"Losada" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 40.

  • PERSOEIRO

    Escultor e entallador de retablos que traballou en Ourense. Participou, xunto a Xoán López, no retablo de San Martiño de Beariz (1615) no Carballiño, hoxe no concello de San Amaro. Tamén é autor do retablo da igrexa de Nosa Señora do Colexio de Allariz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dominico. Foi mestre de estudiantes no convento de Santiago de Compostela. En 1784 publicou Sermón de la Traslación del Glorioso Apóstol Santiago, Patrón de las Españas

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e político conservador. Marqués de Figueroa. Doutor en Dereito e deputado nas Cortes por Pontedeume e pola Coruña. Foi ministro de Agricultura e Obras Públicas e de Gracia e Xustiza. Amais, foi presidente e vicepresidente do Congreso e membro numerario da Academia de la Lengua Española e da Academia de Ciencias Morales y Políticas. Publicou varias obras, entre elas: De la poesía gallega (1889); Del Renacimiento literario y artístico de Galicia (1890); La música popular gallega (1906). A súa poesía bilingüe está recollida nos volumes Del solar galaico (1917) e Libro de cantigas. En tierras galaico-lusitanas. Impresiones. Reminiscencias del vagar (1928). Ademais escribiu as novelas El último estudiante (1883), Antonio Fuertes (1885), La Vizcondesa de Armas (1887) e Gondar e Forteza (1900).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enxeñeiro. Publicou dúas obras: Elementos de Geometría y su aplicación a la resolución de algunos problemas para uso de los aspirantes a maquinistas de la Marina mercante (1898) e Elementos de Aritmética, escritos con arreglo a los programas vigentes en las Escuelas de Maestranza y aspirantes a maquinistas (1906).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico, óptico e farmacéutico. Fundou a adega Arriana en 1992 (Denominación de Orixe Rías Baixas) situada no Condado de Tea, na fronteira entre Galicia e Portugal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xurista e político. Avogado da Real Audiencia de Galicia e deputado do común no concello de Santiago de Compostela. Durante a Guerra da Independencia (1808-1812) foi o único membro da corporación municipal que permaneceu en Compostela trala chegada dos franceses e, unha vez que estes abandonaron a cidade, exerceu como xuíz e alcalde mentres non volvían os restantes membros do concello. Foi comisario de seguridade pública de Santiago de Compostela e no ano 1812 nomeárono rexedor da cidade, pero, trala restauración de Fernando VII, obrigárono a deixar este posto polas súas ideas liberais. Cando no ano 1820 o xeneral Acevedo restableceu o réxime constitucional en Santiago de Compostela, elixírono alcalde primeiro da cidade por voto xeral e reelixírono ao se organizar legalmente o concello.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Músico e cantautor. Foi o iniciador da corrente celta co lanzamento do seu primeiro disco Fonte do araño (1977), que supuxo unha renovación no eido musical, e o primeiro músico en recuperar a arpa como instrumento dentro da música tradicional galega. Boa parte do seu repertorio é cantado, tomando como base poemas propios e textos de Rosalía de Castro, Manuel Antonio, Uxío Novoneyra ou Suso de Toro, entre outros poetas. A partir de 1983 compuxo bandas sonoras para cine e teatro, entre as que destacan Xoana, de Xulio Lago (1986); Medea, de Eduardo Alonso (1989); Hamlet, de Ricard Salvat (1991); ou Unha rosa é unha rosa, de Suso de Toro (1997). Colaborou co coreógrafo Daniel Goldin musicando as coreografías La peregrinación (1986) e La sombra y la luna (1992), gañadoras, respectivamente, do primeiro premio á mellor coreografía do VII Concurso das Artes de Arxentina e á mellor coreografía do Concorso Internazionale de Coreografías...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Discípulo e xenro de Mateo de Prado, participou nas obras do baldaquino perdido de Oseira. Realizou unha imaxe de santo Antón para unha capela de Melide en 1675. En 1679 traballou na imaxe da Nosa Señora da O da confraría do Rosario de Santiago de Compostela. En 1681 foi asalariado da catedral de Santiago de Compostela e, en 1685, restaurou a imaxe do Santo Cristo do altar da Nosa Señora da Soidade. En 1688 realizou dúas imaxes de san Bieito e santo Antón para a igrexa de Santa María do Campo (O Irixo). É probable que traballase no mosteiro de Santa María de Oseira con Xoán Carballo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso. Publicou Novena a la Virgen de la Cela (1872).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e político. Estudiou medicina nas universidades de Santiago de Compostela e Madrid. En 1856, ano en que obtivo o doutoramento, ingresou no exército como médico militar e foi destinado ao Hospital Militar de Madrid. Destacado cirurxián durante a guerra de África, foi médico da Raíña Isabel II e do Rei Afonso XIII. En 1867 foi elixido deputado a Cortes pola circunscrición de Ourense. Tamén foi inspector xeral de sanidade en Cuba e fundador do Museo Anatómico y Patológico do Hospital Militar de Madrid. Escribiu varios libros e artigos científicos sobre medicina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe descendente dos Flórez ou Flores. As súas armas levan, escudo cortado: primeiro, en campo de azul, cinco flores de lis, de ouro, postas en aspa; segundo, en campo de goles, dous lagartos dereitos, da súa cor, postos en faixa, e sobre eles unha lousa, de prata (armas dos Losada).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e político. Propietario rendista, foi deputado pola sección de Xinzo de Limia (1865-1866), polos distritos de Redondela (1889-1890) e Valdeorras (1893-1895), e senador pola provincia de Ourense (1898-1899).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi senador por Lugo (1843-1844) e deputado polo distrito de Valdeorras (1846-1849). Ao renunciar á acta de deputado por Valdeorras (1849) para converterse en senador vitalicio, foi denunciado e renunciou ao escano senatorial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Franciscano galego. Residiu nos conventos de Melide e A Graña antes de exercer como definidor e profesor de teoloxía en León (1743). Foi autor de Cultivo racional. Diálogo entre curioso y desengaño en que con nuevo modo de erudición filosófica y doctrina sutil o escotística [...] (1743).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora. Relacionada con diversos membros da Igrexa, como Diego A. Cernadas Castro, cura de Fruíme, encargouse da ordenación e publicación das obras do seu irmán o Padre Isla. Malia que destruíu a maior parte da súa obra, sábese que escribiu unha biografía sobre o cura de Fruíme, sen asinar, e outra sobre o Padre Isla, publicada co pseudónimo J. I. de Salas. Ademais, compuxo o canto heroico de temática sentimental Despedida de Lydia y Armindo e un romance humorístico en galego dedicado ao cura de Fruíme.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae por armas, en campo de ouro, un león de azur, linguado de goles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae por armas, en campo de goles, dous lagartos de sinople e brochante sobre eles un billete de prata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Economista. Especialista en Historia Empresarial, Demografía e Economía da Poboación, foi membro da directiva do Arquivo da Emigración Galega e membro da Comisión Ejecutiva Nacional do PSdeG-PSOE (2000). Colaborador en numerosas publicacións e co-editor de Galicia-América. Unha contribución bibliográfica (1992) e de Base bibliográfica da emigración galega (1997), escribiu As relacións económicas entre Galicia e os países de destino da emigración (1995) e Cuba. Población y economía entre la independencia y la revolución (1999). Editou a revista Estudios Migratorios (1995-1999).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Despois de estudar medicina na Universidade de Santiago de Compostela, ingresou no Corpo de Sanidade Militar. Afiliouse ao partido republicano, o que o levou a participar no Levantamento de Solís de 1846. Colaborador de diversas publicacións, como El Heraldo Gallego e Revista Gallega, pódese adscribir á xeración provincialista, polo que forma parte da nómina de poetas tardíos do Rexurdimento. Da súa obra destacan Poesías (1878), o seu libro máis romántico; Soazes d’un vello (1886), onde se recolle a totalidade das súas composicións en galego, e Contiños (1888), un conxunto de poemas breves de contido burlesco, moi criticado por E. Pardo Bazán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e investigador. Doutor en Filosofía e Letras e catedrático de Literatura Galaico-Portuguesa pola Universitat de Barcelona, desde 1970 desenvolveu o seu labor como profesor dos programas en España das universidades de California e Illinois, e tamén do Knox College e do Darmouth College. Foi director literario das editoriais Caralt Editores e Noguer de Barcelona, membro do consello de redacción da revista Grial, asesor da Enciclopedia Galega Universal (EGU) e membro do consello científico do Boletín Galego de Literatura. Ademais, exerceu como vicepresidente (1985-1993) da Asociación Española de Críticos Literarios e tamén como vicepresidente da Asociación Internacional de Estudios Galegos (2000). Das súas obras destacan os traballos de investigación filolóxica e literaria que se centran en figuras como Rosalía de Castro, Luís Seoane, Fernando Pessoa, Jorge Amado, Saramago, Castelao ou Celso E. Ferreiro; os numerosos artigos e estudios sobre as literaturas...

    VER O DETALLE DO TERMO