"Main" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 52.
-
-
Baixar ou recoller en todo ou en parte as velas dun barco.
-
Perder intensidade o vento, a calor, unha tempestade, a choiva ou calquera fenómeno meteorolóxico.
-
Remitir unha doenza, unha dor, a febre e outros problemas físicos ou psicolóxicos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
ameixa.
-
PERSOEIRO
Historiador e teórico da arte francés. Foi o encargado de conservar as obras pitóricas no Musée du Louvre. Exerceu tamén como profesor da escola do Louvre (1941). É autor de diversas obras, como Histoire de l´art (Historia da arte, 1953) e Histoire de l´avant-garde en peinture (Historia da vangarda en pintura, 1969).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e botánico. Foi médico de cámara de Carlos III e ocupou despois o cargo de primeiro catedrático no Jardín Botánico de Madrid. Foi o primeiro en publicar uns Principios de Botánica (1767), nos que empregou a nomenclatura binaria linneana e intentou fixar a terminoloxía botánica, procurando facer prevalecer formas populares sobre os neoloxismos derivados directamente do latín.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. É o autor do castelo de Lunéville (1703-1706), de estilo clásico. Rematou a Catedral de Nancy (1742), iniciada polo seu mestre Jules Hardouin-Mansart. Na igrexa de Saint-Jacques de Lunéville (1730-1749), aproximouse ao Barroco alemán. Construíu diversos hôtels parisienses, como o Amelot (1710-1712) ou o Torcy (1714). Foi un dos creadores da ornamentación rococó: interior do hôtel Soubise (1735-1740), hoxe sede dos arquivos nacionais. Traballou para o duque de Lorena (châuteau de Lunéville, 1702 e 1706) e para o elector de Baviera. Publicou Livre d’architecture contenant les principes généraux de cet art (Libro de arquitectura que contén os principios xerais desta arte, 1745).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico. Realizou unha serie de estudios básicos sobre a anatomía e a cirurxía da rexión inguinal, na que descubriu a existencia do ganglio linfático crural (ganglio de Cloquet) e dun tipo específico de hernia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Título xeral baixo o que Honoré de Balzac publicou o esencial da súa produción novelesca, entre 1842 e 1848. A visión de conxunto e a técnica empregada parten da publicación de La peau de chagrin (1831) e perfílanse definitivamente con Père Goriot (1834), ao concibir a idea da aparición intermitente dos mesmos personaxes. A obra perfílase como unha gran síntese cósmica e social cunha rigorosa unidade de composición. A primeira parte compóñena os Estudios de costumes e divídese en: Escenas da vida privada, Escenas da vida de provincia, Escenas da vida parisiense, Escenas da vida política, Escenas da vida militar e Escenas da vida rural; a segunda confórmana Estudios filosóficos; e a terceira Estudios analíticos. Traza un amplo abano de tipos sociais, desde o aristócrata ao pequeno comerciante e ao campesiño, e prescinde da clase obreira. A orde cronolóxica dos argumentos vai desde 1308 a 1846, pero a maioría das novelas sitúanse entre a Revolución de 1789 e os últimos anos da monarquía de...
-
PERSOEIRO
Realizadora cinematográfica francesa. Dedicouse ao cine a partir de 1915 e despois da Primeira Guerra Mundial participou nas correntes vangardistas. Publicou numerosos escritos sobre cine en distintas publicacións. Entre as súas producións destacan La fête espagnole (A festa española, 1919), La souriante Madame Beudet (A sorrinte Madame Beudet, 1922) e La coquille et le clergyman (A cuncha e o crego, 1926), de tipo surrealista.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Romain Kacew.
-
PERSOEIRO
Pintor, gravador e escultor. Coñecido como Edgar Degas, nome co que asinaba as súas obras. Recibiu a influencia de Ingres, aínda que a súa formación se debeu principalmente ao estudo dos antigos mestres no Musée du Louvre e ás súas estancias en Italia (1854-1859). Formou parte do grupo do Café Guerbois (1866) e foi un dos organizadores da primeira exposición dos impresionistas (1874). Participou nas outras mostras impresionistas, agás a de 1882. Comezou facendo cadros de historia, entre outros, Jeunes filles spartiates provoquant des garçons à la lutte (1860), pero centrouse no retrato, dos que destaca La famille Bellelli (1858-1867), e nas carreiras de cabalos, como Joquies davant les tribunes (1869-1872). Asiduo á l’Opéra de Paris, pintou escenas de ballet e danza, entre outras, L’École de danse (1874) e Danseuse à la barre (1880), que tamén cultivou na escultura, entre outras, La petite danseuse de quatorze ans (1881). As...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico suízo. Fundador da termoquímica, traballou fundamentalmente na química dos gases e enunciou a lei que leva o seu nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e diplomático francés. Coñecido como Gary Romain, da súa produción destacan Éducation européenne (1945), Les racines du ciel (Premio Goncourt 1956), La Promesse de l’aube (1960), Chien blanc (1970) e Les cerfs volants (1980). Co pseudónimo de Émile Ajar publicou La Vie devant soi (Premio Goncourt 1975).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Wilda, Poznań 1897 - Wetzlar 1985) Fotógrafa polaca. Estudiou fotografía en Múnic e en 1920 instalou o seu propio estudo en Berlín. Colaboradora de diversas revistas internacionais, traballou en París (1924) como fotógrafa de modas. Participou nalgunhas publicacións xunto a Delaunay, Man Ray e André Kertész. Ademais foi correspondente de guerra en Indochina (1946). Publicou Metal (1927).
-
RIOS
Río de Alemaña, un dos afluentes máis importantes do Rin. Nace na vertente SO da Selva de Franconia e discorre en dirección L-O entre os terreos sedimentarios de Alemaña central. Desemboca en Maguncia, despois de 524 km de percorrido, pola dereita do Rin. Está canalizado a maior parte do seu curso e é unha importante vía de comunicación.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Crisol provisto dunha tapadeira coa marxe dentada e que se axusta ben ás paredes e ao interior do recipiente, polo que se lle pode engadir líquidos facilmente, verténdoos sobre a tapadeira sen ter que sacala.
-
PERSOEIRO
Dominicano. De orixe galega, profesou no convento compostelán de San Domingos de Bonaval para despois ser electo como colexial no colexio de San Gregorio de Valladolid, do que tamén foi reitor (1522). Foi prior dos conventos de Palacios de Valduerna e Zamora, e predicador xeral da súa orde.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo derivado do nome persoal do latín tardío Mainardus, forma latinizada do xermánico Maginhard, formado por magin, variante do antigo alto alemán magan ‘forza, poder’, e -hard ‘duro, forte’. Aparece nos documentos altomedievais coas variantes: Maginardus, Mainardus, Meginardus e Meinardus. A súa difusión débese a san Mainardo (s XI), bispo de Urbino, celebrado o 14 de agosto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ariante do antropónimo Mainardo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Terreo onde se sementa o millo.
-
-
Aplícase ao terreo que é bo e fértil para o millo.
-
Que recolle moita abundancia de millo.
-
Aplícase ao pan elaborado cunha mestura de fariña de millo e centeo, con maior cantidade da de millo.
-