"Madrazo" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • PERSOEIRO

    Biólogo. Catedrático de Ciencias Naturais do Instituto Nacional Masculino de Ensino Medio de Lugo (1943) e catedrático de Zooloxía de Vertebrados da Facultade de Ciencias de Madrid (1956). Realizou diversas estadías nas universidades de Porto, Coimbra e Lisboa por mor da preparación da súa tese de doutoramento sobre o xénero Armeria, que defendeu en 1950 e na que describe o endemismo galego Armeria merinoi. Cofundou en 1954 a Sociedad Española de Ornitología, da que foi secretario e editor na revista da asociación Ardeola ata 1972. En 1948 publicou no Boletín de la Real Sociedad de Historia Natural dous artigos sobre as aves das illas Sisargas onde pon por primeira vez de manifesto a valía ornitolóxica do arquipélago e onde describe a forma ibérica de arao como Uria aalge ibericus, de validez taxonómica discutida. En numerosos artigos e notas deixou constancia das súas observacións ornitolóxicas en Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de pintores do s XIX. José de Madrazo Agudo (Santander 1781-Madrid 1859), foi discípulo de Ferro y Acuña en Madrid, de J. L. David en París e de A. Canova en Roma. Foi pintor de cámara de Carlos IV, Fernando VII e Isabel II, director da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando (1838) e do Museo Nacional del Prado (1839). Pintor neoclásico, cultivou o tema histórico, como na obra La Muerte de Viriato. O seu fillo Federico de Madrazo Kuntz (Roma 1815-Madrid 1894) foi discípulo seu en Madrid, de J. A. D. Ingres en París e de J. F. Overbeck en Roma, e pintor de cámara da Raíña Isabel II. O goberno francés encargoulle Godofredo de Boulogne para Versailles. Foi director da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando (1865) e do Museo Nacional del Prado (1860-1881). Luis de Madrazo Kuntz (Madrid 1825-1897), colaborou co seu irmán Federico e foi director da Escuela Superior de Bellas Artes de Madrid. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Taquígrafo e escritor. Foi taquígrafo do Congreso (1846-1853) e de diversos diarios de Madrid. Publicou Historia militar y política de Zumalacárregui (1844), Glorias de la taquigrafía. Excelencias de la de Martí (1857) e   Impresiones de un viaje a Barcelona (1858).

    VER O DETALLE DO TERMO