"Maside" (Contén)

Mostrando 9 resultados de 9.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Maside, baixo a advocación de san Tomé, onde se atopa a capital municipal, no lugar homónimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Sarria baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca do Carballiño, situado na provincia de Ourense no S da Comunidade Autónoma de Galicia, a 42° 24’ 30” de latitude N e 8° 01’ 30” O. Limita ao N co Carballiño e San Cristovo de Cea (O Carballiño), ao L con San Cristovo de Cea (O Carballiño) e Amoeiro (Ourense), ao S con Punxín e San Amaro (O Carballiño), e ao O co Carballiño. Abrangue unha superficie de 40 km 2 cunha poboación de 3.056 h (2007), distribuída nas parroquias de Amarante, Armeses, Garabás, O Lago, Louredo, Maside, Piñeiro, Rañestres e Santa Comba do Trevoedo. A capital está no lugar de Maside, na parroquia homónima, situada a 99 km de Santiago de Compostela e a 25 km de Ourense. Está adscrito á diocese de Ourense, e ao partido xudicial do Carballiño.
    Xeografía física
    A totalidade do concello está integrada nos Chaos de Amoeiro, penechaira levemente inclinada en sentido NL-SO, que marca a transición entre as depresións de Ourense e O Ribeiro coa Dorsal Occidental Galega....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e gravador. Iniciouse na pintura desde cativo, en 1912 instalouse en Vilagarcía de Arousa, onde coñeceu a obra de Castelao, que marcou a súa traxectoria artística e espertou o seu interese pola importancia do debuxo como arte. Viaxou a Madrid en 1915 e introduciuse no mundo cultural da capital. De volta a Galicia colaborou en Vida Gallega, Faro de Vigo e El Pueblo Gallego e xunto con Rafael Dieste e Manuel Antonio comezou a forxar a vangarda galega. Realizou retratos, viñetas e estampas que mostraban o inicio dunha nova xeración, a dos Novos ou dos Renovadores, mentres mantiña tamén relación cos membros da Xeración Nós. En 1926 recibiu unha bolsa da Deputación de Pontevedra e viaxou a París onde perfeccionou a súa técnica, empregando o gravado para a reprodución exacta e a xilografía como medio esclarecedor da forma. Coñecía e rexeitaba o academicismo e en París descubriu a vangarda europea e recibiu a influencia do eslavismo de rusos como M. Larionov ou N. Gontcharova. Percatouse...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor, sobriño de Carlos Maside. Aínda que cursou medicina en Santiago de Compostela, compatibilizou os seus estudios coa formación artística, que completou en Madrid e Barcelona, onde tomou contacto cos exemplos máis característicos da pintura de posguera. Membro da xeración de artistas que tomou o relevo dos Renovadores na década de 1960, cofundou Estampa Popular Gallega e foi membro do grupo Nome. Iniciouse na abstracción pintando paisaxes, para logo evolucionar cara á figuración (Autorretrato, 1972), ausente de calquera elemento accesorio e anecdótico. A súa obra partiu dunha reformulación do tema da muller (Retrato de Chicha, 1971; Retrato de Paula, 1984), pero desde a década de 1960 as figuras humanas, en xeral, foron unha constante na súa obra (Lúa negra, 1977). Empregou tonalidades grises, case veladas, sobre as que trazou as siluetas, que transparentaban o fondo (Paixón a tres, 1984; No espello, 1995). Tamén empregou amarelos, ocres e tonalidades escuras, especialmente desde 1980,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • a Nova Igrexa parroquial situada en Maside. Construíuse entre 1908 e 1910 en estilo neogótico, no lugar onde se situaba a capela de santo Antonio, segundo un proxecto do arquitecto Daniel Vázquez-Gulías Martínez. Ten tres naves e capela maior con tramo recto e ábsida semicircular. A portada é abucinada, con arco apuntado e tímpano. Enriba ten unha ventá con parteluz e trifolio superior. Diante do adro destaca un cruceiro da primeira metade do s XIX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • a Vella Igrexa situada en Maside. De estilo románico, foi construída entre finais do s XII e principios do s XIII. Ten planta rectangular e unha soa nave separada da ábsida por medio dun arco toural de medio punto ornamentado con outro arco, que descansa sobre dúas columnas acaroadas e cos capiteis decorados. Durante a restauración do templo descubriuse unha arcada similar á anterior e atopáronse na ábsida pinturas murais do s XVI de estilo renacentista. A fachada ten portada románica con dous pares de columnas de fustes lisos e capiteis zoomórficos. As arquivoltas son sinxelas e o tímpano liso. No edificio destacan os numerosos relevos nos capiteis e nos muros, tanto do exterior como do interior. O templo foi igrexa parroquial ata 1910, cando se construíu a igrexa de San Tomé de Maside a Nova.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo de arte contemporánea fundado en 1970 polo Laboratorio de Formas do grupo Sargadelos e situado en Osedo (Sada). Naceu para acoller a colección de plástica galega da década de 1930 doada polos membros fundadores do Laboratorio de Formas e dedicouse ao pintor Carlos Maside. En 1974 creouse o padroado do museo e en 1985 ampliou a súa colección para acoller a obra de artistas galegos contemporáneos e adoptou o nome actual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultora. Formouse na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo de Santiago de Compostela. Ten obra na facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela e nos concellos de Tui, Covelo e O Barco de Valdeorras.

    VER O DETALLE DO TERMO