"Marte" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 33.
-
VER O DETALLE DO TERMO
litarxirio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Terreo situado na marxe esquerda do Tíber, fóra do pomoerium de Roma, orixinariamente destinado a manobras militares e á reunión dos comitia centuriata. Desde a época de César e, sobre todo, de Augusto, acolleu importantes edificacións que lle deron un estilo monumental.
-
PERSOEIRO
Mordomo do pazo dos reis merovinxios, fillo de Pipino de Heristal e da súa concubina Alpaida. Trala morte do seu pai, no 714, asumiu o poder e desbancou os fillos lexítimos. Derrotou as tropas de Neustria nas Ardenas no 716 e en Cambrésis no 717, e venceu o duque de Aquitania que os axudaba en Soissons no 719. Entre os anos 722 e 724 loitou contra os saxóns de Hessen e Turinxia e suprimiu o ducado de Alamania no 730. No 732 ‘Abd al-Ra ḥ mān ibn ‘Abd Allāh al-Gafiqī, Emir de Al-Andalus, dirixiu unha expedición musulmá que, despois de ocupar Bordeos e atacar Poitiers, se dispuxo a avanzar sobre Tours. Derrotou os musulmáns preto de Poitiers en 732, marcando o límite setentrional da penetración musulmana. No 737 entrou en Aviñón e destruíu as fortificacións de Agde, Besiers e Magalona, pero non logrou capturar Narbonne. No 739 detivo unha nova incursión musulmá en Provenza. Impulsou a predicación de Bonifacio e Willibrord entre as tribos xermánicas, pero someteu a Igrexa...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei titular de Hungría (1292 - 1295), fillo de Carlos II de Nápoles e de María, irmá de Ladislao IV de Hungría. Gobernou Nápoles durante as ausencias do seu pai, que o nomeou vicario de Nápoles entre o 1289 e o 1294, e novamente no 1295. Morto Ladislao IV, loitou contra Andrés III polo trono de Hungría e foi investido rei de Hungría en Aix-en-Provence (1292). A pesar da alianza con Serbia e Venecia o seu título non tivo efectividade ata 1308, cando foi elixido o seu fillo Carlos Roberto.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cuarto planeta do sistema solar, segundo a súa proximidade ao Sol. Ten un diámetro de 6.790 km, pesa 6.421 1023kg, e a súa órbita é moi excéntrica. A distancia do planeta ao Sol é de 228 millóns de km, e a súa distancia coa Terra oscila entre os 400 millóns de km, na conxunción do planeta, e os 56 millóns, en caso de que o planeta siga en oposición e se atope no perihelio. Marte ten estacións similares ás da Terra, pero son máis longas, porque un ano marciano dura 687 días; así mesmo, o día marciano ten unha duración de 24,6 horas. A composición da súa atmosfera, coñecida tras aterrar o Mars Pathfinder (1997), é de dióxido de carbono (95,32%), nitróxeno (2,7%), e outros elementos. A superficie do planeta presenta diversos tipos de formacións permanentes, entre as que as máis fáciles de observar son dúas grandes manchas brancas situadas nas rexións polares, como un tipo de casquete polar. Os instrumentos de medida dos Viking 1 e 2 (1976) confirmaron...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Divindade latina asimilada ao deus grego Ares. Venerado sobre todo como deus da guerra, foille dedicado un lugar, o campus Martius, e o primeiro mes do antigo calendario romano, marzo. Ao longo do s III a C, os romanos atribuíronlle os mitos propios de Ares, e tamén o asociaron con Afrodita. Representouse cuberto de coiraza e casco, o propio nun deus da guerra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que trae por armas, en campo de ouro, un lambel de goles, de tres colgantes, o do medio algo máis prolongado cara a abaixo, superado de tres flores de lis de azul, colocadas en faixa, en xefe.
-
PERSOEIRO
Xeólogo. Colaborou en numerosas investigacións científicas, principalmente nas relacionadas co petróleo. Foi colaborador tamén do Mapa xeolóxico de España (1967).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto e xesuíta francés. Coñecido como Martellange, construíu as escolas dos xesuítas de Le Puy (1610) e Dijon (1611). Proxectou a igrexa de Saint-Paul e Saint-Louis de París (1627) e acabou a catedral de Orléans.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cirurxián francés. Impulsor da neurocirurxía en Francia, creou un novo instrumento para a trepanación e foi autor de numerosos traballos sobre o sistema nervioso e xinecoloxía.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Golpe dado co martelo. OBS: Na tradición oral recóllense ditos como: “O can do ferreiro dorme ás marteladas e esperta ás talladas”.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen dá golpes co martelo.
-
-
Dar repetidos golpes co martelo.
-
Insistir de maneira obstinada en algo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Serie de golpes que se dan co martelo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Etienne Ange Martel.
-
PERSOEIRO
Dramaturgo italiano. Autor de comedias e traxedias, imitou con acerto o estilo francés, e introduciu o dobre heptasílabo, denominado martelliano. Da súa abundante produción, que inclúe 35 obras escritas entre 1695 e 1725, destaca Canzoniere (1710), e a súa obra máis coñecida, Femia sentenziato (1724), en hendecasílabos.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Ferramenta formada por unha peza xeralmente metálica, que é a que bate, unida a un mango delgado e longo, que se emprega en certos oficios para dar golpes.
-
Instrumento que se emprega en medicina para percutir sobre determinadas partes co fin de realizar manobras exploratorias ou cirúrxicas.
-
Instrumento para provocar reflexos tendinosos. OBS: Tamén se denomina martelo percutor.
-
-
-
Peza do mecanismo de certas armas antigas de fogo e dos revólveres e pistolas actuais, que golpea sobre o percusor para provocar a explosión.
-
martelo electromagnético
Dispositivo formado por un electroimán, uns contactos e unha sucesión de espirais, de maneira que, por interrupcións rápidas e alternativas do circuíto da bobina, se produce unha sucesión de golpes sobre unha campá. Emprégase nos timbres eléctricos. Foi ideado por J. P. Wagner en 1837.
-
-
Peza que bate na campaíña dun reloxo para dar as horas.
-
Chave que se emprega para afinar certos instrumentos de corda.
-
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que trae por armas, en campo de azul, un martelo de ouro, co mango de prata e o golpe cara á destra.
-
GALICIA
Político e xurista. Gobernador da Coruña (1872), foi deputado durante o Bienio Progresista (1854-1856). Foi xuíz en Xinzo de Limia (1837), onde tivo un destacado papel na persecución de partidas carlistas de Ourense, en Pontevedra (1840) e en Ferrol (1871).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta, marqués de Almeiras e vizconde de Andeiro. Membro da Cova Céltica, onde coincidiu con Eduardo Pondal e Florencio Vaamonde, foi un dos fundadores da Real Academia Galega. Como poeta ten características en común con Pondal, xa que desenvolveu moitos dos seus poemas no mundo céltico de Ossián. Ademais, caracterizouse polo seu uso da sátira literaria e polo ton patriótico e aristocrático das súas composicións. Colaborador da Revista Gallega e do suplemento Terra a Nosa!, das súas obras destacan Os afillados do demo (1885), A noite de San Silvestre (1890), a recompilación Líricas Gallegas (1894), El laudemio: Su legislación y jurisprudencia hasta el año 1898 (1899), Landras e bayas (1919) e Andeiro. Poema histórico brigantino da Unión Ibérica (século XIV) (1922).
VER O DETALLE DO TERMO