cantante. Coñecida como Rocío Dúrcal, comezou cantando en programas de radio e televisión como Primer aplauso, de TVE. Co produtor Luís Sanz debutou no cine con quince anos. Entre as películas nas que participou destacan Canción de juventud (1962), Rocío de la Mancha (1962), Tengo 17 años (1964), Más bonita que ninguna (1965), Las Leandras (1969) ou Marianela (1972). Gravou numerosos discos, entre os que salientan os dedicados á música mexicana, como Caramelito (2003) ou Entre Tangos y Mariachi (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Soprano. Coñecida como Victoria de los Ángeles, debutou en 1944 no Liceu, o que marcou o inicio dunha carreira musical moi ampla, con actuacións nos máis importantes teatros do mundo. Recibiu o Premio Nacional de Música del Ministerio de Cultura (1978) e o Premio Nacional de Música de la Generalitat de Catalunya (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de California, na costa occidental de EE UU (3.694.820 h [2000]; 16.373.645 h [2000] na área metropolitana). Situada ao pé da Cordillera Litoral, esténdese pola chaira litoral desde os montes de San Gabriel ata as baías de San Pedro e de Santa Monica. O seu desenvolvemento demográfico foi constante e constitúe a segunda metrópole do país. A composición étnica da poboación, moi heteroxénea, rexistra importantes colonias de mexicanos, chineses, xaponeses, filipinos e negros. O núcleo primitivo da cidade é da primeira metade do s XIX, e presenta un aspecto colonial español. É centro turístico grazas á explotación das súas praias, como as de Long Beach ou Santa Monica, así como pola sona das súas residencias de inverno, aínda que o elemento máis importante para o auxe inicial da explotación turística foi o asentamento dos estudios cinematográficos na ladeira de Hollywood, ao NO de Los Angeles. A explotación e refinamento do petróleo, xunto coas construcións aeronáuticas, son...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal fundado en EE UU en 1881 por Nathan Cole e Thomas Gardiner. Ao ano seguinte, o coronel Harrison Gray Otis converteuse en socio desta publicación e da Weekly Mirror, e fusionounas para crear o grupo Times-Mirror Company (1884). A partir da década de 1960, a publicación comezou a súa expansión e pasou a ser unha das máis relevantes do país.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión da resistencia dos áridos no desgaste. Maniféstase pola diminución das dimensións das partículas dunha mostra (expresadas en porcentaxe en peso, sobre o peso inicial, das partículas que non pasan por unha criba determinada) experimentada pola fretaxe das partículas coas bólas de aceiro que contén o aparato de ensaio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante lírica. Coñecida como Ángeles Otein, percorreu o mundo conseguindo numerosos éxitos en Italia, nos países nórdicos e en América. Abandonou a escena en 1942 e dedicouse ao ensino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico e liturxista, fillo dos condes de Luna. Ingresou na orde franciscana, da que foi designado ministro xeral en 1523. Nomeado cardeal en 1527, publicou un novo breviario romano para uso privado dos cregos e relixiosos, desautorizado por Pío V en 1568, pero substancialmente adoptado por Pío X en 1911.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Victoria de los Ángeles López García.

    VER O DETALLE DO TERMO