"Martín" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 595.
-
GALICIA
Doutorado en Sagrada Teoloxía con especialización en Liturxia no Pontificio Ateneo Antoniano de Roma. Foi vigairo provincial da provincia franciscana de Santiago e secretario da Facultade de Teoloxía do Pontificio Ateneo Antoniano. Desde 1986 desempeña o cargo de secretario da provincia franciscana de Santiago, amais de ser promotor de Formación Permanente e mestre de Liturxia e Teoloxía Espiritual no Instituto Teolóxico Compostelano. Participou na preparación das edicións galegas do Diurnal e do Leccionario.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nome co que se coñece o teórico e compositor alemán Martin Sore. Foi mestre de capela en Magdeburgo. Inventou un novo sistema de anotación de laúde.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa da parroquia homónima do concello de Barro. Románica de nave única e capela semicircular, conserva interesantes temas esculpidos, tanto nos capiteis do seu interior (nun deles aparece un músico), como nos da porta principal e o seu tímpano, con figuras humanas e animais. Na súa porta occidental denótase unha clara influencia da arte do obradoiro mateano, polo que debeu de ser construída cara ao final do s XII.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Ciclista. No seu palmarés figura o Primeiro Campionato de España de Afeccionados. Participou nos Xogos Olímpicos de Seúl do 1988. Campión galego de ciclocrós e do V Campionato de España de profesionais de ciclocrós, ambos os dous no 1991.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
L´Ouvrier (Bury, Oise 1815 - Mello, Oise 1895) Obreiro mecánico francés, revolucionario e seguidor de Blanc. Fundou o periódico L’ Atélier (1840). Participou na Revolución do 1848, foi integrante do Goberno Provisional e logo Presidente da Asemblea Nacional. Foi deportado, pero Napoleón III concedeulle a amnistía (1859). No 1871 participou na Comuna de París.
-
PERSOEIRO
Xornalista galego vencellado á prensa madrileña e identificado co movemento anticaciquil de Acción Gallega. Participou na tertulia da cafetería Excelsior, na que naceu o devandito movemento. Foi redactor de El Debate, xornal católico independente, xunto con Luís Antón del Olmet, Rafael Carvajal e Basilio Álvarez. Estreitamente relacionado coa Liga Agraria Redencionista Gallega, protagoniza varios mitins. Foi xefe de redacción do xornal Acción Gallega, formando parte da Xunta Central do movemento rexionalista sita en Madrid.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto aragonés. Construíu a igrexa do Seminario de Teruel; tamén edificou e renovou en Cuenca diversas igrexas e capelas da catedral e en Málaga fixo obras de arquitectura civil.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arqueólogo. Catedrático de Prehistoria e Arqueoloxía nas Universidades de Barcelona e de Madrid. Foi director do Museu d’Arqueologia de Barcelona e, posteriormente, do Museo Arqueológico Nacional. Dende 1939 ata 1953 dirixiu as escavacións de Empuries, xacemento catalán con tres sectores ben diferenciados (dous gregos e un romano), sobre as que publicou un estudo epigráfico, Las inscripciones ampuritanas griegas, ibéricas y latinas (1952), e unha ampla memoria, Las necrópolis de Ampurias (1953, 1955). Foi tamén autor dun libro de síntese, moi difundido nas universidades españolas entre 1960 e 1980, titulado Manual de historia universal I. Prehistoria (1960).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xurista e político castelán. Deputado (1854-1856), presidiu a comisión encargada da elaboración da Constitución do 1876. Como Ministro de Xustiza interveu na redacción do Código Civil (1888).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PERSOEIRO
Pintor. Viviu dende o ano 1937 en Galicia, primeiro na Coruña, onde cursou estudos na Escola de Artes e Oficios, e máis tarde en Santiago de Compostela. Tras unha viaxe a París e unha estancia en Madrid retorna á Coruña. A súa obra presenta unha grande influencia dos impresionistas franceses en canto á cor, e posúe unha coidada composición.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Publicou artigos sobre temas relacionados coa música e a poesía en revistas como Grial, Galicia turística, Galicia en Madrid, entre os que se contan “Panorama da música galega. Aportación do mestre Rodrigo A. de Santiago”, “Noticia y glosa del Método completo de gaita” ou “Poesía de Miguel González Garcés. Nas faíscas do soño”. Achegouse tamén ao teatro coa publicación dos cadros líricos Romaxe a Teixido (1955), Cantiga (1956) e Era outra vez o muíño (1958).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Compositor e escritor. Realizou estudios de Composición no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid. Compuxo unha suite para piano, unha sinfonía de cámara, varios cuartetos para corda, o poema sinfónico Galicia e a colección de Lieder agrupados baixo o título La humana pasión e a inacabada Mi cancionero mundial épico y lírico. Como narrador é autor de varias novelas: La dama de las magnolias, Palolo el canaco e Carnaval trágico. Como poeta, publicou os títulos: De mi tierra verde y arcaica, Poemas en tono de gris menor, Lirio nevado e Poemas de la ría de Ribadeo. Tamén colaborou na prensa galega con numerosos ensaios.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pequena obra de teatro de Xesús Santos Suárez publicada en 1999. Está composta por un preludio e tres actos, que se pode concibir ademais como unha poesía dialogada. Recolle as experiencias vividas por Martiño, un rapaz de nove anos, xunto aos animaliños da terra, mar e aire e as súas aprendizaxes ao lado do seu avó. A través das súas páxinas defende a natureza e o amor cara aos animais.
-
PERSOEIRO
Escritor dinamarqués. De orixe humilde e formación autodidacta, estableceuse na RDA en 1949. A súa obra literaria, composta de novelas e narracións autobiográficas, reflicte a situación do proletariado. Entre as novelas cómpre mencionar Pelle Erobreren (‘Pelle o Conquistador’), escrito entre 1906 e 1910, e Morten hin Rode (‘Martiño o Rubio’), publicada en 1945. Deixou libros de viaxes e de ensaio; destaca na narración curta.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa románica, situada en Pontedeume, de finais do século XII na que se conserva principalmente a ábsida semicircular. O máis destacado deste templo é a colección de canzorros que se sitúan baixo o beiril: os máis sinxelos decóranse con grandes volutas, estrías verticais e varios rolos, algúns unidos por un bocel. Outros presentan figuras humanas espidas e de crequenas. O interior da ábsida quedou oculto pola colocación dun retablo que foi traído da igrexa do mosteiro de Santa María de Monfero.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mestre pedreiro. Traballou nas fontes do Hospital Real de Santiago de Compostela ás ordes de Enrique Egas, mestre principal.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ou o filósofo aragonés (Pedrola, Aragón 1525 - Zaragoza 1581) Nobre e erudito. Conde de Ribagorza, duque de Luna e de Vilafermosa, casado con Luísa de Borja e de Aragón (1541). Foi educado en Santiago de Compostela e na corte como meniño da Emperatriz Isabel e do Príncipe Filipe, a quen acompañou a Flandres, onde tomou parte na Batalla de San Quintín (1557). Escribiu: Memorias Históricas de los Condes de Aragón, Historias de los reyes, condes y obispos de Ribagorza, Gistau, Pallás..., Vida del conde de Luna don Lope y de su hermano el arzobispo e Diálogos de medallas antiguas y de otros monumentos raros.
-
PERSOEIRO
Político vasco, conde consorte de Motriko. Militou no bando franquista tralo golpe militar que deu orixe á Guerra Civil española (1936-1939). Foi nomeado alcalde de Bilbao (1937-1938), embaixador en diversas capitais (1947-1964) e dirixiu o secretariado político de Xoán de Borbón, lexítimo sucesor de Afonso XIII no trono español, entre 1966 e 1969. Durante estes anos evolucionou cara a posicións monárquico-liberais e europeístas. Foi ministro de Asuntos Estranxeiros (1975-1976), fundou o Partido Popular (1976-1977) con Pío Cabanillas, do que cesou por discrepancias con Adolfo Suárez na formación da Unión de Centro Democrático e Acción Ciudadana Liberal (1978), que se integrou na Coalición Democrática (1979). Foi deputado a Cortes (1979) e Presidente do Consello de Europa (1981). En 1992 mostrouse partidario de modificar a Constitución Española para dar cumprimento aos acordos de Maastricht. Escribiu Reivindicaciones de España (1941), en colaboración con Castiella, pola que obtivo...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e novelista guatemalteco. Deuse a coñecer polas súas compilacións poéticas, adscritas ao Modernismo; emporiso, a súa obra máis destacable son os seus relatos ‘psicozoolóxicos’, influídos polo Surrealismo, como El trovador colombiano (1914). Tamén escribiu novelas de intención política como La oficina de Paz de Orolandia (1925) e El mundo de los Maharachias (1938).
VER O DETALLE DO TERMO