"Mañón" (Contén)

Mostrando 7 resultados de 7.

  • PERSOEIRO

    Trobador occitano. Pertenceu a un nobre familia e residiu na corte de Raimundo Berenguer IV e de Carlos de Anjou. É autor de serventesios políticos e de coplas satíricas, humorísticas e amorosas dedicadas á súa amada Laura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de santa María que dá nome ao concello de Mañón, onde se atopa a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Ortegal, ao N da Comunidade Autónoma de Galicia e ao NL da provincia da Coruña, situado a 43° 38’ de latitude N e 7° 44’ de lonxitude O. Limita ao N co Mar Cantábrico, ao L co Mar Cantábrico e cos concellos do Vicedo e Ourol (A Mariña Occidental), ao S co concello das Pontes de García Rodríguez (Eume) e Muras (Terra Chá), e ao O co concello de Ortigueira (Ortegal). Abrangue unha superficie de 82,2 km 2 cunha poboación de 1.693 (2007), distribuída nas parroquias de Bares, As Grañas do Sor, Mañón, Mogor e As Ribeiras do Sor. A súa capital é O Porto do Barqueiro, na parroquia de Mogor, situada a 121 km da cidade da Coruña e a 143 km de Santiago de Compostela. Está adscrito á diocese de Mondoñedo e ao partido xudicial de Ortigueira.
    Xeografía física
    Forma unha estreita e longa franxa de terreo entre as provincias de Lugo e A Coruña ocupando a vertente occidental do río Sor. A anchura media é de 3.500 m mentres que a lonxitude é...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Heroína protagonista da novela de A. F. Prévost Histoire du chevalier des Grieux et de Manon Lescaut (1731). Manon, unha cortesá, é redimida pola paixón e polo amor fiel que un home, des Grieux, lle profesa ata a morte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ópera dramática en catro actos, con música de Giacomo Puccini (1858-1924), con libreto de R. Leoncavallo, G. Illica, G. Giacosa, M. Praga, D. Oliva e G. Ricordi, inspirada na novela Histoire du Chevalier des Grieux et de Manon Lescaut do abade Prévost. Estreada no Teatro Regio de Turín o 1 de febreiro de 1893, a súa acción desenvólvese en Francia durante a segunda metade do s XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia da ría de Arousa situada na parroquia de Abanqueiro (Boiro).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Álvaro de Figueroa y Torres.

    VER O DETALLE DO TERMO