"Maraş" (Contén)

Mostrando 13 resultados de 13.

  • PERSOEIRO

    Lexicógrafo, poeta e estadista hindú. Escribiu un léxico versificado moi importante para o estudo do sánscrito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Pertenceu ao paso entre o Modernismo e o Novecentismo. Estudiou en Barcelona e París. Expuxo en Barcelona en 1900; en Venecia, en 1903 e 1905 (ano en que foi nomeado Mestre da Bienal) e en 1907; en Bos Aires (1910) e en Roma (1911). Tomou parte na exposición do Instituto Carnegie (1924) e na Exposición Internacional de Barcelona (1929). O comezo da súa obra sitúase nunha órbita postimpresionista, pero derivou cara a un preciosismo retórico no que abundaban os temas folclóricos. A partir dos anos vinte dedicouse á paisaxe, especialmente á de Mallorca. Ao morrer, a súa casa de Pollença foi convertida en museo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos camarasáuridos.

    2. Dinosauro da familia dos camarasáuridos.

    3. Familia de dinosauros da infraorde dos saurópodos, de pescozo e cola medianamente longos e con dentes grandes e saíntes, á que pertencen os xéneros Camarasaurus, Euhelopus e Opisthocoelicaudia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de dinosauros da familia dos camarasáuridos, de ata 18 m de lonxitude, propio de finais do Xurásico. Os seus principais xacementos están na actual América do Norte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Nacido no seo dunha familia campesiña, pasou os seus primeiros anos entre Chapa e Margaride (parroquias do concello de Silleda), ata que en 1913 emigrou a Bos Aires. Alí comezou a pintar os obxectos e cousas que tiña ao seu redor e as paisaxes que lembraba de Galicia. En 1917 ingresou por libre na Academia de Bellas Artes de Bos Aires, ao tempo que estudiaba co pintor arxentino Demetrio Urruchúa, co escultor Planas Casas e co gravador Pompeu Audivert, tamén emigrados. Nestes anos compaxinou a pintura con distintos traballos e colaborou na revista Fuego. Moitas das súas primeiras obras na Arxentina, de carácter expresionista, queimounas ao non consideralas axeitadas. En 1923 participou na Exposición de Arte Gallego de Bos Aires con catro obras de pequeno formato. Regresou a Galicia en 1926 e instalouse en Margaride. Realizou a súa primeira mostra individual na sala de exposicións do Faro de Vigo en 1928, ano no que recibiu unha bolsa da Deputación de Pontevedra que lle renovaron...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enzima do grupo das hidroliases que cataliza a hidratación reversible do fumarato a L-malato, que é unha das reaccións do ciclo de Krebs. Tamén se coñece como L-malato hidroliase.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Il de Anatolia Central, Turquía (14.680 km2; 1.025.241 h [1997]). A súa capital é Kahramanmaraş.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do il homónimo, en Anatolia Central, Turquía (303.594 h [1997]). A actividade económica máis importante é a explotación das minas de ferro e plata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Kahramanmaraş.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de fungos agaricais da familia das tricolomatáceas. En Galicia está presente a especie M. candidus, que se caracteriza pola súa cor branca, sombreiro rizado e esporas de 9 x 4 m.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de basidiomicetos agaricais, da familia das tricolomatáceas, que presentan sombreiro carnoso, delgado e flexible, láminas elásticas e esporas de cor branca. En Galicia están presentes distintas especies, das que destacan M. androsaceus, M. oreades, M. rotula e M. hudsonii.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Extenuación ou consumición extrema do corpo como consecuencia dunha enfermidade crónica, infecciosa ou tumoral.

      2. marasmo senil

        Atrofia normal dos tecidos na vellez.

    1. Falta de vontade ou ánimo.

    2. Suspensión ou paralización dunha actividade.

    3. Desorde ou confusión de gran magnitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Licor branco que se fabrica con cereixas amargas.

    VER O DETALLE DO TERMO